"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Moeda rusa equivalente á centésima parte do rublo.
-
PERSOEIRO
Autor, compositor e empresario teatral francés. Escribiu máis de 350 cancións e compuxo tamén 10 operetas. Foi director e empresario de diversos teatros e locais parisienses dedicados ao music-hall, entre eles o Olympia desde 1954.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Peregrino francés. Desempeñou diversos cargos na corte parisiense como o de tesoureiro de Filipe IV o Fermoso. Doou á catedral de Santiago de Compostela un relicario. Trátase dun peza gótica de prata dourada que representa o Apóstolo como peregrino, vestido con túnica longa, os pés espidos, capote pechado con mangas abertas e con fardel, bordón e cunchas gravadas no sombreiro de copa esférica e á ancha. Na man dereita sostén unha lámpada relicario con forma de torre e na esquerda unha cartela na parte superior coa inscrición do doador. Sitúase sobre un pedestal hexagonal decorado con placas esmaltadas que se apoia nas esquinas en figuras de leóns. Inicialmente, a reliquia foi un dente e tralo incendio da capelas das Reliquias en 1921, un fragmento dun óso.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
carbón de coque.
-
VER O DETALLE DO TERMO
1croque.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe natural da vila asturiana de Cangas de Tineo. Unha rama pasou a Galicia. As súas armas levan, en campo de ouro, unha árbore de sinople, arrincada, colocada ao lado destro e un brazo armado de sable, cunha espada na man, movente do flanco sinistro.
-
PERSOEIRO
Actor e crítico dramático francés. Estudiou no Conservatorio de París, onde obtivo o segundo premio de comedia en 1860. Incorporouse á Comédie Française en 1864, na que se fixo famoso pola creación de personaxes como Gringoire, Tartufo ou Fígaro nos que mostrou un sorprendente dominio dos recursos do actor. Trala súa dimisión en 1886, fixo xiras artísticas por Europa e América, e reincorporouse á Comédie en 1890 para interpretar o Thermidor de Sardou. A partir de 1895 traballou co teatro da Renaissance e en 1897 converteuse en administrador do teatro da Porte-Saint-Martin, onde representou o papel de Cyrano na obra Cyrano de Bergerac, escrito para el, a petición súa, por Edmond Rostand. Publicou o ensaio L’art du comédien (A arte do cómico) e L’Arnolphe de Molière (O Arnolphe de Molière).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor e crítico dramático francés. Coñecido como Coquelin cadet, estudiou no Conservatorio de París, onde obtivo o primeiro premio da comedia en 1867. Incorporouse sucesivamente ás compañías teatrais de L’Odeon, ao teatro de variedades (1875-1876) e á Comédie Française (1868 e 1879-1908). Interpretou múltiples personaxes, entre eles Monsieur de Pourceaugnac, Monsieur Jourdain e Argan, de Molière, e Fígaro, de Beaumarchais. Publicou os ensaios L’art de dire les monologues (A arte de recitar monólogos, 1884) e Le rire (A risa, 1887).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor flamengo. Coñecido como O pequeno Van Dyck, foi discípulo de Pieter Bruegel o Novo. Acadou moita sona como retratista.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Moble composto por unha mesa con caixóns e un espello grande enriba que serve para peitearse, vestirse, etc.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratar de gustar presumindo coa beleza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de coquetear.
-
-
Calidade de coqueto.
-
Presunción que fai unha persoa da súa beleza para chamar a atención ou provocar sentimentos amorosos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á persoa que coida moito o seu físico e a súa vestimenta para causar un bo efecto ou sentimentos amorosos nos demais.
-
REXIÓNS
Rexión de Chile, no centro do país, entre as rexións de Atacama, ao N, e Valparaíso, ao S (40.656 km2; 569.800 h [estim 1999]). A súa capital é La Serena. Sitúase en latitudes subtropicais. No extremo oriental érguese a cordilleira dos Andes, que acada no Pico Mercedario, no SL da rexión, na fronteira coa provincia arxentina de San Juan, os 6.770 m de altitude. Ademais da capital, os principais núcleos urbanos son Coquimbo e Ovalle.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da rexión de Coquimbo, Chile, á beira da baía de Coquimbo (126.886 h [1997]). O lugar onde se asenta a actual cidade foi ocupado polos incas do Perú. En 1864, o goberno chileno ordenou a construción de instalacións portuarias na súa baía, feito que favoreceu o desenvolvemento urbano e económico do núcleo, que recibiu o título de cidade en 1879.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que percorría, nas primeiras horas da noite, as rúas de Santiago de Compostela para pedir aos veciños que rezasen polas almas dos defuntos do purgatorio e para que encomendasen a Deus a alma do arcebispo Alonso de Fonseca. Apareceu na primeira metade do s XVI, nomeado polo concello compostelán. Cara a 1694, coa negativa do concello, a Universidade encargouse de seguir sufragando os seus gastos ata principios do s XVII.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Molusco bivalvo de cuncha que mide o dobre de longa que de ancha (ata 40 mm). Presenta bordo dentado e vértice descentrado, superficie lisa e brillante de cor variable (dende o violeta ao acastañado por fóra e branco ou violeta na cara interior) e dous sifóns curtos. É unha especie propia das praias de area fina e lixeiramente lamacenta, das embocaduras dos ríos ou de lagoas litorais. Recóllese con angazos e raños. Presenta unhas características gustativas e culinarias semellantes basicamente ás da ameixa, moi popular sobre todo na costa de Andalucía occidental. Consómese tanto crúa coma en sopas e arroces. Tamén se denomina cadelucha, navalliña e ameixa negra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos carbóns aptos para a obtención de carbón de coque.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Destilación seca dos carbóns bituminosos. Emprégase para a produción de gas cidade, na que se obtén carbón de coque como subproduto, e para a produción de coque metalúrxico, utilizado principalmente como combustible. Tamén se denomina carbonización da hulla.