"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Plasma das células somáticas que se encarga das funcións vexetativa e de relación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revestimento externo da cavidade celomática que está formado por tecidos de orixe mesodérmica e unido á musculatura somática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • psicosomático.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hormona peptídica que inhibe a liberación da hormona do crecemento, insulina, tirotropina, hormona paratiroide e hormonas gastrointestinais. Foi detectada por primeira vez no hipotálamo e posteriormente no páncreas, tiroides, amígdalas, sistema límbico, codia cerebral, neopalio e placenta, onde leva a cabo funcións de neurotransmisor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema deseñado para clasificar o tipo físico estimando a forma corporal e a súa composición. Foi proposto por Sheldon en 1940 e modificado posteriormente por Heath e Carter en 1967.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. hormona do crecemento.

    2. Hormona peptídica de orixe placentaria que se segrega nas últimas fases da xestación e participa na preparación do tecido mamario. OBS: Tamén se denomina hormona do crecemento coriónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción ou efecto de someter ou someterse.

    2. Estado do que está sometido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ampliación do modelo atómico de Bohr, realizada por A. Sommerfeld en 1915, que supón que as órbitas electrónicas son elípticas. Propón dous novos números cuánticos que se unen ao principal de Bohr, e axiña foi superado polo modelo atómico de Schrödinger. OBS: Tamén se denomina modelo de Bohr-Sommerfeld.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten somnolencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia do litoral atlántico, situada na ribeira dereita da ría de Muros e Noia, na parroquia de Esteiro (Muros).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estreito de Indonesia situado entre as illas de Sumatra e Xava. Está dominado no sector oriental polo cabo Pudjut, en Xava.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma estrófica integrada por catorce versos distribuídos en dous cuartetos iniciais e dous tercetos finais. O soneto clásico, petrarquista, caracterízase polo emprego do verso decasílabo italiano, a combinación de dúas rimas consonantes nos cuartetos (predominantemente A B B A) e a de dúas ou tres, tamén consonantes, nos tercetos. O primeiro cuarteto adoita conter unha exposición enunciativa, que o segundo matiza ou completa, mentres que o primeiro terceto recolle, ordena e interpreta as liñas provenientes dos cuartetos, e o segundo expresa sinteticamente os resultados. O termo provén da poesía occitana, pero a forma é creación siciliana culta do s XIII. Petrarca conferiulle a súa máxima perfección e o seu modelo impúxose en toda Europa, durante o s XV e, sobre todo, no s XVI.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Vila Nova de Famalicão (Portugal) a partir de xuño de 1929. Cesou en 1933 (nº7). Subtitulada “Florilégio de sonetos inéditos das linguas latinas e suas fins”, a iniciativa estivo fundada e dirixida por Álvaro de Castellões e Júlio Brandão. Creada co obxectivo de fomentar a creación de sonetos en linguas románicas, conseguiu publicar trimestralmente sete tomos en que se recolleron máis de cen sonetos inéditos escritos en seis linguas románicas, entre eles tres en galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editorial fundada en 1894 por Ramón Sopena que se especializou en dicionarios bilingües en castelán e nunha vintena de linguas. Publicou unha extensa enciclopedia, Historia del mundo moderno, en quince volumes, e obras literarias, infantís e de historia natural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcohol hexahidroxílico que deriva formalmente da glicosa por redución do grupo aldehido desta e que existe na natureza en diversos froitos, como os da sorbeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e realizador cinematográfico. Nos seus filmes deu vida ao protagonista dunha situación traxicómica da pequena burguesía italiana. Da súa filmografía destacan Lo sceico bianco (1952), I vitelloni (1953), La grande guerra (1959), Tutti a casa (1960), Una vita difficile (1961), Il medico della mutua (1968), Io e Caterina (1980) e Una botta di vida (1989). Como realizador e actor destacan Polvere di stelle (1973), Un viaggio con Papà (1984), Troppo Forte (1986) e Assalto per aver comisso il Fatto (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en Ourille (Verea). En 922 Aldreto e a súa filla Hodrozia, e Placencio e a súa dona Adosinda, cederon a igrexa de San Vicente de Levita para que se construíuse un mosteiro. En 927 Adosinda cedeu a metade do mosteiro ao de San Pedro de Sorga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Locutor e publicista. Foi responsable de deportes de La Voz de Galicia na edición de Santiago de Compostela, redactor xefe de Radio Minuto e xefe do departamento de Publicidade de Cadena Minuto en Galicia. Desde 1992 responsabilizouse da sección de publicidade da Cadena SER en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mineral do grupo dos silicatos que se caracterizan pola presenza de grupos tetraédricos dobres independentes, formados por dous tetraedros SiO4 unidos polo vértice e compartindo un osíxeno.

    VER O DETALLE DO TERMO