"ILi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1725.

  • Calidade de miscible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica relativa á construción e uso dos mísiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos mísiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se dedica á mitilicultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cría industrial de mexillón e de especies afíns, onde o home se limita a proporcionar un substrato artificial axeitado para a fixación das larvas planctónicas durante a época da reprodución (inverno). Diferéncianse tres modalidades de cultivo: sobre o fondo, sobre estacas cravadas ou sobre cordas de bateas flotantes. No primeiro caso, fíxase o animal directamente á area, o que é perigoso polo fácil acceso dos depredadores. No segundo método, os mexillóns fíxanse ás estacas, que se cravan na zona intermareal; este método é moi común en Francia. O método das bateas é o que achega mellores resultados, xa que o animal permanece sempre sumerxido e separado do fondo, de tal xeito que pode alimentarse cando quiera e ademais está fóra do alcance dos depredadores, e é o que se utiliza, entre outros, en Galicia. O proceso de cultivo do mexillón divídese en varias etapas: en primeiro lugar está a obtención da semente a partir das rochas do litoral, entre outubro e abril,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos mitílidos.

    2. Molusco da familia dos mitílidos.

    3. Familia de moluscos, da subclase dos lamelibranquios, que presentan as valvas de igual tamaño, carecen de sifón e as cunchas están nacaradas no interior. Poden ser de auga doce e salgada. A esta familia pertencen os xéneros Mytilus e Modiolus, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao trazo que é en parte rectilíneo e en parte curvilíneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos bens mobles.

    2. Aplícase aos efectos públicos ao portador ou transferibles por endoso.

      1. moblaxe.

      2. mobiliario urbano

        Mobiliario viario especialmente indicado para as zonas urbanas.

      3. mobiliario viario

        Conxunto de elementos mobles que se colocan nas vías públicas, para o servizo dos usuarios, como corpo auxiliar dos servizos públicos viarios ou ben con finalidades estéticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade do que se move ou pode moverse con facilidade.

    2. Carácter daquilo que cambia facilmente.

    3. Característica dos factores de produción (recursos naturais, capital e traballo) que define a súa facilidade para ser aplicados indistintamente a procesos de produción alternativos ou para ser trasladados espacialmente. O grao de mobilidade dos factores depende en parte da súa propia natureza.

    4. Nunha partícula sometida a un campo de forzas, coeficiente de proporcionalidade μ entre a velocidade v da partícula e a intensidade E do campo, de maneira que v= μ E.

    5. Suma, nunha estrutura de barras articuladas, do número de velocidades e de direccións de movemento que se lles poden asignar libremente ás articulacións e que determinan todas as restantes condicións de movemento da estrutura.

    6. Calidade dos individuos, as familias e os grupos sociais en virtude da que estes pasan dunha posición social a outra. Na sociedade industrial a ascensión na escala social dunha gran maioría comporta o descenso dunha minoría. Un factor importante na mobilidade social é o grao de cultura, a educación recibida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • mobilizable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode mobilizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de mobilizar ou de mobilizarse.

      1. Proceso que consiste en mobilizar o corpo ou unha parte del. Pode ser activa, mediante a contracción muscular voluntaria do individuo, ou pasiva, coa axuda de elementos externos.

      2. mobilización precoz

        Método para evitar complicacións posteriores ao parto ou outras operacións, que consiste en mover unha extremidade ou camiñar o antes posible.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Reunir e poñer os recursos nacionais necesarios -humanos, económicos, industriais, transportes e medios de comunicación- a disposición da defensa e seguridade dun país en caso de emerxencia ou de guerra.

    2. Facer que se mova un grupo de persoas para a consecución dun determinado obxectivo.

    3. Realizar unha movilización médica.

    4. Poñer en circulación activos líquidos que se encontraban conxelados no mercado bolsista.

    5. Levar a cabo accións reivindicativas para conseguir un fin determinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade de mollarse que teñen as superficies dos sólidos que entran en contacto con líquidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos moniliais.

    2. Fungo da orde dos moniliais.

    3. Orde de fungos, do grupo dos deutoromicetos, que se caracterizan polo feito de que os conidios aparecen sobre conidióforos xeralmente moi ramificados. OBS: Tamén se denominan hifomicetais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Infección producida por algunha especie dos xéneros Monilia ou Candida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de colar ou de rosario.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. monilíase.

    2. oídio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten un só cilindro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filólogo. Decano da facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (1993-2000), foi membro da Comisión de Investigación da Universidade de Santiago de Compostela e da sección de lingua e literatura do Instituto Padre Sarmiento. Fundou e dirixiu a revista Senara (1977-1978), e foi membro do Comite Científico das revistas Verba, desde 1993, e da Revista de Investigación Lingüística, desde 1997. Escribiu El eufemismo en Galicia. Su comparación con otras áreas romances (1981), La evolución de los esquemas condicionales (1983) e Gonzalo de Berceo y el Libro de Alexandre (1989). Recibiu o premio da tese de doutoramento de 1978, concedido pola Deputación Provicial de Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO