Aleixo, santo

Aleixo, santo

Segundo a tradición, era fillo dun patricio romano que, no mesmo día do seu casamento, decidiu abandonar a súa noiva, repartir os seus bens entre os pobres e marchar en peregrinación á Terra Santa para vivir mendigando á porta das igrexas. Outra lenda conta que volveu a Roma, logo dunha longa ausencia, e pasou os últimos anos da súa vida baixo unha escaleira de entrada á propia casa paterna, sen ser recoñecido polos seus; polo que recibiría o alcume de o pobre da escaleira. Outro motivo envolto na lenda deste santo é “o milagre da carta” segundo o cal, o Papa Bonifacio I advertido por unha visión, dirixiuse á casa paterna de Aleixo e atopouno morto ao pé da escaleira apretando unha carta cos seus dedos. Ninguén se atreveu a arrincarlla, pero ao lle dar a beizón, o morto abriu os dedos e polo papel coñeceuse a súa identidade. Os familiares, que agardaran sempre a súa volta, quedaron abraiados ao recoñecer o cadáver, tarde de máis.

Cronoloxía

  • Deceso

    Lugar : Edesa, Siria