"Ames" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 215.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico estadounidense. Atraído inicialmente pola civilización hindú, realizou Shakespeare Wallah (1964), The Guru (1969), e Bombay Talkies (1970). Posteriormente volveu a Occidente, onde dirixiu adaptacións literarias de prestixio, como Quartet (1981), The Bostonians (1983), A Room with a View (1985), Maurice (1987), Mr. and Mrs. Bridges (1990), Howards End (1992), The Remains of the Day (1993), ou A Soldier’s Daughter Never Cries (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista. Reflectiu, inicialmente, a influencia de Balzac, Flaubert, George Eliot, George Sand e N. Hawthorne. Estudiou en Harvard e estableceuse en Inglaterra en 1875, despois de ter residido en Italia e París. Preocupado polo punto de vista narrativo e pola penetración psicolóxica, escribiu Roderick Huston (1876), The American (1877), Daisy Miller (1879), Washington Square (1881), The Portrait of a Lady (1881), The Awkward Age (1899), The Ambassadors (1903) e The Golden Bowl (1904).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bandido estadounidense. Loitou coa guerrilla sudista durante a Guerra de Secesión e, posteriormente, foi xefe dunha banda que adquiriu notoriedade pola audacia dos seus asaltos a bancos e a trens.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Psicólogo e filósofo. Iniciou a súa investigación en psicoloxía con Principles of Psycology (1890). En filosofía propugnou o pragmatismo, que se traduciu, eticamente, en utilitarismo e acción. Expuxo os seus elementos esenciais en Pragmatism: A New Name for Old Ways of Thinking (1897) e Essays in Radical Empiricism (1912), colección póstuma de artigos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sulfuro de antimonio, ferro e chumbo, de fórmula Pb4FeSb6S14. Cristaliza no sistema monoclínico. É de cor gris aceiro e ten brillo metálico. Ten unha dureza de 2 a 3 e unha densidade de 5,63.
-
CAPITAIS
Capital da illa de Saint Helena, colonia británica do Atlántico Sudoriental (1.500 h [1992]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático e astrónomo inglés. Profesor en Princenton e en Cambridge, fíxose famoso polas súas críticas a Laplace e pola súa teoría sobre a formación das galaxias. Esforzouse en dar a coñecer as novas teorías, a da relatividade, ou a da cuántica, e deu unha visión histórica da física.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantante e compositor de rock estadounidense. Coñecido como Iggy Pop, o seu primeiro éxito foi The Idiot (1977), producido por David Bowie. Outros discos seus son Soldier (1980), Naughty Little Doggie (1996), Beat ‘em Up (2001) e Skull Ring (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista e narrador estadounidense. Veterano da Segunda Guerra Mundial, escribiu a novela de guerra From Here to Eternity (1951), que foi levada ao cine por F. Zinnemann (1953). Publicou tamén The Thin Red Line (1962), Go to the Widow Maker (1967) e Whistle (1978), que non chegou a finalizar.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico británico. Investigou as relacións entre traballo e calor e chegou a formular, con independencia de Mayer, o principio de conservación da enerxía. En 1843 calculou o valor numérico do equivalente mecánico da calor, é dicir, a cantidade de calor equivalente a un traballo mecánico determinado. En 1840 descubriu o efecto Joule, e formulou a lei de Joule sobre calor orixinada polo paso dunha corrente eléctrica, que contribuíu a explicar a teoría cinética dos gases; ademais, estableceu, xunto con W. Thomson en 1852, o efecto Joule-Thomson. Entre as súas obras destaca On the prodution of heat by voltaic electricity (1840).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Foi un dos autores máis innovadores na creación lingüístico-estilística, e un dos máis radicais e sólidos da literatura contemporánea. Iniciouse coas novelas Dubliners (1914) e A Portrait of the Artist as a Young Man (1916). En Ulysses (1922) ofrece unha fonda exploración dos recursos lingüísticos, esquematizada e organizada en diversos graos; o autor describe cunha gran riqueza de recursos tanto a traxectoria psicolóxica dos personaxes como o contexto exterior no que se moven. En Finnegans Wake (1939) chegou ao extremo da súa exploración lingüística. É notoria a súa influencia en diversos escritores modernos. En agosto de 1926, R. Otero Pedrayo publicou no nº32 da revista Nós, algúns fragmentos do Ulysses, que constituíu a primeira tradución que se realizaba en calquera das linguas peninsulares.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do condado de Surrey, Inglaterra, Reino Unido (136.100 h [1991]). É un dos 32 distritos do Gran Londres. De carácter basicamente residencial, é tamén un centro comercial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor. Coñecido como Stewart Granger, comezou facendo papeis secundarios no cine, ata que se deu a coñecer no filme Caesar and Cleopatra (1945). Das súas películas destacan King Solomon’s Mines (1950), The Prisoner of Zenda (1952), Salome (1953), The Last Hunt (1956) e Hell Hunters (1986).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ciclista estadounidense. Coñecido como Greg LeMond, gañou tres veces o Tour de France, en 1986, 1989 e 1990, foi o primeiro corredor non europeo en gañar esta proba, e dúas veces o Campionato do Mundo, en 1983 e 1989. Retirouse en 1994.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director de orquestra estadounidense. Estudiou na Julliard School, e foi nomeado director titular da Metropolitan Opera de Nova York en 1973. En 2001 foi designado director musical da Orquestra Sinfónica de Boston.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Demógrafo e matemático. Foi o fundador da demografía matemática e definiu as nocións de poboación estable e estacionaria. Xunto con V. Volterra, estudiou á vez a dinámica de dúas poboacións, unha como depredador e a outra como presa. Tamén definiu a taxa de crecemento natural.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Científico inglés. Desenvolveu o cromatógrafro de gases de captura de electróns, que fixo posible a detección de clorofluocarbonatos (CFC) e outros gases presentes en pequenas cantidades na atmosfera. En 1961 a NASA interesouse nel para planificar experimentos dirixidos a detectar vida en Marte. Os seus estudios conducírono a negar a posibilidade de que houbese vida en Marte ou en Venus e a formular a hipótese ou teoría de Gaia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor estadounidense. Foi profesor en Harvard e embaixador en España e en Reino Unido. Humanista liberal e abolicionista, escribiu poemas románticos. Máis tarde converteuse nun humanista notable e un crítico da súa época. Da súa produción destacan Biglow Papers, Vision of Sir Launfal e Fable for Critics (1848) e My Study Windows (1871).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director de orquestra de jazz. Coñecido como Jummie Lucenford, entre 1927 e 1940 dirixiu unha orquestra de grande éxito, especialmente grazas aos arranxos do seu trompetista Sy Oliver.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta escocés. Despois dunha laboriosa recollida de manuscritos gaélicos, xunto co tamén poeta John Hume, publicou Fragments of Ancient Poetry... Translated from the Gaelic Language (1760), Fingal (1762) e Temora (1763), onde afirmaba que eran obra dun poeta gaélico do s III chamado Ossian. Recibiu fortes críticas porque non se coñecía ningún manuscrito gaélico anterior ao s X. Probablemente se baseara en parte nuns orixinais antigos que transformou dándolles un contido distinto.
VER O DETALLE DO TERMO