Inglés, Jorge
Inglés, Jorge
Pintor de orixe británica ou flamenga. Activo en Castela na segunda metade do s XV, introduciu o estilo gótico-flamengo. Pintor de cámara do marqués de Santillana, foi autor dos retablos da Virgen de Villasandino (Burgos), de San Jerónimo de La Mejorada de Olmedo (Valladolid) e da Virgen da igrexa do Hospital de Buitrago de Lozoya (Madrid).