eurosiberiano -na
eurosiberiano -na
(
-
adx
Relativo ou pertencente á rexión eurosiberiana.
-
rexión eurosiberiana
[XEOL/ECOL]
Rexión bioxeográfica do reino holártico que abrangue unha gran parte de Eurasia e que limita ao N coa rexión ártica e ao S coas rexións mediterránea, iranoturaniana e chinesa. O clima é húmido e de invernos fríos. A vexetación é de tendencia forestal: na parte setentrional o clímax é o bosque de coníferas; e na parte meridional, as árbores de folla caduca.