"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Relativo ou pertencente ás vísceras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • esplancn(o)-.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte do esqueleto da cabeza que serve de soporte á parte cefálica do tubo dixestivo e, nos peixes, do aparato branquial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revestimento interno da cavidade celómica formada por tecidos de orixe mesodérmica e endodérmica, que forma ao mesmo tempo as paredes do tubo dixestivo e os seus órganos anexos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio na comarca da Conca de Barberà, Tarragona (3.671 h [1996]). As principais actividades económicas están relacionadas coa industria (química, metalurxia e construción). Na agricultura destacan a viña e as froiteiras. A proximidade ao mosteiro de Poblet deulle unha certa vitalidade turística e comercial. Denominada no medievo Spelunca, tivo as súas orixes no Palelítico Inferior, do que se conserva o xacemento da cova de Mont Major, que en 1994 se converteu en cova museo prehistórica. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa vella de Sant Miquel, medieval, aínda que recontruída trala Terceira Guerra Carlista (1873), o hospital de Sant Joan (s XIV), a fonte de Baix e o edificio da adega cooperativa deseñado polo arquitecto modernista L. Domènech i Montaner.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Fillo dun pintor retratista, iniciouse na pintura e no debuxo. En 1876 abriu o seu primeiro estudo de retratos en Barcelona, co que conseguiu certa popularidade, sobre todo entre a burguesía catalá e os profesionais liberais. As súas fotografías apareceron en numerosos periódicos e revistas de España e de todo o mundo. Ademais dos retratos, dedicouse a fotografar paisaxes, monumentos, arquitecturas, esculturas, pinturas e debuxos que apareceron, os máis deles, en tarxetas postais. Censuraron algunhas das súas fotografías artísticas, marcadas polo erotismo. Recibiu diversos premios nas exposicións universais de Barcelona (1888), París (1889), Londres e Atenas. En 1881 obtivo a Cruz de Isabel la Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e escultor. Formou parte do Grupo Sisga, co que expuxo en diversas cidades galegas. A súa obra mostra unha posición deliberadamente ahistórica e unha intencionalidade poética. Entre as súas obras destacan o mural da Praza do Concello de Coristanco, as vidreiras do Museo do Moucho de Cerceda e da igrexa de San Martiño de Rodís, e os panos e as escenografías para a Escola de Danza da Deputación Provincial da Coruña. Con Tim Behrens participou no Parque Escultórico da Torre de Hércules cunha escultura en forma de estanque labiríntico que representa o combate entre Hércules e Xerión, figuras que só se poden observar dende o alto do faro. Realizou exposicións individuais da súa obra en diversas cidades galegas. Participou, entre outras mostras colectivas, no Forum des Arts (Lorient, 1992), Trazos e Camiños (Santiago de Compostela, 1992), Áreas de Silencio (Pontevedra, 1994) e Galicia Terra Única (A Coruña, 1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de espontáneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se fai por propia vontade.

