"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Emirato sudanés creado entre Níxer e Chad polo pobo fulbe a comezos do s XIX. Habitado por poboación hausa, a guerra santa predicada por Usmano dan Fodio provocou a revolta fulbe contra o sistema feudal imperante, pero o novo estado teocrático foi aínda máis opresivo ca o anterior. O imperio expandiuse ata o Reino de Bornu e Camerún e caracterizouse pola intransixencia relixiosa. En 1904 pasou a formar parte do Imperio Británico e posteriormente foi incorporado a Nixeria. Na revolta nixeriana de 1966 morreu o derradeiro representante do pobo fulbe na rexión, Ahmadu Bello.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor neoclasicista. Discípulo de Salvador Gurri, formouse na Escola de la Llotja de Barcelona. Foi director dos pensionados en Roma (1832) e presidente da Academia Romana de San Lucas (1837-1840). Interesouse pola escultura grecorromana e polo estudo do natural. Das súas obras destacan Telémaco (1806), Meleagro (1818), Venus y Cupido (1820) -para o palacio de Boadilla del Monte-, a escultura conmemorativa de Miguel de Cervantes ou os sepulcros dos duques de San Fernando (1835), inspirado en modelos paleocristiáns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de solapar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • célula flamíxera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se esforza por mostrar amabilidade no trato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   (Muxía? 1902 -?) Produtor cinematográfico. Instalado en Cuba, iniciou o seu labor profesional como distribuidor de cine español en Cuba. Director de Cifesa (1935) en La Habana, en 1937 trasladouse a Berlín para crear Hispano-Film-Produktion, unha empresa constituída por Cifesa e UFA. En colaboración co realizador alemán Johann W. Ther participou na produción de diversas longametraxes. Despois de colaborar nalgunha coprodución italo-española, produciu en España La Dolores (1939) e La gitanilla (1939). Ao seu regreso a La Habana sufriu as acusacións dos medios de comunicación cubanos pola súa relación con réximes fascistas e a expulsión do país (1942). Ao seu retorno a España fundou as produtoras Marta Films e Profilms 21.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Ingresou na Mariña en 1829 ata 1836, cando acadou o grao de alférez de navío. As Guerras Carlistas decidiron o seu paso ao corpo de terra. Loitou contra o bando carlista en Aragón, onde acadou o grao de capitán e tenente coronel (1840) e participou nos levantamentos esparteristas de 1840 e 1842. En 1845 foi destinado á Coruña como primeiro comandante. Encabezou o Levantamento de 1846, que se iniciou en Lugo e ao que despois se sumaron as tropas de Santiago, Vigo e Pontevedra, as dúas últimas baixo o mando de Leoncio Rubín. Ambos os dous foron nomeados mariscais de campo pero, a elección de Solís como capitán xeneral de Galicia (22 de abril), con mando supremo sobre todos os exércitos, provocou que Rubín non o axudara na revolta. O 23 de abril, na Batalla de Cacheiras, Solís foi abatido polas tropas de José de la Concha. Refuxiouse en Santiago de Compostela, pero acabou por se entregar. Foi xulgado en Carral, onde morreu fusilado xunto con once dos seus oficiais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo e historiador. Secretario do conde de Orpesa e cronista de Indias, ordenouse sacerdote en 1667. No teatro, foi seguidor de Calderón. Escribiu Historia de la conquista de Méjico (1685).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se acostuma facer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora. Coñecida como Lola Solla, empregou unha paleta de tonalidades quentes, moi adecuadas a unha temática que vira arredor do orgánico. Da súa produción destacan as series Osame e Peles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Elaborou diversos modelos econométricos de crecemento conxugando o pensamento keynesiano cos postulados neoclásicos. Publicou Linear Programming and Economic Analysis (1958), conxuntamente con Samuelson e Dorfman, Capital Theory and the Rate of Return (1963) e Growth Theory: an Exposition (1970). Recibiu o Premio Nobel de Economía (1987) polos seus traballos sobre a teoría do crecemento económico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de soltar.

      1. Que non está suxeito.

      2. Que está libre.

    2. Que está separado dun conxunto de cousas.

    3. Que está pouco compacto.

    4. Que non está empaquetado ou envasado.

    5. Que non é axustado nin cinguido.

    6. Aplícase ao conxunto de moedas fraccionarias e a cada unha das pezas.

    7. Aplícase ao verso que non ten rima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compoñente dunha solución que se considera que está disolto noutro denominado disolvente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto que se forma entre o soluto e o solvente nunha solución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘corpo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parella de vesículas celómicas que aparecen na forma larval inicial dos equinodermos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de fecundación que consiste na fusión de dúas células vexetativas, e que non conduce inmediatamente á cariogamia, senón a formación dunha hifa dicariótica e basidióxena. É típica dos fungos da clase dos basidiomicetos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudo comparativo da estrutura e o desenvolvemento do corpo dos seres vivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da antropometría que estuda os índices e as medidas do corpo humano a partir dos puntos somáticos. Exceptúanse os índices e medidas da cabeza que son estudados pola craniometría.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á somatometría.

    2. punto somático.

    VER O DETALLE DO TERMO