"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • Que ten características semellantes ás da escoura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás escrofulariáceas.

    2. Planta da familia das escrofulariáceas.

    3. Familia de plantas herbáceas, arbustivas ou lianas, da orde das escrofulariais, que comprende unhas 4.000 especies de distribución cosmopolita, especialmente comúns nas zonas temperadas. As flores preséntanse, as máis das veces, en acios e son hermafroditas, cigomorfas e pentámeras ou tetrámeras, de corola gamopétala bilabiada e co ovario superior e bilocular. A polinización fana principalmente insectos ou aves e dá lugar a froitos en cápsula ou baga. Son comúns os principios de interese medicinal como mucílagos e heterósidos cardiotónicos. Distínguense tres subfamilias: as verbascoideas, de follas alternas, flores actinomorfas e 4 ou 5 estames, caso do xénero Verbascum; as escrofulariodes, de follas inferiores opostas, corolas cigomorfas e de 2 a 4 estames, que inclúe a maior parte dos xéneros como Linaria, Veronica, Scrophularia, Antirrhinum e Digitalis; e rinantoides, que son plantas semiparasitas ou parasitas, de corolas bilabiadas e de 2 a 4 estames, como Rhinanthus, Euphrasia, Pedicularis...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás esparganiáceas.

    2. Herbácea da familia das esparganiáceas.

    3. Familia de plantas perennes, da orde das tifais, composta unicamente polo xénero Sparganium, que comprende 14 especies propias das zonas temperadas e frías do hemisferio N, e que só está presente no hemisferio S en Oceanía e parte do S de Asia. Habitan en medios húmidos e acuáticos, e caracterízanse por ter rizomas desenvolvidos e con escamas, talos erectos, follas lineais planas ou de sección triangular, e flores unisexuais monoicas de periantio trímero -de 1 a 8 estames e de 1 a 2 carpelos-, dispostas en inflorescencias, as masculinas nos glomérulos superiores e as femininas nos inferiores. A polinización é anemógama e dá lugar a un froito en drupa esponxosa, que flota e facilita a dispersión pola auga. En Galicia están presentes as especies: Sparganium angustifolium, en medios húmidos das montañas do SL; Sparganium emersum, en augas pouco profundas, e Sparganim erectum, en ribeiras e augas pouco profundas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘caverna’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disciplina da arqueoloxía que estudia os restos culturais localizados en formacións subterráneas naturais, entre outras, covas, grutas e cavernas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que practica a espeleoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Ciencia e actividade deportiva dedicada á exploración e ao estudo das cavidades subterráneas naturais.
    Historia da espeleoloxía
    A arqueoloxía evidencia que dende a súa orixe, a humanidade empregou as cavernas para prácticas máxico-relixiosas, como vivenda e tamén como sepulcro. Séneca, Homero, Aristóteles e outros escritores antigos relataron incursións subterráneas. Na Europa medieval as cavernas considerábanse lugares misteriosos, infernais, habitados por seres malignos e monstros. Un dos primeiros estudios sobre cavidades naturais foi Mundus Subterraneus (Amsterdam, 1655) do xesuíta alemán A. Kircher. En 1748, Nagel descendeu á sima de Mazocha, no karst de Moravia. No s XIX, Lidner descendeu á sima Trebiciano en Trieste (1840) e Schmidt percorreu en barca os ríos das cavernas Recca e Piuka, próximas tamén a Trieste (1850). O nacemento da espeleoloxía coincidiu co esplendor do alpinismo, trala conquista do Monte Cervino en 1865. O creador da espeleoloxía...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á espeleoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sacerdote e escritor. Doutor en Teoloxía pola Universidad Pontificia de Salamanca, foi profesor de humanidades no Seminario e profesor de dereito canónigo na Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu como cóengo, chanceler e vicario do arcebispado de Santiago. Colaborou en revistas e xornais e recolleu os seus traballos en Cronistas Oficiales de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. As súas primeiras obras, entre as que destaca Crist del Rescat (Cristo do Rescate, 1623) amosan un estilo manierista que recorda o de Francesc e Joan Ribalta. Posteriormente, recibiu a influencia de Zurbarán entre outras obras na serie de Sant Lluís Bertran (1647-1653) e na serie monástica (1660). A súa produción caracterizouse pola verticalidade monumental e o dobre rexistro terra-ceo, conseguidos cun debuxo realista. Cómpre destacar ademais Sant Pascual Bailón e La comunió de la Magdalena (A comuñón da Madanela, 1665). O seu fillo, Jacint Espinosa i de Castro (València 1625? - 1701?) tamén foi pintor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás espiroquetáceas.

    2. Bacteria da familia das espiroquetáceas.

    3. Familia de bacterias da orde das espiroquetais, Gram-negativas, de forma espiral e de tamaño variable (30 a 500 μm), cun axostilo moi claro que forma unha verdadeira crista envolvendo o corpo. Dentro destas existen bacterias saprófitas, simbiontes e parasitas. A familia comprende catro xéneros: Spirochaeta, Cristispira, Treponema e Borrelia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • aso para as libacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pé, na métrica clásica, composto de dúas sílabas longas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se fai por propia vontade.

      1. Que se produce por un impulso interno que non se reprime.

      2. Que actúa sen reflexionar, levado polos propios impulsos.

    2. Que se produce sen causa exterior aparente.

    3. Aplícase ás plantas que nacen sen ser cultivadas.

    4. Persoa que intervén en algo por propia iniciativa e sen estar previsto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á voz ou ruído que produce un rebumbio moi grande debido á súa potencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pao ou soporte de distintos materiais que se emprega para suxeitar algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás esterculiáceas.

    2. Árbore da familia das esterculiáceas.

    3. Familia da orde das malvas que comprende árbores de follas alternas e lanceoladas, tronco liso con cortiza de cor canela sobre o que aparecen directamente as flores en acios, de cinco pétalos, de cor vermella e amarela, inodoras, e que son polinizadas principalmente por formigas. Os froitos son cápsulas elípticas, arestadas e indehiscentes. O xénero de maior difusión da familia das esterculiáceas é Theobroma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1.  

    2. estereofonía.

    VER O DETALLE DO TERMO