perlita
perlita
(< perla + -ita)
-
[IND]
-
s
f
Mestura eutéctica da ferrita e cementita, que é un dos constituíntes das aliaxes férricas, con forma xeralmente de placas ou láminas microscópicas. No aceiro está constituída por sete partes de ferrita e unha de cementita, e contén un 0,85% de carbono.
-
perlita granular/globular
Perlita en que a cementita se presenta na mestura en forma de gránulos e non de láminas ou placas.
-
s
f
-
s
f
[XEOL]
Rocha volcánica, vítrea, moi ácida e de textura en capas concéntricas, que contén concrecións esféricas semellantes ás perlas. Ten unha estrutura celular pechada e gran capacidade de retención de auga. Utilízase na agricultura como substrato.