"Aix" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 193.

  • Aplícase ao escudo que ten contrafaixas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da beira oriental da ría do Barqueiro, no litoral da parroquia e concello do Vicedo, situada ao S da punta da Cova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista francés. Xefe de redacción de Lettres françaises (1948-1972), é autor de, entre outras obras, Aragon, une vie à changer (Aragon, unha vida para cambiar, 1975), J’ai cru au matin (Eu crin no mañá, 1976) e de diversos traballos sobre Picasso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nun lugar inferior a algo ou a alguén, tanto se hai contacto físico ou non.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de desapaixonar ou desapaixonarse.

    2. Que é imparcial e está guiado pola razón e non pola paixón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que alguén perda a paixón por algo.

    2. Perder a paixón por algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de desencaixar ou desencaixarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Quitar algunha cousa do lugar no que estaba encaixada.

    2. Deixar de estar encaixado.

    3. Desfigurarse as faccións dunha persoa por mor dunha enfermidade ou dunha emoción intensa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desencaixar ou desencaixarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sacar a faixa ou elemento similar a algo ou a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Edificio ou residencia en que desenvolve o exercicio das súas funcións un embaixador.

      1. Representación diplomática permanente dun Estado noutro estranxeiro. A embaixada goza do privilexio de extraterritorialidade, polo que se considera parte do territorio nacional situada en territorio estranxeiro. Entre os servicios propios da embaixada destacan as misións de axuda e cooperación, misións militares, servicios culturais, de prensa, seccións de cifrado e valixa, e outros servicios especializados (laboral, agrícola, mariño, etc). Á fronte de cada un destes servicios está un axente diplomático especializado que pode recibir diferentes denominacións (agregado, conselleiro, interventor, xefe de misión ou secretario de embaixada).

      2. dereito de embaixada

        Dereito que teñen os estados soberanos de enviar representantes diplomáticos aos outros estados e de recibir os que estes envíen.

    2. Cargo de embaixador.

    3. Conxunto formado polo embaixador e as persoas que están baixo as súas ordes.

    4. Mensaxe que se envía por medio dun embaixador.

      1. Misión enviada ante un xefe de estado, goberno ou país estranxeiro, para tratar algún asunto de importancia.

      2. Misión ou xestión confiada a un particular.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Xefe de misión diplomática da máxima categoría que recoñece o dereito internacional, que exerce a representación permanente dun Estado ante outro estranxeiro.

      2. Diplomático da máis alta categoría ao que se lle encarga unha misión especial.

    1. Emisario ou mensaxeiro encargado de transmitir ou tratar algo.

    2. Cónxuxe dun embaixador ou dunha embaixadora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nun lugar inferior, dende o punto de vista do que fala.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de encaixar.

    2. Que está dividido pola metade (especialmente o escudo), por medio duha liña con forma de ángulos agudos unidos pola base, chamados encaixes; segundo a dirección destes, o escudo pode ser encaixado en pal, encaixado en faixa, encaixado en banda, encaixado en barra e encaixado en xefe.

    3. Que presenta encaixes tan longos e aguzados que case tocan os bordos do campo do escudo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Proceso dinámico mediante o que a circunferencia máxima da presentación fetal atravesa o estreito superior e penetra progresivamente no canal pelviano. Pode ter lugar nas últimas semanas de xestación ou unha vez iniciado o traballo de parto.

    2. Proceso de erosión fluvial debido ao aumento da enerxía da corrente, provocada xeralmente por un proceso tectónico que incrementa o desnivel do curso ou por un cambio climático que modifica á alza o caudal medio do mesmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Meter unha cousa axustada dentro doutra.

      1. Reaccionar ante algo negativo ou molesto.

      2. Aguantar ben os golpes do contrario, especialmente nos deportes de combate.

      3. Aceptar unha situación difícil e adversa e adaptarse a ela.

    2. Construír cimentos en caixóns ou en gabias abertas.

    3. Reforzar un muro con machóns axustando e apisoando a terra entre tapias.

    4. Adaptarse e axustarse unha cousa con outra ou dentro doutra.

      1. Concordar ou ser oportuna ou adecuada algunha cousa.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de encaixar.

    2. Burato no que se encaixa algo.

    3. Xuntura das pezas que pechan ou se adaptan unhas con outras.

      1. Tecido fino ornamental que consiste nun calado de fíos cun fondo reticulado, decorado con debuxos de diversa índole. Denomínase así porque orixinariamente realizábanse os labores por separado e despois encaixábanse na tea.
        Orixe e evolución histórica
        Os textos de Estrabón recollen o emprego de redes e mallas nas poboacións de Hispania. No Antigo Testamento, Isaías relataba que as mulleres usaban rediñas na súa vestimenta e o Libro dos Reis describe os filamentos que adornaban o templo de Salomón. Os romanos recolleron as técnicas de bordado e de traballo con fíos entrecruzados coñecidas por hebreos, exipcios e sirios, espalláronas polo seu territorio e introducíronas na Igrexa. O gran desenvolvemento da industria téxtil de Bizancio exportouse ao mundo occidental, onde Italia e os Países Baixos foron os pioneiros. No s XVI a publicación en Italia e Francia dos primeiros libros de patróns ou modelos de debuxos produciu unha expansión dos encaixes...

      2. encaixe de Camariñas

        Tipo de encaixe que se realiza no concello de Camariñas. É un derivado dos encaixes europeos, concretamente do tipo dos guipures de palillos. Leva moitos puntos de sprit, que forman estrelas e flores. Os fondos son xeralmente de malla cadrada, semellantes aos puntos de París. A finais do s XV e principios do XVI, o encaixe é unha industria doméstica que conta con gran forza na zona de Camariñas, pero foi no s XVIII cando alcanzou o seu máximo esplendor. A finais do s XIX e principios do XX, deuse unha grande exportación de encaixe a terras americanas desde o porto camariñés, que figura nas notas de embarque e nos demais documentos navieiros co nome de encaje de Camariñas, denominación que aínda mantén. Este comercio viuse interrompido posteriormente pola crise colonial e polas guerras mundiais que, sumadas á desorganización do sector, fixeron que o comercio decaese ata a súa recuperación nos anos corenta. Este rexurdimento debeuse, sobre todo, á acción da Sección Femenina,...

    4. Folla ou prego que, ao encadernar un libro, queda no interior doutro prego.

    5. Peza formada por dous ou máis triángulos, de cor ou metal, coas bases contiguas e, polo tanto, encaixados uns nos outros, que se moven desde os flancos ou que saen da punta do escudo.

    6. Reserva monetaria formada polos cartos legais que os bancos teñen nas súas caixas e polos depósitos que teñen obriga de reter no banco central. Trátase dun activo non rendible pero necesario e, en moitos casos, establecido legalmente, para poder facerlle fronte á demanda de diñeiro por parte dos depositarios e como unha medida para regular a oferta monetaria. Tamén se denomina reservas bancarias.

    7. Tipo de diartrose na que as superficies articulares que a forman son unha cóncava e a outra convexa e se dispoñen de forma oposta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de enfaixar ou enfaixarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • enfaixadura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer unha faixa a algo ou a alguén.

    2. Poñerse unha faixa.

    VER O DETALLE DO TERMO