"llo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1518.
-
CIDADES
Cidade do estado de Carabobo, Venezuela, situada á beira do Mar Caribe (172.449 h [1997]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
xersei.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Bousés (Oímbra). O seu cumio acada os 838 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
AFLUENTES
Afluente pola dereita do río Miño, que nace na parroquia de Tortoreos e desemboca na das Neves, ambas as dúas no concello das Neves.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que está moi preocupado polos detalles e a perfección.
-
Que se molesta ou ofende con facilidade.
-
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Nodar (Friol). O seu cumio acada os 654 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Xesta (A Lama). O seu cumio acada os 1.007 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación de orixe creada pola Orde de 26 de decembro de 1997 da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria. É unha variedade de queixo que se elabora nas comarcas de Arzúa, Chantada, Terra de Melide e A Ulloa, e nos concellos de Boqueixón, Curtis, Frades, Friol, Guntín, Mesía, Portomarín, Ordes, Oroso e Vilasantar. Presenta tanto forma cónica como lenticular cunha codia branca ou amarelenta elástica e unha pasta branda. O seu sabor é lixeiramente ácido, polo que adoita consumirse acompañado de marmelo ou mel. Elabórase con leite enteiro de vaca, pasteurizado, callado con callo animal e madurado durante máis de quince días. Durante este proceso lávase diariamente, o que lle dá o aspecto elástico á súa codia. Posúe arredor do 45% de materia graxa por peza. As súas variedades son o queixo Arzúa-Ulloa, o queixo Arzúa-Ulloa de granxa e o queixo Arzúa-Ulloa curado.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Parada (Lalín). O seu cumio acada os 657 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica. Coñecida como Ellen Burstyn, formouse no Actors Studio. Participou nos filmes Tropic of Cancer (1970), The Exorcist (1973), Resurrection (1980), When a Man Loves a Woman (1994), Red Dragon (2002) e Cross the Line (2005).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Rama pequena dunha árbore ou dun arbusto, xeralmente cortada.
-
Cnidario mariño con forma de árbore.
-
Alga clorofícea, de aspecto filamentoso, esponxosa e fixada ao substrato. É de cor verde escura, e mide ata 30 cm de lonxitude. Está presente en Galicia na zona mesolitoral, sobre as rochas.
-
-
MONTES
Monte situado na parroquia da Santaballa (Vilalba). O seu cumio acada os 607 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido de orixe galega que trae por armas, en campo de goles, un pau de prata. Outro trae escudo cortado: 1, de goles, un carballo de sinople resaltado o tronco dun xabarín de sable pasante; 2, de ouro, cunha aguia da súa cor, acompañada de dúas cunchas de vieira de prata, unha en cada cantón do xefe.
-
GALICIA
Sociolingüista. Profesor asociado de lingüística xeral na Universidade de Vigo, os seus traballos diríxense cara á dimensión social da linguaxe, o estudo crítico do discurso, a pragmática e os métodos de investigación social. Formou parte do Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega (1990-1997), participando nas investigacións e publicacións que levaron á elaboración do Mapa Sociolingüístico de Galicia. Desde 2000 é un dos editores da revista Estudios de Sociolingüística e colaborou na redacción de obras como Vender en galego (1997), Manual de Ciencias da Linguaxe (2000) e Pensando na linguaxe (2005).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia do Tameirón (A Gudiña). O seu cumio acada os 1.040 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Penarrubia (Baralla). O seu cumio acada os 935 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Complexo intermareal coñecido como A Foz, situado na desembocadura do río Miñor ao S da ría de Vigo, entre os concellos de Nigrán e Baiona. As marismas están protexidas do mar mediante unha frecha litoral, a praia da Ladeira. O substrato rochoso está composto de xistos e granitos. Nas zonas centrais da marisma atópase o golfe, acompañado doutras algas verdes como a mantilla e outras do xénero Enteromorpha. As algas pardas presentes son a especie Ascophyllum nodosum e a corbela, que se localizan nos muros dos laterais do esteiro. Na fronte de colonización das areas finas e medias atópase a especie Salicornia ramosissima. Cando a duración da emersión das augas aumenta, outras plantas poden colonizar o substrato, como a especie Spartina maritima. No bordo da marisma, e en illotes elevados da zona intermareal, disponse a verdoaga marítima, mentres que nas zonas asolagadas só polas mareas vivas, e nas zonas de recheo artificial aparecen distintas especies...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar da parroquia de Lucí, capital do concello de Teo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Miñor entre A Ramallosa (Nigrán) e Santa Cristina da Ramallosa (Baiona). Datada no s XV, foi realizada en cantaría granítica nun estilo de transición do románico ao gótico. Ten arcos semicirculares e oxivais, perfil alombado con tallamares triangulares e dez vans. Atópase no antigo camiño da Guarda a Baiona.