"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • PERSOEIRO

    Actor e humorista. Coñecido como Cassen, debutou no cine en Plácido (1961), e posteriormente protagonizou diversos filmes comerciais, como Bahía de Palma (1963), Atraco a las 3 (1963), El castigador (1964), Furia española (1976), Amanece que no es poco (1988) e Amo tu cama rica (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Córdoba? - Roma 37 d C) Retórico e historiador, pai de L. A. Séneca. En Roma, frecuentou os oradores máis célebres e escribiu unha obra histórica, que se perdeu, sobre os feitos acontecidos na urbe, desde a fin das guerras civís ata a súa época. Escribiu Oratorum et rhetorum sententiae divisiones colores, sobre as formas de retórica do seu tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ayrton Senna da Silva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tratamento, só ou seguido do nome propio, dado aos fillos dos señores dunha casa polas criadas ou polo persoal subalterno.

    2. Que ou quen leva unha vida folgada e cómoda e non lle gusta traballar.

    3. Que ou quen é moi fino ou delicado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Camposancos (Lalín). Edificada en 1891, realizouse con cachotaría, aínda que se empregou o cadeirado para reforzar as fiestras. Presenta planta rectangular e ten varias construcións anexas. Destaca a escaleira e a inscripción da fachada. O conxunto rodeouse cun muro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que actúa de maneira reflexiva e con bo xuízo.

    2. Que denota esa maneira de ser ou de actuar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao nervio mixto que ten fibriñas sensitivas e motrices.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica que se ocupa dos procedementos para determinar os efectos químicos e físicos da Lúa sobre as emulsións sensibles de películas e placas litográficas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado determinado de ánimo.

    2. Reacción do espírito ante un acontecemento ou aquilo que lle serve de estímulo.

    3. Manifestación afectiva ou da sensibilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Editor. Fundador de Xuntanza Editorial (1986), da que é director-xerente, e vicepresidente do Instituto de Estudios Políticos y Sociales. Ademais da edición de obras de tipo xeral, levou a cabo a primeira edición do Quixote en galego e diversos códices, como o Livro de Horas da Condessa de Bertiandos (s XVI) e o Atlas de Lázaro Luis (s XVI).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico. En 1978 gravou con Rodrigo Romaní o disco Milladoiro, coa colaboración de Xosé V. Ferreiros, polo que recibiron o Premio da Crítica dese mesmo ano, e que deu pé á creación do grupo Milladoiro, co que gravou e compuxo a súa abundante discografía. Ao ano seguinte colaborou, xunto con R. Romaní, no disco In Memoriam, de Faíscas do Xiabre. Compuxo a banda sonora da película O lapis do Carpinteiro (2002) e escribiu a biografía Faustino Santalices Pérez (2000). Recibiu diferentes premios con Milladoiro, como o Pedrón de Ouro (1984), o Premio Goya pola banda sonora de La mitad del cielo (1986), o Premio Indie Award (1991) ao mellor disco folk en EE UU, o Premio Galego Egrexio da Fundación Premios da Crítica Galicia (1999) e o Premio á mellor canción en galego dos Premios de la Música 2000 polo tema “Moraima”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Maxistratura da antiga Roma en que interviñan sete persoas. Constituía un dos catro colexios encargados da administración de xustiza e dos asuntos relixiosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Composición musical para sete voces ou instrumentos.

    2. Conxunto de sete músicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Parede que separa dúas cavidades ou dúas masas de tecido.

      2. Parede interna que separa os diferentes metámeros dun animal.

      1. Lámina ou parede primaria que divide unha célula ou unha cavidade dun órgano.

      2. Lámina paralela ás valvas que divide parcialmente a cavidade celular de certas diatomáceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intervención cirúrxica que consiste na corrección da desviación do tabique nasal, mediante a colocación dos ósos e cartilaxes na posición adecuada e a reposición plástica de cartilaxe previamente modelada coa forma oportuna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, debuxante e litógrafo. Estudou en Roma (1788-1795). Foi pintor da corte portuguesa (1802), pero a causa das súas ideas liberais en 1823 marchou a París e máis tarde a Roma. Destacan Retrato dos seus fillos e Junot, emisario de Napoleón, ante Lisboa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de persoas que acompañan e seguen a alguén para facerlle honor nunha cerimonia ou marcha solemne. Composto entre os romanos pola comitiva dos clientes e, entre os xermánicos, pola comitiva dos xendarmes, constituíu un precedente do réxime feudal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Leiro. Construída en estilo románico no s XII, ten unha soa nave, cuberta con madeira a dúas augas, e ábsida rectangular cuberta con bóveda de canón apuntada. No exterior destacan os canzorros que rodean os muros e a fachada coa portada enmarcada entre contrafortes prismáticos. É de arquivoltas apuntadas apoiadas en columnas acobadadas. Un tornachuvias decorado con arquiños que descansan en canzorros separa a portada do rosetón que se sitúa baixo arco semicircular tórico. Pegada á fachada atópase un torre de posible orixe románica, modificada co engadido dunha espadana de dous corpos. A porta sur ten arquivoltas apuntadas apoiadas en columnas con capiteis vexetais e fustes, nas columnas exteriores, percorridos por estrías helicoidais. O tímpano apóiase en mochetas con cabezas humanas e está decorado cunha cruz rodeada de persoas, animais e árbores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor. De nome Viktor Lvović Kibalčić, relacionouse co anarquismo e en 1918 adheriuse aos bolxeviques. Naturalizado ruso, foi membro da Oposición de Esquerda de Leningrado e foi detido (1928 e 1933) e liberado despois dunha campaña internacional dos intelectuais. Escribiu S’il est minuit dans le siècle (1939) e L’an I de la Révolution russe (1928).

    VER O DETALLE DO TERMO