mobella
-
s
f
[ANIMAL/ORNIT]
Conxunto de aves mariñas, da familia dos gávidos, que presentan un peteiro forte en forma de daga, e ás estreitas e longas. Aliméntanse de peixes e adoitan ter coloración branca e negra.
Sinónimos: colimbo. -
mobella biquibranca/de Adams
[ANIMAL/ORNIT]
Ave de entre 84-99 cm de lonxitude, ambos os dous sexos iguais, pero con diferenzas entre a plumaxe estival (cabeza e pescozo negro, con dúas manchas brancas, e lombo negro con pencas brancas) e a plumaxe invernal (lombo totalmente escuro e parte inferior do corpo máis clara), e co peteiro branco. Aliméntase de peixes mariños. Cría no N de Escandinavia e é raro atopala en Galicia.
-
mobella grande
[ANIMAL/ORNIT]
Ave mariña de 61-81 cm de lonxitude, e peteiro máis robusto ca outras mobellas. A plumaxe estival é mais escura ca a invernal, moi similar á da mobella biquibranca, pero co peteiro escuro. Non existen diferenzas entre os sexos. Aliméntanse de varias especies de peixes. En Galicia podemos atopala en case todo o litoral durante o inverno.
-
mobella pequena
[ANIMAL/ORNIT]
Ave mariña de entre 53-58 cm de lonxitude, de peteiro máis fino ca outras mobellas. Ambos os dous sexos son iguais, e a plumaxe é variable. Durante o estío, o dorso, a parte posterior da cabeza e o pescozo é escuro con manchas brancas, e a parte anterior da gorxa ten unha mancha arrubiada, que non posúe durante o inverno. Aniña no N de Europa, e é raro atopala en Galicia, onde é unha invernante ocasional entre decembro e marzo.