Soneto Neo-Latino, O
Soneto Neo-Latino, O
[PUBLIC]
Revista publicada en Vila Nova de Famalicão (Portugal) a partir de xuño de 1929. Cesou en 1933 (nº7). Subtitulada “Florilégio de sonetos inéditos das linguas latinas e suas fins”, a iniciativa estivo fundada e dirixida por Álvaro de Castellões e Júlio Brandão. Creada co obxectivo de fomentar a creación de sonetos en linguas románicas, conseguiu publicar trimestralmente sete tomos en que se recolleron máis de cen sonetos inéditos escritos en seis linguas románicas, entre eles tres en galego.