Coque
Coque
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe natural da vila asturiana de Cangas de Tineo. Unha rama pasou a Galicia. As súas armas levan, en campo de ouro, unha árbore de sinople, arrincada, colocada ao lado destro e un brazo armado de sable, cunha espada na man, movente do flanco sinistro.