Mobil Oil Corporation
Mobil Oil Corporation
Empresa industrial estadounidense que se creou co nome de Vacuum Oil Company despois da aplicación da lei antitrust americana (1890) na Standard Oil de Rockefeller. En 1931 fusionouse coa Standard Oil of New York e constituíu a Socony Mobil Oil, denominación que cambiou pola actual en 1966. Ten o seu domicilio social en Nova York.