Solís Cuetos, Miguel
Militar. Ingresou na Mariña en 1829 ata 1836, cando acadou o grao de alférez de navío. As Guerras Carlistas decidiron o seu paso ao corpo de terra. Loitou contra o bando carlista en Aragón, onde acadou o grao de capitán e tenente coronel (1840) e participou nos levantamentos esparteristas de 1840 e 1842. En 1845 foi destinado á Coruña como primeiro comandante. Encabezou o Levantamento de 1846, que se iniciou en Lugo e ao que despois se sumaron as tropas de Santiago, Vigo e Pontevedra, as dúas últimas baixo o mando de Leoncio Rubín. Ambos os dous foron nomeados mariscais de campo pero, a elección de Solís como capitán xeneral de Galicia (22 de abril), con mando supremo sobre todos os exércitos, provocou que Rubín non o axudara na revolta. O 23 de abril, na Batalla de Cacheiras, Solís foi abatido polas tropas de José de la Concha. Refuxiouse en Santiago de Compostela, pero acabou por se entregar. Foi xulgado en Carral, onde morreu fusilado xunto con once dos seus oficiais.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : San Fernando, Cádiz -
Deceso
Lugar : Carral