Eurostat
Oficina estatística da Unión Europea. En 1953, a Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro creou o seu servizo estatístico coa fundación da Comunidade Económica Europea (CEE) en 1958, que se converteu nunha dirección xeral da Comisión Europea; un ano máis tarde adoptou o nome de Eurostat e publicou o seu primeiro traballo, estatísticas agropecuarias. O papel de Eurostat é proporcionar estatísticas aos outros órganos comunitarios responsables da análise, definición e implementación das políticas comunitarias. Os obxectivos de Eurostat adaptáronse ao desenvolvemento da política europea, e a súa principal misión pasou a ser procesar e publicar información estatística comparativa e unificar os conceptos, métodos, estruturas e técnicas. Eurostat non recolle os datos, labor que realizan os servicios dos estados membros, senón que verifica e analiza os datos proporcionados polos servicios nacionais e asegurase de que sexan comparables, para o que dita unha metodoloxía harmonizada.