Seoane-Pampín Montenegro, Antón
Músico. En 1978 gravou con Rodrigo Romaní o disco Milladoiro, coa colaboración de Xosé V. Ferreiros, polo que recibiron o Premio da Crítica dese mesmo ano, e que deu pé á creación do grupo Milladoiro, co que gravou e compuxo a súa abundante discografía. Ao ano seguinte colaborou, xunto con R. Romaní, no disco In Memoriam, de Faíscas do Xiabre. Compuxo a banda sonora da película O lapis do Carpinteiro (2002) e escribiu a biografía Faustino Santalices Pérez (2000). Recibiu diferentes premios con Milladoiro, como o Pedrón de Ouro (1984), o Premio Goya pola banda sonora de La mitad del cielo (1986), o Premio Indie Award (1991) ao mellor disco folk en EE UU, o Premio Galego Egrexio da Fundación Premios da Crítica Galicia (1999) e o Premio á mellor canción en galego dos Premios de la Música 2000 polo tema “Moraima”.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Ferrol