"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

    1. Soldadura de ósos entre si, especialmente dos do cranio.

    2. Unión dos tres ósos da base do cranio, que na infancia pode producir idiocia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escisión cirúrxica dunha membrana sinovial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relixión nacional dos xaponeses, denominada shinto (camiño dos deuses) en oposición á butsudbō (camiño de Buda). Hai un xintoísmo primitivo que se diferenza de moitas outras formas influídas polo confucianismo, o taoísmo e o budismo. Relixión basicamente animista ou politeísta, non ten fundador, escrituras, nin dogmas, pero si unha rica mitoloxía e un culto importante. A noción central é a pureza ritual e física, non moral. Ser impuro é o pecado (tsumi), que pode ser voluntario ou involuntario. O pecador ou contaminado recupera a pureza a través de diferentes ritos, como o harae (exorcismo), o misogi (ablución con auga e sal), o imi (tipo de profilaxe do pecado que consiste nunha abstinencia) e outros. Os documentos máis antigos, o Kojiki (Arquivos de cousas antigas) e o Nihongi (Anais de Xapón), tratan da historia mítica de Xapón a partir da data lendaria da fundación do imperio (660 a C), onde teñen un papel relevante os kami ou deuses, así como os heroes Izanagi e Izanami, a deusa...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Fenómeno provocado no organismo por unha enfermidade, que pode ser percibido subxectivamente polo enfermo ou que pode ser detectado por un observador; neste caso fálase de sIgno clínico.

      2. síntoma patognomónico

        Síntoma característico dunha enfermidade determinada e co que se realiza dun xeito seguro a súa diagnose.

      3. síntoma subxectivo

        Síntoma que só percibe o enfermo.

    1. Indicio ou sinal que revela ou permite prever algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao síntoma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte da medicina que estuda os síntomas dunha enfermidade.

    2. Conxunto de síntomas que se presentan nunha enfermidade determinada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de inflexións tonais nun grupo fónico en canto que unidade melódica. A relación entre a terminación e o resto do grupo fónico (cadencia, anticadencia, suspensión, etc) ten pertinencia fonolóxica en todas as linguas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Situación en que a frecuencia de resonancia dun circuíto sintonizado coincide coa do sinal aplicado.

    2. Fragmento musical ou melodía que transmite unha emisora radiofónica, antes ou despois das súas emisións normais, para permitirlle ao oínte localizala na frecuencia.

    3. Harmonía ou acordo entre os integrantes dun grupo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de sintonizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que se empregas para sintonizar unha onda correspondente a unha emisora determinada. Distínguense polo nome das frecuencias ou lonxitudes de onda que poden sintonizar (UHF, VHF, LW, MW, SW), ou polo seu tipo de modulación (AM, FM, PM). Adoita dispoñer de indicador e control automático de frecuencia, visualizador para facilitar a sintonización e un control de nivel de saída. Tamén os hai provistos de control por microprocesador, memoria e busca automática de emisoras, coñecidos como sintonizadores con sintetizador de frecuencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que un circuíto ou un aparato receptor se poña en sintonía co sinal incidente ou procedente da emisora.

    2. Compenetrarse ben dúas persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operación en que se suprime o seo frontal mediante a resección da parte anterior da súa parede inferior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incisión dunha fístula, especialmente dunha fístula anal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bisturí que se usaba na siringotomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre visigodo. Da casa do Rei Vitiza e posible irmán do rei, ao subir Rodrigo ao trono solicitou a axuda de Ṭ āriq (710) para restablecer a dinastía dos vitizanos. Abandonou ao Rei Rodrigo na Batalla de Guadalete (711), o que causou a súa derrota.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei visigodo (612-621). Elixido rei polos nobres, sucedeu a Gundemaro. O seu xeneral Réquila dominou os asturianos rebeldes, mentres que Suintila someteu os vascos. Derrotou os bizantinos do patricio Cesario en dúas batallas e reduciu os seus territorios ao Algarve. Home culto, foi autor dun poema Astronomicon, sobre a influencia dos astros, e tamén de diversas epístolas en que refutaba o arianismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que provén do latín Sextus ‘sexto’, derivado de sex ‘seis’, nome que se lle daba ao fillo nacido en sexto lugar. Como topónimo ten que ver cos repartos medievais de terras entre os suevos que parcelaban en 1/6 as propiedades de cada aldea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? - Roma 125) Papa (115-125). Coñeceuse a súa existencia a través da lista de papas de santo Ireneo de Lyon, segundo a que foi o sexto sucesor de Pedro. A súa festividade celébrase o 6 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Grecia? - Roma 6.8.258) Papa (257-258). Restableceu as relacións coa Igrexa de África e de Asia Menor, que foran quebradas baixo Estevo I, a raíz da controversia sobre a validez do Bautismo dos herexes e a readmisión dos lapsi. Morreu vítima do segundo edicto de Valeriano (258). A súa festividade celébrase o 5 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Roma? - 440) Papa (432-440). Sacerdote romano, tivo fama de favorecer a Pelaxio, pero unha vez nomeado Papa, mantívose neutral nos asuntos do pelaxianismo e o semipelaxianismo e mostrouse conciliador cos nestorianos. A súa festividade celébrase o 28 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO