"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Fotógrafo e pintor. Principiou os seus estudios de arte no City College de Nova York; posteriormente trasladouse á Academia de Belas Artes de Múnic. De regreso aos EE UU, converteuse en pintor modernista, relacionouse co círculo de Stieglitz e foi cofundador da Photo-Secession. En 1906 trasladouse novamente a Alemaña, onde destacou como pintor de moda. Dende 1918 exerceu como profesor de fotografía artística na Kunstakademie de Leipzig. Nos seus traballos fotográficos combinou algunhas técnicas que aprendeu da pintura, pois manipulaba as súas imaxes co emprego de lapis, tinta e plumas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade fundada en 1995 en Santiago de Compostela polo pintor Eugenio F. Granell e o concello da cidade. Ten a súa sede no pazo de Bendaña e está dirixida por Natalia Fernández Segarra, filla do pintor. Os seus obxectivos son a difusión, o fomento e o estudo da obra de E. Granell e do surrealismo e as correntes afíns. Conta cun museo que acolle unha colección de obras do artista e da súa colección particular de obras surrealistas, unha colección de arte étnica relacionada co interese dos surrealistas pola investigación antropolóxica, unha colección de arte ritual afrocubana e a colección de Philip West, formada polas obras doadas por este. Conta cun departamento pedagóxico e cun departamento de cultura. A biblioteca fórmana os fondos doados por Granell, referentes á arte, ao surrealismo, á literatura e libros sobre a guerra civil, e os procedentes da doazón de P. West.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lóxico. Membro do Círculo de Varsovia, elaborou unha lóxica trivalente e, xunto con Tarski, outra polivalente, cun número infinito de valores, á vez que estudiou a historia da lóxica. Escribiu Elementos de lóxica matemática (1929) e Observacións filosóficas sobre os sistemas polivalentes do cálculo proposicional (1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mariño. Destinado en Filipinas, Cuba e New Orleans, axudou a sufocar a sublevación do arsenal ferrolán en 1872. Unha vez que se proclamou a Primeira República loitou contra os sublevados do arsenal da Carraca en Cádiz e contra as tropas carlistas no Cantábrico. En 1879 ascendeu a capitán de fragata e foi destinado a La Habana. Ata 1895 exerceu como axudante da mariña do distrito e porto de Mayagüez. Participou no combate de Santiago de Cuba, onde foi apresado polos americanos. Unha vez finalizada a Guerra de Cuba, foi xefe do estado maior do departamento de Cartagena, xefe do departamento de Cádiz, comandante da mariña de Sevilla e gobernador civil de Canarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ángulos que determinan a orientación, respecto a uns eixes fixos xyz, dos eixes x’y’z’ solidarios cun sólido móbil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Límite cando n → ? da serie {un}, cando n<0, de termo xeral un=1+1/2+1/3+...+1/n-lnn. O seu valor aproximado é C=0,57721566