      1. Que se produce por un impulso interno que non se reprime.

      2. Que actúa sen reflexionar, levado polos propios impulsos.

    2. Que se produce sen causa exterior aparente.

    3. Aplícase ás plantas que nacen sen ser cultivadas.

    4. Persoa que intervén en algo por propia iniciativa e sen estar previsto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano onde se producen e permanecen almacenadas as esporas. Está presente en algas, fungos e pteridófitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pedúnculo dun esporanxio ou dun grupo de esporanxios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Monterroso. Da primitiva construción románica do s XII só conserva o arco triunfal e o corpo da nave. No s XVI engadiuse no muro norte unha capela dedicada á Inmaculada Concepción da que só se conserva o arco que comunicaba coa igrexa. O presbiterio, construído no s XIX, é cadrado e ten cuberta de madeira a catro augas. No arco triunfal destaca un escudo oval con dous castelos. O retablo maior é neoclásico (s XIX), con tres fornelas no piso principal e no remate; o retablo dereito (s XVIII), ten unha fornela no corpo principal e outra no remate; e o da esquerda conserva unha imaxe de Santiago Peregrino. A portada principal é de arco de medio punto con dúas arquivoltas, a exterior con decoración vexetal, sostidas por catro columnas con capiteis con arquiños e aves. O tímpano presenta unha cruz grega e dúas machetas de animais. A espadana é de dous vans e está decorada con pináculos. Na porta sur consérvase un arco de medio punto pechado ao exterior por un tímpano...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quitar alguén a roupa, quedando nu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Foi coñecido como Espoz y Mina, apelido do seu pai que adoptou durante a Guerra da Independencia, na que participou á fronte das guerrillas de Navarra e na toma de Zaragoza. Tralo regreso de Fernando VII liderou un pronunciamento liberal en Pamplona (1814) que non tivo éxito polo que se viu obrigado a exiliarse. Regresou durante o Trienio Constitucional, período no que foi capitán xeral de Galicia (1821) e de Catalunya, e dedicouse a combater as partidas absolutistas. A volta de Fernando VII supuxo o seu exilio a Francia, onde permaneceu ata 1834 e dende onde realizou algunhas incursións en España para atentar contra o absolutismo. Amnistiado por María Cristina de Borbón, foi vicerrei de Navarra (1834-1835) e capitán xeral de Catalunya (1835-1836), cargos dende os que combateu o carlismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francisco Espoz e Ilundain.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político catalán fundado na Conferencia d’Esquerres en marzo de 1931 pola unión do Partit Republicà Català, o grupo de L’Opinió e Estat Catalá. Os seus principios políticos eran o recoñecemento da personalidade nacional de Catalunya e dos dereitos do home e do cidadán, a federación cos outros pobos ibéricos e a socialización da riqueza. Inicialmente, o comité executivo estivo formado, entre outros, por Francesc Macià e Luís Companys, nomeado presidente da Generalitat en xaneiro de 1934. O éxito electoral de abril de 1931 e a proclamación da República déronlle a hexemonía política en Catalunya. Constituíu diversos gobernos durante a República e a Guerra Civil, trala que a maioría dos seus líderes tiveron que exiliarse. ERC configurouse dende 1976 baixo a dirección de Heribert Barrera como unha alternativa de centro-esquerda e obtivo 2 parlamentarios nas eleccións lexislativas de 1977, 3 nas de 1979 e 3 nas de 1982. En 1987 Barrera foi substituído na secretaría xeral por Joan Hortalà;...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Phylum lingüístico integrado polas familias esquimó (co inuit, a máis falada, e o iupik) e aleutiana (co aleutiano), emparentadas entre elas. As linguas esquimó-aleutianas estendéronse pola costa S de Groenlandia, as rexións árticas de Canadá, as rexións do N de Alasca, as illas Aleutianas e ata hai unhas décadas por Siberia, atravesado xa o estreito de Bering. O inuit fálase en Groenlandia, Canadá e EE UU (N de Alasca); o iupik, en EE UU (Alasca e illa de San Lourenzo), e o aleuta en EE UU e illas Aleutianas. Entre os trazos lingüísticos cómpre destacar os seguintes: son linguas aglutinantes que poden engadirlle á raíz unha gran cantidade de sufixos, das que resultan palabras tan longas que mesmo equivalen a frases ou oracións noutras linguas; non distingue os xéneros, ou polo menos non desempeñan un papel importante na gramática; distinguen o singular, plural e dual en substantivos e verbos; distinguen seis casos na declinación; realmente non existen os verbos xa que estes son...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Formouse na Academia de Bellas Artes de Sevilla e en 1831 trasladouse a Madrid con J. Gutiérrez de la Vega. Foi pintor de cámara (1843) e profesor de representación anatómica na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, da que foi membro dende 1847. Cultivou a pintura histórica, relixiosa e mitolóxica e, fundamentalmente, o retrato romántico. Entre as súas obras destacan La transfiguración del Señor, La caída de Lucifer (1841), Concha Argüelles, Lectura de Ventura de la Vega ante los actores de su época (1854) e Lectura de Zorrilla en el estudo del artista (1846). Entre outros textos didácticos escribiu Tratado de Anatomía Pitórica (1848).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conquistador castelán. Chegou ás Indias na segunda viaxe de Cristovo Colón e loitou nas guerras de Higuey. En 1509 Diego Colón encomendoulle a conquista da illa de Xamaica, onde fundou Sevilla la Nueva (St. Ann’s Bay) e Melilla (Port Santa María), creou os primeiros repartimentos e trala anexión foi nomeado gobernador da illa.

    VER O DETALLE DO TERMO