"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • PERSOEIRO

    Condesa de Albany, filla do príncipe Gustavo-Adolfo de Stolberg-Gedern. Casou co pretendente ao trono inglés, Carlos Eduardo Stuart.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta alemán. Escribiu cancións patrióticas e de lírica amorosa, ademais de traducións do grego (Sophokles, 1787) e do latín. Co seu irmán Friedrich Leopold Stolberg-Stolberg (Bramstedt 1750- Castelo de Sondermühlen, preto de Osnabrück 1819) compuxo os Vaterländische Gedichte (Poemas patrióticos, 1820) e formou parte do grupo Göttinger Hain.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome alemán de Slupsk.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político ruso. Foi presidente do Consello de Ministros (1906) e tivo unha actuación política autoritaria. Levou a cabo unha reforma agraria (1911), acelerou a política de rusificación de Finlandia e impulsou a colonización de Siberia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor, violinista e director austríaco. Dirixiu a orquestra do Theatrer an der Wien en Viena (1905-1917). Compuxo operetas como Eine einzige Nacht (Unha única noite, 1917), cancións e bandas sonoras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo e político inglés. Representante do distrito de Duddeston en Birmingham, foi fotógrafo documentalista. Retratou a Inglaterra vitoriana, sobre todo a personalidades do Palacio de Westminster, pero tamén as xentes do campo e as construcións rústicas británicas. Deixou preto de 30.000 negativos, entre eles os que fixo do castelo de Windsor, que permitiron a súa reconstrución despois dun incendio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático. Foi profesor nas universidades de Harvard, Columbia, Yale, Stanford, Chicago e Massachusetts. Fixo achegas fundamentais na teoría dos retículos, a análise funcional, na topoloxía, na teoría das categorías ou na filosofía da ciencia. O seu libro máis influente foi Linear Transformations in Hilbert Space and their Application to Analysis. Está considerado un dos mellores matemáticos do s XX pola súa extensa e fundamental labor de investigación matemática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador e guionista cinematográfico. Escribiu os guións de Midnight Express (1977), Conan, the Barbarian (1981) ou Scarface (1983). Da súa filmografía destacan Salvador (1986) Wall Street (1987), Born on the Fourth of July (1989, Oscar ao mellor director), JFK (1991), Heaven and Earth (1993), Natural Born Killers (1994), The People vs. Larry Flynt (1996), Savior (1998) e Alexander (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Das súas obras destacan National Income and Expenditure (1944), Standardized System of National Accounts (1952), Input-Output and National Accounts (1961) e Aspects of Economic and Social Modelling (1980). En 1984 recibiu o Premio Nobel de Economía pola súa achega ao desenvolvemento de sistemas de compatibilidade nacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Monumento megalítico situado preto de Avebury, no condado de Wilt, Inglaterra. Parece ser que foi construído en tres fases. Na primeira, ao redor de 1800 a C, fíxose unha gran plataforma circular pequena con pequenas fosas de incineración. A segunda construción, feita aproximadamente en 1700-1500 a C, é un dobre círculo concéntrico de pedras e unha avenida de case medio quilómetro. Durante a fase final, ao redor de 1500-1400 a C, foi elevado un círculo de 30 menhires de 5 m de altura, unidos pola parte superior con pedras planas. Foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e matemático irlandés. Estudou a estrutura da materia, a teoría cinética dos gases, as ondas e a electricidade, na que introduciu o termo electrón e tentou calcular a súa carga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sinal de circulación que obriga a todo condutor a deter o seu vehículo ante a próxima liña de detención ou, se non existe, inmediatamente antes da intersección, e ceder o paso na mesma aos vehículos que circulen pola vía á que se aproxime.

    2. Palabra que se emprega na redacción de telegramas, á maneira dun punto, para separar as frases.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de política económica que pretende corrixir certos desequilibrios internos da economía dun país, como a inflación, mediante unha contracción no ritmo de crecemento seguida dunha nova reactivación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Membro do partido comunista en 1931, foi ministro do Interior (1952-1955) e de Defensa (1956-1950), presidente do goberno (1964-1973 e 1976-1989) e xefe de estado (1973-1976) da República Democrática Alemá. En maio de 1991 foille cursada unha orde de detención pola súa suposta responsabilidade na morte a tiros dos fuxitivos que tentaban franquear o muro de Berlín. En 1993, tras un longo xuízo, foi considerado culpable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tomas Straussler.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e dramaturgo inglés. Das súas obras destacan as novelas This Sporting Life (1960) e Saville (Premio Booker, 1976), as obras teatrais Home (1971) e The Restoration of Arnold Middleton (1967) e Poems 1951-1991 (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Amplo brazo de mar das illas Spitzbergen, de 180 km de longo e 50 km de largo na parte N, situado entre a illa de Spitzbergen, ao O, e as de Edge e Barents, ao L.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta alemán. A súa poesía caracterízase por un acentuado lirismo; destaca Gedichte (Poemas, 1852). Cultivou tamén a novela como Immensee (O lago Immen, 1852) ou Die Söhne des Senators (Os fillos do senador, 1888).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo e matemático noruegués. Estudou a alta atmosfera, o campo magnético terrestre e os raios cósmicos, onde estableceu o denominado cono de Störmer. Fotografou as auroras boreais, que estudou teoricamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico alemán. En 1998 recibiu, xunto con R.B. Laughlin e D.C. Tsui, o Premio Nobel de Física, polo descubrimento dunha nova forma de fluído cuántico coas excitacións fraccionalmente cargadas.

    VER O DETALLE DO TERMO