"ALE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2433.
-
PERSOEIRO
Nome co que é coñecido Sergej Vladimirovic Simanskij, Patriarca de Moscova e de toda Rusia (1945). Foi Bispo de Tikhvino e Auxiliar de Novgorod en 1913. Vinte anos máis tarde foi elixido Bispo metropolitano de Leningrado. Dirixiu unha nova edición en ruso da Biblia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador de Bizancio (1081-1118). Fillo do Comandante en Xefe da garda palatina, Xoán Comneno I, e neto do Emperador Isaac I. Cos seus irmáns, opostos aos Ducados, impúxose na revolta do 1081, que levou a Aleixo ao trono. Bo militar e diplomático, conseguiu remontar o Imperio. Acadou a submisión de Bitinia (1081). Loitou tamén contra o normando da Apulia Robert Giscard, que invadira o Epiro; a Tracia, contra os tártaros (1091), e Asia Menor, contra os turcos seliúcidas. Pactou con Venecia e Pisa, feito que iniciou a prosperidade das repúblicas italianas no Oriente Medio. Atacou os herexes bogomís e cargou a Igrexa de impostos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tsar de Rusia (1645-1676), de nome Aleksej Mikhajlovič Romanov. Fillo de Miguel I, primeiro Tsar da familia Romanov. Decretou o Código de Sobor (1649), que lle deu forma xurídica ao sistema de servidume e que satisfaceu os propietarios rurais. Promotor da guerra contra Polonia (1652-1667), Aleixo anexionou a Rusia Smolensk e toda a Ucraína oriental con Kiev. En Asia, o imperio chegou ata ao Pacífico, salientando o proceso colonizador de Siberia. Principiou unha política de reforma intelectual, dificultada durante os seus últimos anos, bastante axitados polo Cisma de Raskol e a revolta cosaca de Stenka Razin (1668-1671). O Reinado de Aleixo marcou o paso ao estado centralizado e absoluto.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
o Grande (? 1180 - 1222) Emperador (1204-1222) da dinastía Comneno de Trebisonda. Sobriño de Andrónico I, Emperador de Bizancio, e fillo do Sebastocrator Manuel. Trala toma de Constantinopla polos cristiáns de Occidente, fundou o Imperio de Trebisonda. Loitou contra os cristiáns da Asia Menor, os bizantinos de Nicea e os turcos do Sultanato de Rum.
-
PERSOEIRO
Emperador de Bizancio (1180-1183). Fillo de Manuel I e de María de Poitiers-Antioquía. No 1180 casa con Agnes (ou Ana) de Francia, filla de Luís VII. Á morte de seu pai no 1180, foille encargada a rexencia á súa nai. Andrónico, igual que Manuel I, entrou en Constantinopla, asasinou a rexente e Aleixo foi proclamado Emperador.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador da dinastía Comneno de Trebisonda (1927-1330). Fillo de Xoán II e de Eudosia Paleólogo. Durante o seu reinado os turcos foron derrotados en Kerasont (1302). En 1314 outorgoulles privilexios aos venecianos co fin de contrarrestar o predominio comercial dos xenoveses. No seu reinado, Trebisonda acadou o seu máximo esplendor.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador de Bizancio (1195-1203). Irmán e sucesor de Isaac II, ao que destronou coa axuda da nobreza e do exército. No 1203 foi destronado polo fillo de Isaac II, Aleixo (que gobernou como Aleixo IV Anxo), quen se unira cos cabaleiros da cuarta cruzada e cos venecianos na toma de Constantinopla. Aleixo III partiu para Tracia e pasou a Asia Menor, pero inimizouse co Emperador de Nicea, Teodoro I Lascaris, que o fixo prisioneiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador da dinastía Comneno de Trebisonda (1349-1390). Fillo de Basilio. Chamado Xoán, cambiou o seu nome polo de Aleixo. Casou en 1351 con Teodora Cantacuze, sobriña do Emperador de Bizancio Xoán VI. Reprimiu os complots da aristocracia, loitou contra os turcos e aumentou os privilexios de Venecia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Coemperador bizantino (1203-1204), fillo do Emperador Isaac II. Á caída do seu pai (1195) foi apresado polo seu tío, Aleixo III. No 1203 aliouse cos xefes da cuarta cruzada para que lle axudasen a restaurar a Isaac II no trono. Os cruzados tomaron Constantinopla (1203), repuxeron a Isaac II e nomearon Coemperador a Aleixo. Foi derrocado por Alexandre V Ducas, o Murzufle. Morreu afogado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador Comneno de Trebisonda (1417-1429). Combateu contra os xenoveses e mantivo boas relacións con Venecia. Foi asasinado na revolta do seu fillo Xoán.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
o Murzufle (? - ? 1204) Emperador de Bizancio (febreiro-abril 1204). Alto funcionario de palacio, casado con Eudosia, filla do emperador Aleixo III Comneno. Foi proclamado a raíz da revolta de Constantinopla contra os cruzados e os emperadores Isaac II e Aleixo IV Anxo. Cando os cruzados tomaron Constantinopla refuxiouse en Tracia, protexido polo seu sogro. Morreu a mans dos latinos, que o tiraron dende o alto da estatua de Teodosio en Constantinopla.
