"RG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2188.

  • PERSOEIRO

    Poeta grego. É autor dunha descrición dunha peste que asolou a illa de Rodas entre 1448-1450 e dunha versión da lenda de Belisario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Bibliotecario e arquiveiro. Participou na Guerra Civil Española xunto aos republicanos e, trala derrota, marchou a Suecia e despois a México. Profesor no Colexio de México (1940), traballou tamén nas universidades de California, Illinois e Wisconsin (1941-1948). Publicou, entre outras obras, Cronistas e historiadores de la conquista de México. El ciclo de Hernán Cortés (1942).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cavidade simétrica situada en ambos costados entre as costelas e os cadrís. Na tradición oral recóllense ditos como: “Carga larga e man na illarga, ao cabo do ano nin besta nin carga.”

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non se pode embargar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor de orixe británica ou flamenga. Activo en Castela na segunda metade do s XV, introduciu o estilo gótico-flamengo. Pintor de cámara do marqués de Santillana, foi autor dos retablos da Virgen de Villasandino (Burgos), de San Jerónimo de La Mejorada de Olmedo (Valladolid) e da Virgen da igrexa do Hospital de Buitrago de Lozoya (Madrid).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor estadounidense. De formación autodidacta, visitou Roma (1851) e París (1854). Coas súas paisaxes suaves, influenciadas por C. Corot, representou en América un realismo rural semellante ao da escola de Barbizon.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase aos compostos que non conteñen carbono e a aqueles compostos de carbono característicos do reino mineral, como os óxidos, os carbonatos e os carbóns.

    2. Que carece de organización.

    3. Que resulta estraño ao sistema dunha lingua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relevo residual illado que, por riba dunha penichaira ou dun glacis, pode acadar alturas superiores aos 500 m. Aparece en rexións de clima seco e caloroso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo cultural do Centro Gallego de Bos Aires. Conta cunha biblioteca de máis de 20.000 volumes e un coro polifónico. Organiza conferencias, cursos gratuítos de lingua galega, historia, arte e xeografía de Galicia e edita libros e discos de temática galega, ademais de manter o programa radiofónico Galicia en América.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que existe ou está situado entre dúas galaxias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a cada un dos tres períodos entre as catro glaciacións do Cuaternario. Durante os períodos interglaciares que se caracterizaron por un clima tépedo, produciuse unha elevación do nivel xeral dos mares, que provocou transgresións mariñas importantes e a fusións dos glaciares. O primeiro interglaciar (Günz-Mindel) iniciouse hai 850.000 anos e acabou hai 700.000, segundo uns, ou 550.000, segundo outros. No dominio alpino, sen embargo, o interglaciar máis importante é o comprendido entre a segunda e a terceira glaciación (Mindel-Riss), que se sitúa nun período de hai 200.000 a 400.000 anos; e o terceiro interglaciar (Riss-Würm, en que se inicia a formación do Homo sapiens sapiens) dentro dun período de hai 60.000 a 150.000 anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que afecta ou se refire ao goberno de dous ou máis países.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización non gobernamental, con sede en Xenebra, dedicada ao desenvolvemento de normas que faciliten o intercambio mundial de servicios e mercadorías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista. Profesor na Universidade de Bucarest, foi presidente de honor da Societé de Linguistique Romane. Cómpre destacar as súas obras Introducere in studiul limbilor romanice (1932), Cresţomaţie romanicą (1962) e Toponimia romîneasc ǎ (1963).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Skandërbeg.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Romanista suízo. Catedrático da Universidade de Berna, redactou, en colaboración con Jakob Jud, o Sprachund Sachatlas Italiens und der Südschweiz (Atlas lingüístico e etnográfico da Italia e da Suíza meridional, 1928-1940), que inaugurou unha nova época da xeografía lingüística.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano situado na cabeza das serpes que lles permite procesar e recoñer olores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da oblast’ de Sverdlovsk, Rusia, situada na vertente oriental dos Urais, na marxe esquerda do río Iset’ (1.275.000 h [2000]). É un importante núcleo industrial, onde as principais actividades son a elaboración de maquinaria pesada e a siderurxia. Fundada en 1721, foi escenario da execución do último tsar e da súa familia (1918). Entre 1924 a 1991 recibiu o nome de Sverdlovsk, en memoria dun revolucionario bolxevique.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta ruso. Fillo de campesiños, en Petrogrado (1915) tivo contacto cos membros do movemento simbolista e co poeta A. A. Blok. En 1918 integrouse no movemento imaxinista. A súa poesía ofrece unha visión mística da sociedade, que se converte en pesimista e satírica. Escribiu Radunica (1915), Inonija (1918), Moskva Kabackaja (Moscova das tabernas, 1924) e Kapitan Zemli (O capitán da terra, 1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante e compositor de rock estadounidense. Coñecido como Iggy Pop, o seu primeiro éxito foi The Idiot (1977), producido por David Bowie. Outros discos seus son Soldier (1980), Naughty Little Doggie (1996), Beat ‘em Up (2001) e Skull Ring (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO