"Ons" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1222.

  • Grupo político fundado en 1898 arredor da figura de Francisco Silvela y de Le Vielleuze. Integrárono, desde a morte de Cánovas del Castillo, parte dos membros do Partido Conservador que defendían unha maior honestidade administrativa (silvelistas). Cun programa rexeneracionista e descentralizador, acadou o poder en 1899, aínda que a súa política de atracción da burguesía conservadora fracasou rapidamente, a causa das súas medidas fiscais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución creada en 1932 en Madrid pola fusión da Unión Telegráfica Internacional e a Unión Radiotelegráfica Internacional, creadas en 1865 e en 1906, respectivamente. Depende da ONU desde 1947. Ten a súa sede central en Xenebra, e inclúe un comité permanente, o International Frequency Registration Board (IFRB), encargado de asignar as frecuencias para as estacións. As normas técnicas son revisadas cada catro anos polo Comité Consultivo Internacional das Radiocomunicacións (CCIR) e polo Comité Consultivo Internacional Telegráfico e Telefónico (CCITT).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo independente creado en 1956 coa finalidade de impedir o exterminio de especies ameazadas de extinción, racionalizar a xestión do medio e a preservación das zonas en parques naturais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación sindicalista galega de agricultores e gandeiros fundada en 1982. Entre os seus obxectivos atopábase a modernización do campo, a implantación do cooperativismo ou a concentración parcelaria. Entre as súas bases de actuación destacaron a defensa dos labregos fronte a situacións como o reaxuste da cota láctea ou o problema das vacas tolas. Promoveron a convocatoria das primeiras eleccións a Cámaras Agrarias en 2002.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e humanista, irmán de Juan de Valdés. Membro da chancelaría de Carlos I (1526), actuou como intermediario nos conflitos entre o emperador e os protestantes. Foi admirador, seguidor e defensor de Erasmo. Posible autor de El Lazarillo de Tormes (1530?), escribiu algúns dos textos en prosa máis destacados do período renacentista, como Diálogo de Lactancio y un Arcediano ou De las cosas ocurridas en Roma, sobre o saqueo de Roma en 1527, en que defendeu a actuación do emperador; e Diálogo de Mercurio y Carón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Formouse na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e foi bolseiro da Fundación Juan March. A súa obra evolucionou desde o realismo cara a formas máis libres que dominan a anatomía. Traballou a madeira, o ferro, materiais de refugallo e outros. Amosáse tamén como un gran debuxante. Das súas obras destacan Maternidade (1964), Figura con neno (1974), Figura ecuestre (1985), Afirmación da palabra (1989) e Homenaxe á muller viguesa (1993). Recibiu, entre outros, o Premio Nacional de Escultura en 1967.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Participou na represión do alzamento dos Países Baixos. Comandou o exército que Filipe II enviou a Aragón para sufocar os disturbios motivados pola persecución Antonio Pérez (1591).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diminución do calibre dos vasos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que produce a constrición dos vasos.

    2. Fármaco que provoca vasoconstrición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos e profesor auxiliar de paleografía e diplomática na Universidade de Santiago de Compostela. Colaborador en diversas publicacións, da súa obra destacan Biografía de Don Mauricio Troncoso y Sotomayor: abad de Villar de Crecente e del Couto: guerrillero gallego de la Independencia: 1771-1817 (1941), Documentos pontificios de Galicia: 1088-1341 (1941) e Cartas de Felipe II al Licenciado Antolínez: 1579-1586 (1975). Foi correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Activo en Sevilla, colaborou na construción do catafalco de Filipe II (1598). Das súas obras destacan Resurrección, Muerte de Santo Hermenegildo e Escenas da vida de san Pedro Nolasco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador e escritor. Catedrático de Lingua e Literatura Galegas, foi o impulsor do Arquivo Sonoro de Galicia, onde coordinou edicións de arquivos sonoros de Álvaro Cunqueiro, Ramón Cabanillas, Celso E. Ferreiro ou Xoaquín Lorenzo, entre outros proxectos, e participou nas actividades do grupo Marcelo Macías do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense e na Fundación Otero Pedrayo. Publicou diversos artigos sobre arqueoloxía, historia local e emigración en Boletín Auriense e Raigame, e traduciu ao galego O marabilloso mago de Oz (1994), de L. Frank Baum. É autor da biografía Xoaquín Lorenzo Fernández “Xocas” (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Funcionario consular, xerarquicamente inferior ao cónsul e superior ao axente consular, que pode ser titular dun cargo cunha competencia territorial propia, ben dependente dun consulado xeral, ben formando parte do persoal dun consulado como colaborador principal do cónsul.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cargo ou oficio de vicecónsul.

    2. Oficina do vicecónsul.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOS

    Lago de Suíza (114 km2) situado a 434 m de altitude, na zona de contacto da Suíza alpina e a Suíza media. Atravésao o Reuss, afluente do Aare. A cidade máis importante da súa ribeira é Lucerna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pianista, fillo de Elixio Vila Vázquez. Formouse co seu pai e coa pianista V. Smansová. En 1997 foi galardoado co premio ao intérprete máis novo no International Piano Competittion Carl Czerny, celebrado en Praga. En 1999 e 2001 gañou o primeiro premio no Concurso Rexional para Novos Intérpretes celebrado en Vigo. Actuou nos Martes Musicais do Conservatorio Profesional de Música de Pontevedra, e no Museo de Belas Artes da Coruña (2003), onde estreou Rondó Brillante, composto polo seu pai. En 2004 recibiu o Premio da Asociación Galega de Compositores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Vilalonga, Sanxenxo 1927) Escultor. Formouse no taller de carpintaría do seu pai e con Francisco Asorey. En Madrid realizou estudos na Escuela de Bellas Artes de San Fernando. Realizou diversos monumentos públicos nos que reflectiu os tipos galegos, principalmente campesiños e mariñeiros, destacando neles os seus trazos fisionómicos máis característicos. As súas obras caracterízanse tamén pola ausencia do oco, pola concepción do volume como masa e polo emprego dos esquemas piramidais. Destacan as súas obras, Monumento ao pescador (Vigo, 1954), A muller do emigrante (Marín, 1959), Mariscadores (O Grove, 1972), Monumento ao príncipe de Asturias (Marín, 1986), Castelao (Redondela, 1987) e A serea de Silgar (Sanxenxo, 1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Martiño que dá nome ao concello de Vilariño de Conso, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Viana situado no SL da Comunidade Autónoma de Galicia e no L da provincia de Ourense (42° 09’ 40’’ N - 7° 11’ 00’’ O). Limita ao N cos concellos de Chandrexa de Queixa e Manzaneda (comarca da Terra de Trives) e O Bolo (Valdeorras), ao L co de Viana do Bolo (Viana), ao S co da Gudiña (Viana) e Castrelo do Val (Verín), e ao O co de Laza (Verín). Abrangue unha extensión de 200,2 km 2 cunha poboación de 727 h (2007) distribuída nas parroquias de Castiñeira, Chaguazoso, Conso, Mormentelos, Pradoalbar, Sabuguido, San Cristovo, San Mamede de Hedrada, Veigas de Camba, Vilariño de Conso. A capital é Vilariño de Conso, na parroquia homónima. Está a 240 km de Santiago de Compostela e a 137 km de Ourense. Está adscrito á diocese de Astorga e ao partido xudicial da Pobra de Trives.
    Xeografía física
    O territorio do concello é un dos máis accidentados de Galicia, pois ao estar situado no corazón do macizo central ourensán. Caracterízase pola...

    VER O DETALLE DO TERMO