"RL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1468.
-
PERSOEIRO
Militar e político francés. Coñecido como Charles François Dumouriez, traballou na diplomacia secreta de Luís XV e Luís XVI. En 1792 foi nomeado ministro de Asuntos Exteriores e convenceu a Luís XVI da necesidade de loitar contra Austria. Pouco despois foi obrigado a dimitir e incorporouse ao exército do norte ata converterse nun dos seus xefes. Coas vitorias de Valmy e de Jemmapes conquistou os Países Baixos austríacos e Bélxica foi anexionada a Francia. En 1793 iniciou a conquista das Provincias Unidas, pero foi derrotado en Neerwinden. Relevado do seu cargo, pasou ao inimigo. Tentou reiteradamente establecer a monarquía en Francia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico. Profesor das universidades de Michigan (1955-1963) e, desde 1963, de Stanford, os seus estudos confirmaron a existencia da partícula subatómica tau, polo que recibiu o Premio Wolf de Física (1982) e o Premio Nobel de Física (1995), compartido con Frederick Reines.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Formación natural segregada, accidentalmente e sen ningún tipo de intervención humana, no interior dos moluscos, principalmente no de certas especies de ostras. Componse de materia orgánica e de carbonato cálcico disposto en capas concéntricas. Empregadas en xoiaría, a súa calidade depende do tamaño, a forma, a cor ou o brillo.
-
perla cultivada
Formación perlífera, provocada polo home, obtida no interior de moluscos produtores, e que presenta as mesmas propiedades das perlas naturais.
-
-
Esfera pequena dunha substancia química ou medicinal.
-
Persoa ou cousa que se considera perfecta, excelente ou moi valiosa.
-
Aplícase á cor entre branca e gris clara, semellante á dunha perla.
-
Cada un dos adornos cortados en ringleira, ao xeito de cuncas esféricas, nunha moldura.
-
Tipo de letra de catro puntos.
-
Peza heráldica que ten a forma dun y. As súas ramas tocan nos ángulos superiores do escudo e a base na punta, situándose o centro no corazón do escudo.
-
Tipo de ensaio por vía seca baseado no feito de que determinadas substancias fundidas no extremo dun fío de platino forman perlas que toman diferentes cores segundo a natureza do catión que se quere analizar, que se une en pequenas cantidades, e segundo o carácter oxidante ou redutor da chama empregada. As perlas poden ser de tipo ácido ou básico. As ácidas obtéñense con bórax e sal de fósforo. As perlas de bórax teñen a propiedade de formar metaboratos volátiles con moitos óxidos metálicos, segundo a reacción Na 2 B 4 O + MO D M(BO 2 ) 2 + 2NaBO 2 . As perlas de sal de fósforo baséanse na reacción NaPO 3 + MO D MNaPO 4 . As perlas ácidas permiten a identificación da maioría dos metais de transición. Entre as perlas básicas, as máis empregadas son as de carbonato sódico ou potásico, e a súa utilidade está especialmente na identificación do cromo, do magnesio e do vanadio.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de insectos plecópteros, da familia dos pérlidos, de corpo alongado, ás membranosas e reticuladas coas posteriores máis longas ca as anteriores, e dous apéndices semellantes a antenas no abdome. Son de cor parda ou verde. Os adultos localízanse á beira das augas correntes e limpas, onde deposita os ovos.
-
GALICIA
Pintor. Discípulo de Juan Bautista Celma, traballou en Santiago de Compostela na capela maior de San Miguel dos Agros (1509), na capela de Nosa Señora dos Anxos (1603) en San Francisco, no altar de Nosa Señora do O do mosteiro de San Paio, e nas dúas capelas colaterais de Santa María de Rus (1602), en Carballo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que é semellante a unha perla nalgunha característica, como a forma ou a cor.
-
ARQUIPELAGOS
Arquipélago que está situado no Océano Pacífico, no golfo de Panamá. A extensión total é de 600 km2, e está formado por 63 illas moi pequenas, 39 máis grandes e 81 illotes. A súa economía baséase na industria perlífera.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fío ou fibra de algodón, delgado e brillante, que se usa xeralmente para facer punto ou labores de gancho.
-
-
Debilidade muscular, acompañada de tremores, debida xeralmente á idade.
-
parálise.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos pérlidos.
-
Insecto da familia dos pérlidos.
-
Familia de insectos, da orde dos plecópteros, á que pertence o xénero Perla.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que produce perlas.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Randín (Calvos de Randín). O seu cumio acada os 840 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que se administra colocándoo na superficie da lingua, para que sexa absorbido pola súa mucosa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de Malaisia (795 km2, 204.450 h [2000]). A súa capital é Kangar (12.504 h [2000]).
-
-
-
Mestura eutéctica da ferrita e cementita, que é un dos constituíntes das aliaxes férricas, con forma xeralmente de placas ou láminas microscópicas. No aceiro está constituída por sete partes de ferrita e unha de cementita, e contén un 0,85% de carbono.
-
perlita granular/globular
Perlita en que a cementita se presenta na mestura en forma de gránulos e non de láminas ou placas.
-
-
Rocha volcánica, vítrea, moi ácida e de textura en capas concéntricas, que contén concrecións esféricas semellantes ás perlas. Ten unha estrutura celular pechada e gran capacidade de retención de auga. Utilízase na agricultura como substrato.
-
-
-
Que contén perlita.
-
Aplícase ás rochas volcánicas caracterizadas pola presenza de pequenas figuras concéntricas orixinadas por contracción durante o seu arrefriamento.
-
-
PERSOEIRO
Violinista. Formouse na Academia de Música de Tel-Aviv e na Juilliard School de Nova York. Na década de 1960 situouse entre os principais virtuosos mundiais deste instrumento. Colaborador nas principais orquestras do mundo, salienta sobre todo na interpretación dos románticos e no seu interese pola música tradicional xudía. Tamén destacou pola súa participación na elaboración da partitura do filme Schindler’s List (1993). Conseguiu catro premios Emmy polos seus documentais e 15 premios Grammy polas súas gravacións musicais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
rubio crego.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fibra sintética e filamentos formados por longas cadeas de poliamida.