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fisiólogo, fillo de Hans von Euler-Chelpin. Estudiou no instituto Karolinska de Estocolmo, onde máis tarde exerceu como profesor de fisioloxía. Foi presidente da fundación Nobel entre 1965 e 1975. En 1933 foi o primeiro, xuntamente con Goldblat, que illou as prostaglandinas. Especializouse en neurofisioloxía e os seus traballos conduciron á clasificación do papel transmisor que realizan diversas substancias químicas, como a noradrenalina, no paso do impulso nervioso a través da sinapse. En 1970 compartiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía con Julius Axelrod e Bernard Katz, polos seus traballos sobre os neurotransmisores. En 1973 foi investido doutor honoris causa pola Universidad Complutense de Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico, pai de Ulf Svante von Euler. Estudiou na Universidade de Berlín, foi colaborador de Svante Arrhenius no Instituto Real de Tecnoloxía e profesor da Universidade de Estocolmo, onde o nomearon director do Instituto de Bioquímica. Estudiou os enzimas, especialmente os que interveñen na fermentación do azucre. Atopou a estrutura do primeiro coenzima descuberto, chamado difosfopiridin-nucleótido. Tamén traballou na estrutura e obtención de vitaminas e foi o primeiro que illou a vitamina A. En 1929 compartiu o Premio Nobel de Química con A. Harden, polos seus estudios sobre a acción dos enzimas na fermentación dos azucres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote mozárabe e mártir. No califato omeia de Al-Andalus encabezou unha revolta contra o emirato e as celebracións relixiosas do Islam, feito polo que foi condenado a morte; inda que logrou liberarse deste castigo, tivo que fuxir ás terras cristiás do norte. Tras ser elixido arcebispo de Toledo (858), volveu a Córdoba, pero non tardou en ser decapitado. Coas súas obras, Documentum martyriale (851) -libro apoloxético dos supostos martirios de moitos cristiáns a mans dos mouros- e Memoriale sanctorum (857), alentou o culto cristián fronte aos musulmáns. Na iconografía leva vestiduras arcebispais pero coa mitra e palio entre as mans, sen vestir, e como atributos persoais, unha espada, unha xostra, unha pluma e un libro. A súa festividade celébrase o 9 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada en Muruzábal, na Comunidad Foral de Navarra. Construída no s XII, relaciónase coas ordes militares, puido ser un hospital da Orde de San Xoán e servíalles de lugar de descanso aos peregrinos que se dirixían a Santiago. Situada á beira do Camiño de Santiago, ten plano centralizado octogonal cuberto cunha bóveda de crucería con influencias islámicas. A ábsida é pentagonal. No exterior destaca a arcada que a rodea e que lle dá o nome en éuscaro, eunate (cen portas).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación Europea de Axencias de Comunicación fundada en 1959 co nome de European Association of Advertising Agencies (EAAA). Con sede en Bruxelas, agrupa as asociacións nacionais de axencias publicitarias e de mercadotecnia de trinta estados europeos. Subdivídese na National Association Council (NAC), na International Agencies Council (IAC) e na Media Agencias Council (MAC). A Asociación Española de Agencias de Publicidad (AEAP) está integrada nesta entidade paneuropea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Centro europeo de astronautas creado pola ESA en 1990. Situado preto de Colonia, encárgase da selección e da formación de astronautas europeos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia de satélites de comunicacións da ESA, explotados por EUTELSAT. O primeiro destes satélites lanzouse en 1983.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización astronáutica creada en 1962 e que incluía diversos estados europeos e Australia, que cedía a base de lanzamento. Estudiaba a realización do foguete Europa. En 1975 fusionouse coa ESRO para formar a ESA.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeiro satélite de teledetección da ESA lanzado en 1991 na versión ERS-1. Ten como misión controlar o estado do planeta: o nivel das mareas e a altura das ondas dos océanos, a interrelación entre a atmosfera e os océanos, o avance ou o retroceso dos xeos polares, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización europea de investigación e observación astronómica, fundada en 1962 e con sede en Garching (Alemaña). Dispón dunha localización austral, situada a 2.400 m de altura, en La Silla (Chile).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización internacional europea que aglutina a investigación espacial no continente, con sede en París. Creouse en 1975 a partir da fusión da European Launcher Development Organization (ELDO) e da European Space Research Organization (ESRO). Ten como misión promover a investigación e a tecnoloxía espacial con propósitos exclusivamente pacíficos. Está integrada por trece estados: Austria, Bélxica, Dinamarca, España, Francia, Gran Bretaña, Irlanda, Italia, Luxemburgo, Noruega, Países Baixos, Suecia e Suíza. Finlandia é un membro asociado e Canadá asinou un acordo de cooperación. A ESA realiza os seus programas mediante o foguete Ariane. Iniciou o programa da estación espacial Spacelab e programou misións interplanetarias, como a da sonda Giotto lanzada ao encontro do cometa Halley en 1986. En 1991 creou o consorcio Spacelink.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización destinada ao desenvolvemento da investigación espacial para a realización de grandes proxectos que sobrepasan a capacidade dun só Estado. En 1975 fusionouse coa ELDO para dar lugar á ESA.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á rexión eurosiberiana.

    2. Rexión bioxeográfica do reino holártico que abrangue unha gran parte de Eurasia e que limita ao N coa rexión ártica e ao S coas rexións mediterránea, iranoturaniana e chinesa. O clima é húmido e de invernos fríos. A vexetación é de tendencia forestal: na parte setentrional o clímax é o bosque de coníferas; e na parte meridional, as árbores de folla caduca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir en Roma. Disque seguiu loando a Deus malia lle cortaren a lingua.

    VER O DETALLE DO TERMO