-
PERSOEIRO
Segundo a tradición, era fillo dun patricio romano que, no mesmo día do seu casamento, decidiu abandonar a súa noiva, repartir os seus bens entre os pobres e marchar en peregrinación á Terra Santa para vivir mendigando á porta das igrexas. Outra lenda conta que volveu a Roma, logo dunha longa ausencia, e pasou os últimos anos da súa vida baixo unha escaleira de entrada á propia casa paterna, sen ser recoñecido polos seus; polo que recibiría o alcume de o pobre da escaleira. Outro motivo envolto na lenda deste santo é “o milagre da carta” segundo o cal, o Papa Bonifacio I advertido por unha visión, dirixiuse á casa paterna de Aleixo e atopouno morto ao pé da escaleira apretando unha carta cos seus dedos. Ninguén se atreveu a arrincarlla, pero ao lle dar a beizón, o morto abriu os dedos e polo papel coñeceuse a súa identidade. Os familiares, que agardaran sempre a súa volta, quedaron abraiados ao recoñecer o cadáver, tarde de máis.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo metropolitano de Moscova. Consagrado por Filoteo, Patriarca de Constantinopla en 1354, ocupou a Sé moscovita. Foi rexente do Estado durante o reinado do Gran Duque Iván II e a minoría de idade do seu fillo Demetrio, sobre os que exerceu unha grande influencia nos conflitos xurdidos coas casas rivais salvagardando sempre a primacia de Moscova. En gran medida foi o artífice da alianza entre a Igrexa e o Estado. Semella que curou dunha cegueira á filla do Kan da Horda de Ouro, polo que adquiriu entre os tártaros un prestixio que aproveitou, en varias misións, para servir aos intereses rusos. Foi canonizado en 1449, cando a Igrexa rusa xa era independente.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Doutor en Filosofía e Letras e Catedrático de Gnoseoloxía na Universidade Pontificia de Comillas. Na Habana exerceu de profesor de Matemáticas, Ciencias e Historia de América. Publicou Monos y espiritistas (A Habana, 1939), Creyentes y ateos (Madrid, 1941), La Gnoseología del doctor Eximio y la acusación nominalista (Santander, 1948), Estudios Gnoseológicos (Barcelona, 1961), Crítica (Santander, 1964), Gnoseología de la certeza (Madrid, 1965), Locuras de Europa (Salamanca, 1965), La sociología del conocimiento (Comillas, 1965), En la hora crepuscular de Europa (Madrid, 1965) e Humanismo ateo (Bilbao, 1967).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Axudante maior da praza de Baiona no momento da invasión francesa do 1809. Xunto a Xoaquín Tenreiro, alcalde da xurisdición de Tui, e ao Tenente de infantería portugués João Bautista Almeida, tivo un destacado papel fronte aos ataques galos ao cuartel xeral de Santa Cristina de Lavadores e no asedio de Tui. Encargouse da vixilancia do gobernador de Baiona, encarcerado por sospeitoso. No 1810 o Consello de Rexencia recompensouno polos servicios prestados co grao de Coronel, o goberno da praza de Tui e o escudo de honra, favores dos que non chegaría a gozar por non se firmaren os reais despachos; as súas rogativas non foron atendidas, principiándose o ocaso da súa brillante carreira, marcado polo abandono, a miseria e o esquecemento.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Funcionario na Coruña e director do xornal Diario de La Coruña. Traslada a súa residencia a Madrid e colabora con numerosas revistas da época como El Museo Nacional ou La América, e dirixe o xornal El Correo de Las Antillas. No 1861 obtén o primeiro accésit nos Xogos Florais da Coruña co poema titulado A la Religión.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Operador cinematográfico francés que traballou, entre outros, con M. Carné, A. Gance, J. Cocteau e W. Wenders.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xogador de xadrez ruso, francés de nacionalidade. De estilo refinado e sutil, no 1927 gañou o Campionato do Mundo vencendo ao cubano José Raúl Capablanca, e mantivo o título ata a súa morte.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da oblast de Kirovograd, Ucraína (91.000 h [1981]). Situada á beira do río Ingulec, foi fundada no s XVIII como fortaleza. As actividades principais son a extracción de carbón e o empacado de lignito.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade de Rusia, ao NL de Moscova (64.000 h [1983]). Entre 1564 e 1584 foi residencia dos tsares.
VER O DETALLE DO TERMO