song

song
  1. adx

    Relativo ou pertencente á dinastía song.

  2. s [HIST]

    Membro da dinastía imperial chinesa fundada por Zhao Kuangyin (960), con capital en Bian (actual Kalfeng). Militarmente feble, non puido impedir que os tátaros do norte creasen un estado ameazador con capital en Pequín, rexido sucesivamente polas dinastías Liao, Jin e Yuan. A invasión jin de 1126 marcou a fin dos songs do norte en Lin’an (actual Hangzhou); a dinastía dos songs do sur mantívose ata que, en 1279, caeu baixo os mongois.