"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Que provoca un estado de estrés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mestura de glicósidos que se obtén a partir das sementes de arbustos do xénero Strophanthus, co 19% de α-glicosa, o 19% de β-glicosa, o 15% de cimarosa e o 47% de estrofantidina. Soluble en auga e alcohol, emprégase en medicina como cardiotónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arbusto de follas coriáceas e flores azuis, de orixe africana, empregado por diversos pobos sudafricanos para envelenar as frechas coas que cazan os elefantes, e que serve na medicina moderna como tónico cardíaco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Impulso sexual esaxerado. No caso das mulleres recibe o nome específico de ninfomanía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao volcán que se caracteriza por frecuentes erupcións explosivas. Ten unha lava pouco fluída que orixina cotras que, periodicamente, se fragmentan polos gases acumulados debaixo deste. O cono está formado por capas alternas de lava e de materiais piroclásticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pó amarelo, moi poroso e cáustico, que se funde a 2.430°C. Obtense por calcinación do seu hidróxido ou do seu nitrato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carbonato de estroncio, de fórmula SrCO3. Cristaliza no sistema rómbico en cristais prismáticos, ás veces pseudo-hexagonais; tamén está presente en masas columnares, fibrosas ou granulares, e son frecuentes as maclas. Ten unha dureza 3,5 e unha densidade 3,8. De cor gris amarela ou verdosa, presenta o brillo do vidro e é translúcida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e director de escena. Comezou a súa carreira en 1938 na Residencia de Estudiantes de Barcelona, onde presentou unha versión paródica de Don Juan Tenorio. Residiu en Inglaterra (1939-1948), onde realizou traballos de dirección, colaborou coa BBC e coordinou obradoiros de teatro para nenos refuxiados. En 1949 marchou a Montevideo, onde participou activamente na creación do grupo El Galpón e impartiu docencia teatral na Escuela Municipal de Arte Dramático. De volta en España, iniciou unha longa actividade como profesor de teatro. Impartiu cursos e talleres para institucións e compañías, e iniciou unha intensa colaboración co Teatro Circo da Coruña, con quen dirixiu o espectáculo O entremés famoso da pesca no río Miño (1973). En 1978 obtivo a cátedra de Interpretación da Real Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid, desde a que promoveu a creación de novas compañías como Zascandil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que cursa estudios, especialmente de ensinanza media ou superior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Santiago de Compostela o 23 de novembro de 1866. Subtitulouse “Suplemento al Correo de Galicia” e saía dúas veces ao mes. Trátase do suplemento estudantil de El Correo de Galicia, de carácter romántico e dirixido aos alumnos dos colexios, da universidade e da Escuela Compostelana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Pontevedra o 30 de outubro de 1879. Cesou a súa edición en novembro de 1880 (nº105). Subtitulouse “Redactado por alumnos del Instituto Provincial de esta ciudad” e “Hoja aspirante a periódico, publicada en Pontevedra”. Fundada e dirixida por Julián Rodríguez de Cea, saía os luns e os xoves. Reapareceu probablemente o 25 de novembro de 1880 co subtítulo de “Periódico bisemanal de literatura e intereses materiales” e dirixido por Rogelio Quintáns. Cesou o 2 de decembro de 1881 (nº190), pero reapareceu o 27 de abril de 1884.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización estudantil de ámbito galego que se autodefinía como reinvidicativa, nacionalista, democrática e independente, e que defendía un ensino ao servizo das clases populares e a normalización da lingua e da cultura galegas. Entre os seus presupostos básicos destacaban o convencemento de que Galicia mantiña unha dependencia colonial con respecto a España que se traducía, no eido educativo, na transmisión dun ensino acientífico, antinacionalista, antipopular e antidemocrático. A súa aparición na vida pública tivo lugar na Universidade de Santiago de Compostela no curso 1972-1973, despois da folga compostelá do Nadal, provocada pola morte do estudante Xosé María Fuentes; daquela estaba integrada principalmente por estudiantes nacionalistas de diversos colectivos e independentes. No curso seguinte espallouse polas principais cidades galegas, ao tempo que se produciu a primeira escisión, que deu lugar á creación da Organización de Estudiantes Revolucionarios. Nos anos 1975 e 1976 os centros...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos estudiantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación semestral aparecida en 1981 e subtitulada “Revista oficial del Instituto de Estudios Bercianos”. Dirixiuna inicialmente José A. Carro Celda. No número once exerceu como director J. Enrique Fernández Llamazares, e dende o dezanove coordinouna J. Ignacio González Ramos. Tentou fomentar e difundir a cultura berciana en todos os seus ámbitos, cunha recompilación de literatura oral e popular da zona, ademais de achegas literarias de diversos autores, en que se incluían escritores galegos e portugueses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista aperiódica publicada desde 1949 (con data de 1947-1948) polo Institut d’Estudis Catalans, baixo a dirección de R. Aramon i Serra. Contén artigos e amplas recensións referentes ás linguas e ás literaturas románicas de todas as épocas. Dedicoulle unha especial atención ao catalán e á literatura catalana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ensino de tipo universitario que se iniciou o 16 de outubro de 1903 como unha das consecuencias do Primer Congrés Universitari Català, en que se debateu a organización dunha universidade catalá autónoma. Defendía como lingua de comunicación o catalán polo que foi rexeitado da universidade oficial e se ligou a outras institucións (Ateneu Barcelonès e Escola Industrial). Comezou ensinando dereito civil catalán e historia de Catalunya e, de seguida, tamén economía social e política arancelaria, literatura catalana, dereito público catalán e, máis adiante, historia da arte catalana, xeoloxía aplicada a Catalunya, técnica e análise química, agricultura, pedagoxía nacional, estudios portugueses, filoloxía románica, filosofía, gramática comparada do latín e o catalán, historia musical e étnica da cançó popular, lóxica e metodoloxía da ciencia e xeografía. Foron profesores do EUC estudiosos como A. Rubió i Lluch, Pompeu Fabra e Eugeni d’Ors. Co tempo os estudios reducíronse a gramática,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • acetaldehido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hidrocarburo saturado, gasoso, inodoro e incoloro, presente no gas natural, que se obtén da fracción de punto de ebulición máis baixa do refinado de petróleo. É o segundo membro da serie dos alcanos, e as súas propiedades e comportamentos xeralmente responden ás propiedades destes. Emprégase en manufacturas dos seus derivados clorados e como combustible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ácido acético.

    VER O DETALLE DO TERMO