"Anda" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 490.

  • Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘camisa’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘camisería’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen presenta un aspecto sucio ou descoidado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   bandalleira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Anaco de tea roto e moi gastado. SIN: aldraxe, fargallo, farrapo, galdrapo.

    2. Peza de roupa vella e rota. SIN: farrapo.

    3. Quen non coida o seu aspecto externo ou se amosa sucio vestíndose con farrapos. SIN: badanas, baldreo, baldroeiro, baldrogas, bandalleiro, fargallón, farrapeiro, farrapento, pingo, zalapastrán.

    4. Que ten poucos folgos. SIN: pastrán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da Costa de Marfil que nace da unión do Bandama Vermello e do Bandama Branco. Flúe en dirección meridional e desemboca no Océano Atlántico, no golfo de Guinea, preto da localidade de Grand-Labou logo dun percorrido de 720 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Brunei e do distrito de Brunei e Muara (45.867 h [1991]). O seu carácter capitalino reflíctese na importancia dos sectores comercial e administrativo, exercendo unha atracción funcional que abrangue todo o territorio nacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade e porto de Irán, no estreito de Ormuz, ante as illas de Qeshm (273.578 h [1996]). Foi fundada en 1623 polo Xa ‘Abbas I e converteuse no primeiro porto de Persia durante o s XVII. É a capital do ostān de Hormozgān.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ostān do Khūzestān, en Irán. É un dos portos máis importantes do Golfo Pérsico. Logo da Revolución Islámica de 1979 mudou a súa denominación adoptando a actual en homenaxe ao Aiatolá Khomeyni, líder político e espiritual xiíta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bandar-e Khomeyni.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Educouse en Oxford. Nos anos vinte iniciou a súa andaina política fundando en 1937 o Partido Maha Sinhala. Integrado despois no Partido Nacional Unido, dirixido por Senanavake, foi nomeado ministro de Sanidade e de Goberno Local (1948-1951). En 1951 dimitiu e fundou un novo movemento, o Partido Cingalés Socialista pola Liberdade. Por medio dunha fronte popular conseguiu triunfar nas eleccións de 1956 e converteuse en primeiro ministro (1956-1959). Levou a cabo unha política exterior neutralista e, no interior, favoreceu os srilankeses en detrimento das etnias minoritarias. Nun momento de axitación e crise política, foi asasinado por un bonzo extremista, Talduwec Somarana Thero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política. Despois do asasinato do seu marido Salomon Bandaranaike (1959), asumiu o liderado político do Partido da Liberdade de Sri Lanka e converteuse en primeira ministra nas eleccións de 1960, cargo no que continuou a liña política do socialismo moderado iniciada por Salomon Bandaranaike. Estivo na oposición entre 1965 e 1970, neste tempo creou a Fronte Unida cos marxistas e con grupos de esquerdas. En 1972 converteu Ceilán na República de Sri Lanka. Nas eleccións de 1977 sufriu unha derrota que a fixo abandonar o goberno e en 1980 foi expulsada do Parlamento e privada dos seus dereitos civís. No ano 1994 converteuse de novo na primeira ministra, antes do acceso á Presidencia da súa filla Chandrika Bandaranaike Kumaratunga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Movemento brusco dunha embarcación ao balancearse violentamente dun lado a outro.

    2. Calquera golpe que pon en perigo o equilibrio dun corpo en movemento.

    3. Cambio súpeto de opinión ou de comportamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político de Viveiro. Foi alcalde en 1867 e xefe do partido conservador durante os primeiros anos da Restauración. Foi deputado nas cortes (1876-1881). Recibiu a Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Circuíto complexo que permite dosificar independentemente os graves e os agudos nos aparellos amplificadores destinados á reprodución de son, especialmente de música.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da comunidade autónoma de Asturias, drenado polo Pigüeña, afluente do Narcea (2.456 h [1996]). Situado nun terreo moi accidentado, a economía é basicamente gandeira, cunha actividade centrada no bovino de orientación láctea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acontecemento afortunado ou felicidade por algo. OBS: Neste termo o fonema nasal intervocálico ten unha realización nasal velar sonora [?].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín bilingüe editado cada semestre en La Habana, dende 1946 ata 1958. Gabriel Míguez Deus foi o director e redactor, aínda que ás veces contou coa colaboración do asociado Manuel Roldán. Esta publicación realizaba a función de órgano da Unión Mugardesa de La Habana e, como tal, estaba centrada nas actividades desta entidade: festas, vodas, falecementos, notas históricas de Mugardos, crónicas dos pescadores, relatos en castelán con intercalacións en galego, cantigas da comarca, etc. Á marxe destas composicións populares descoñécese a existencia doutras colaboracións literarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de tendencia nacionalista aparecida na década dos anos vinte, editada cada mes. Colaboraron nela varios intelectuais galegos, entre eles, Vicente Risco.

    VER O DETALLE DO TERMO