"Abe" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 982.
-
PERSOEIRO
Nobre mourisco granadino. Participou activamente na insurrección dos mouriscos de Granada (1568). Proclamouse Rei dos andaluces (1569) despois de derrocar o seu curmán Aben Humeya. Algúns dos seus homes, que se venderan aos cristiáns, asasinárono logo de máis dun ano de rebelión. O seu cadáver foi esnaquizado e a súa cabeza expúxose publicamente en Granada dentro dunha gaiola de ferro. O seu nome cristián era Diego López.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nobre mourisco granadino. No ano 1568, logo de abdicar do Cristianismo, uniuse á rebelión dos mouriscos das Alpujarras, que o elixiron rei polos seus antecedentes omeias. Foi asasinado polo seu curmán Aben Aboo, quen se apropiou do seu título de Rei dos andaluces. O seu nome cristián era Fernando de Córdoba e Válor.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Novela mourisca, aínda sen tradución ao galego, escrita cara ao 1551 e publicada en 1565. Narra a historia de amor de Jarifa e Abindarráez e o seu casamento en segredo. Este tema aparece nos chamados Romances fronterizos e nas obras de diversos autores como Antonio de Villegas, Jorge de Montemor, Juan Timoneda e Lope de Vega, quen o aproveita en La Dorotea e en El remedio en la desdicha.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Abencerraxes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Individuo da familia dos Abencerraxes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome galeguizado que recibe a familia dos Banu Sirag, poderosa familia árabe que tivo preeminencia en Granada no s XV e célebre pola rivalidade coa liñaxe dos Cegríes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma inglesa de AB (normal) END. É o remate anormal dun programa informático debido a algún tipo de erro. O termo emprégase case exclusivamente para as supercomputadoras da IBM.
-
VER O DETALLE DO TERMO
amieiral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
amieiro.
-
DEPARTAMENTOS
Departamento de Costa de Marfil (6.900 km2 ; 216.385 h [1988]) no L do país. A capital é Abengourou (30.028 h [1988]). Plantacións de cacao e café.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe procedente dos Álvarez de Meda que tiñan a súa casa orixinaria en Santiago de Meda, na diócese de Mondoñedo. Un cabaleiro desta familia, estando ao servizo de Afonso VI, cobroulle aos mouros a terra de Abengoza preto de Cuenca. De seguido, adoptou o nome deste topónimo por apelido pasando a ser usado polos seus descendentes. As súas armas levan, en campo de goles, unha torre de prata con portas e ventás de azur.
-
VER O DETALLE DO TERMO
belida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
pestana.
-
ESPA¥A
Concello da provincia de Ciudad Real, en Castela-A Mancha, ao NO da capital provincial (1.834h [1996]). A súa actividade económica baséase no cultivo e transformación de cereais, oliveira e vide.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arte de pesca empregada no río revolto. Está formada por unha vara da que pendura unha pequena rede con forma cónica.
-
PERSOEIRO
Poeta. Estudiou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e pouco despois emigrou a Paraguai. Publicou poesía en xornais de Galicia e América. Coñécense as súas poesías en galego Virxen da Guía e Lembranzas, recollidas por Uxío Carré Aldao na antoloxía que acompaña á súa Literatura Gallega (1911), e o poemario Volta prá terra. En castelán publicou a lenda en verso La novia de un marino (1882) e o poemario Poemas satíricos y gozosos (1887), editado en Paraguai.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que está situado fóra do intestino.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que cura ou intenta curar coas súas pregarias a outras persoas que son víctimas de doenzas, feitizos ou meigallos.
-
CAPITAIS
Capital do estado de Ogun, en Nixeria, na beira do río Ogun (427.400 h [1996]). Centro comercial e mercado local de cacao, aceite de palma e algodón.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parálise do plexo solar.