"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘sólido’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Basamento sen molduras que serve de asentamento a un edificio.

    2. Apoio dun muro no que descansa unha columna coa súa base.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Característica dalgunhas reaccións orgánicas que consiste no feito de que só un de cada dous estereoisómeros de partida pode conducir a un dos posibles diastereoisómeros, diferente en cada caso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica de gravación e reprodución acústica, mediante dous canais independentes de son, que intenta producir no oínte unha sensación de realidade, comparable á producida pola audición directa dunha orquestra. O son cáptano dous grupos de micrófonos, situados adecuadamente segundo a situación relativa dos instrumentos e asociados a dous amplificadores independentes. Na gravación, o disco é percorrido por unha agulla que se move a consecuencia de dous sinais -un que se grava nas paredes do suco e outro no fondo-, que forman os dous canais. Na gravación de cinta magnética ou de banda óptica cada sinal dos dous canais produce unha pista de intensidade variable. Os sinais obtidos amplifícanse separadamente e son reproducidos por grupos diferentes de altofalantes, desfasados igual ca os sinais captados polos micrófonos. A estereofonía baséase na capacidade do oído humano de distinguir a orixe dos sons, a súa dirección de procedencia e a súa distancia de produción, a causa das diferencias de intensidade...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á estereofonía.

    2. Conxunto de aparellos empregados para a reprodución estereofónica do son.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Método que permite medir de forma precisa, mediante fotografías estereoscópicas, as particularidades e as dimensións dun obxecto. Emprégase en topografía, arquitectura, diagnose da coxalxia nos neonatos e en recoñecementos traumatolóxicos e estomatolóxicos.

    2. Técnica empregada no levantamento de alzados de monumentos mediante a fotografía estereoscópica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capacidade de recoñecer un obxecto cos ollos pechados mediante a palpación e avaliando a forma, o peso, o volume e a consistencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método para representar os sólidos sobre un plano mediante proxeccións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á estereografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto estereoscópico de fotografías ou debuxos, correctamente montados ou orientados para a visión estereoscópica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de isomería que presentan os compostos que teñen os mesmos átomos unidos entre eles na mesma orde, pero que difiren na súa disposición espacial, é dicir, na configuración. Subdivídese en isomería óptica e isomería xeométrica. Esta diferenza de configuración, nun átomo de carbono saturado, é posible porque as súas valencias se dirixen cara aos catro vértices dun tetraedro que ten o centro ocupado polo átomo de carbono, e ten lugar cando os catro átomos ou grupo de átomos enlazados co carbono central son diferentes, xa que existen dúas maneiras posibles de distribuílos. As dúas configuracións que resultan son a imaxe especular unha da outra; os compostos resultantes denomínanse estereoisómeros. Xeralmente, na natureza existe soamente un dos posibles estereoisómeros e, moitas veces, mentres un é farmacoloxicamente activo, o outro non o é. Tamén recibe o nome de isomería estérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a cada un dos compostos que presentan estereoisomería. Os estereoisómeros que son imaxe especular non susceptible de se superpoñer un ao outro denomínanse enantiómeros. Como as interaccións internas entre átomos e grupos dunha mesma molécula son as mesmas en cada un dos enantiómeros, estes compórtanse unicamente de maneira diferente fronte aos reactivos químicos quirais (asimétricos), cos que reaccionan a diferentes velocidades. Así mesmo, todas as súas propiedades físicas escalares, non disimétricas, son idénticas. En cambio, son diferentes as non escalares, como é o poder rotatorio e a dispersión óptica rotatoria. Os estereoisómeros que non son imaxe especular denomínanse diastereoisómeros. En xeral, teñen propiedades físicas e químicas diferentes, posto que ao contrario dos enantiómeros, as interaccións que teñen lugar entre os átomos ou grupo de átomos de cada un deles non son as mesmas. A diastereoisomería maniféstase nas moléculas con máis dun centro quiral,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de todos os tecidos de sostén dunha planta superior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Medida das características xeométricas dos sólidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á estereometría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da química que trata da estrutura tridimensional das moléculas, é dicir, da distribución ou da posición relativa no espazo dos átomos ou grupo de átomos que as constitúen e dos efectos sobre as súas propiedades químicas. A mediados do s XIX descubriuse que cos métodos analíticos que se empregaban podíase chegar a asignar a mesma fórmula estrutural a máis dun composto. As teorías e as regras da estereoquímica concibíronse e establecéronse coas correccións necesarias para evitar estes defectos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á estereoquímica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade suplementaria do Sistema Internacional que mide o ángulo sólido. O ángulo sólido total con centro nun punto é igual a 4π estereorradiáns.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de principios que rexen a observación binocular.

    2. Visión de relevo mediante un estereoscopio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao estereoscopio.

    2. Que se pode observar co estereoscopio.

    3. Relativo ou pertencente á estereoscopía.

    VER O DETALLE DO TERMO