Unión Internacional de Telecomunicacións

Unión Internacional de Telecomunicacións
Nome científico: [UIT; ingl: International Telecommunication Union, ITU]

Institución creada en 1932 en Madrid pola fusión da Unión Telegráfica Internacional e a Unión Radiotelegráfica Internacional, creadas en 1865 e en 1906, respectivamente. Depende da ONU desde 1947. Ten a súa sede central en Xenebra, e inclúe un comité permanente, o International Frequency Registration Board (IFRB), encargado de asignar as frecuencias para as estacións. As normas técnicas son revisadas cada catro anos polo Comité Consultivo Internacional das Radiocomunicacións (CCIR) e polo Comité Consultivo Internacional Telegráfico e Telefónico (CCITT).