mobilidade

mobilidade

(< lat mobilitate)

  1. s f

    Calidade do que se move ou pode moverse con facilidade.

    Ex: É un xogador que se carateriza pola súa mobilidade.

  2. s f

    Carácter daquilo que cambia facilmente.

    Ex: A mobilidade do seu carácter é propia da súa idade.

  3. s f [ECON]

    Característica dos factores de produción (recursos naturais, capital e traballo) que define a súa facilidade para ser aplicados indistintamente a procesos de produción alternativos ou para ser trasladados espacialmente. O grao de mobilidade dos factores depende en parte da súa propia natureza.

  4. s f [FÍS]

    Nunha partícula sometida a un campo de forzas, coeficiente de proporcionalidade μ entre a velocidade v da partícula e a intensidade E do campo, de maneira que v= μ E.

  5. grao de mobilidade [FÍS/IND]

    Suma, nunha estrutura de barras articuladas, do número de velocidades e de direccións de movemento que se lles poden asignar libremente ás articulacións e que determinan todas as restantes condicións de movemento da estrutura.

  6. mobilidade social [SOCIOL]

    Calidade dos individuos, as familias e os grupos sociais en virtude da que estes pasan dunha posición social a outra. Na sociedade industrial a ascensión na escala social dunha gran maioría comporta o descenso dunha minoría. Un factor importante na mobilidade social é o grao de cultura, a educación recibida.