síntoma

síntoma

(< lat symptōma < grσύμπτωμα)

  1. [MED/PAT]
    1. s m

      Fenómeno provocado no organismo por unha enfermidade, que pode ser percibido subxectivamente polo enfermo ou que pode ser detectado por un observador; neste caso fálase de sIgno clínico.

    2. síntoma patognomónico

      Síntoma característico dunha enfermidade determinada e co que se realiza dun xeito seguro a súa diagnose.

    3. síntoma subxectivo

      Síntoma que só percibe o enfermo.

  2. s m

    Indicio ou sinal que revela ou permite prever algo.