"Arbo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 184.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto formado por cloro, flúor e carbono. Hainos de diversos tipos, empregados en aerosois, neveiras, aparatos de aire acondicionado, etc. Estes gases son totalmente inertes na atmosfera, pero, por mor da súa menor densidade, ascenden ata a estratosfera e entran en contacto coa capa de ozono. Baixo a acción da luz ultravioleta, os CFC descompóñense liberando un átomo de cloro que se oxida formando un radical clorado (ClO), capaz de romper a molécula de ozono. Debido á súa acción degradante da capa de ozono, os países industrializados chegaron a un acordo o 1 de xaneiro de 1996 para eliminar totalmente o seu uso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Coenzima das descarboxilases dos ácidos α-cetónicos, que cataliza a escisión dun 2-oxoácido a aldehido e dióxido de carbono. É a forma activa da vitamina B1, que normalmente se sintetiza no fígado a partir da cocarboxilase. Adminístrase por vía parenteral cando están alteradas as funcións hepáticas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización económica internacional fundada en París en 1951 por acordo dos gobernos da República Federal de Alemaña, Bélxica, Francia, Italia, Luxemburgo e os Países Baixos. O texto institucional comezou a súa vixencia en 1952, cunha duración de 50 anos, e co obxectivo de acadar a integración económica no sector do carbón e do aceiro. A súa dirección está formada por unha serie de persoas que se elixen cada seis anos con sede en Luxemburgo. Son membros todos os estados adheridos á Comunidade Económica Europea.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capela situada en Darbo. Trátase dunha construción románica de principios do s XIII, formada por unha soa nave e unha ábsida rectangular á que se accede por medio dun arco triunfal de medio punto. Na ábsida destacan dúas cruces antefixas: unha cruz latina con círculo central e sostida por un Agnus Dei, e outra de Santo Andrés ou de entrelazo. No hastial do testeiro da nave consérvase outra cruz antefixa da época románica. Na nave destaca unha fiestra abucinada que se abre no muro norte da nave. No exterior destacan a portada occidental encalada, na que se atopa un tímpano que presenta unha cruz potenzada inscrita nun círculo e tallada con relevo a bisel, e os canzorros de proa que sosteñen os beirís.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Darbo da que se conservan algúns restos en estado ruinoso. Pertenceu ao señorío compostelán e menciónase na Historia Compostelana como refuxio dos inimigos, entre outros, de dona Urraca, Paio Gudesteiz e Rabinado Núñez.
-
PERSOEIRO
Matemático francés. Catedrático de Xeometría Superior na Université de la Sorbonne. Publicou memorias sobre o estudo das superficies ortogonais, ecuacións diferenciais de segunda orde en derivadas parciais, aproximación de funcións, funcións descontinuas, etc. A súa obra Leçon sur la théorie générale des surfaces et les applications géométriques du calcul infinitésimal (Lección sobre a teoría xeral das superficies e as aplicacións xeométricas do cálculo infinitesimal, 1887-1896) constitúe unha síntese de traballos realizados nos campos da xeometría e do cálculo durante o s XIX. Desenvolveu tamén unha nova teoría sobre as superficies alxébricas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Artista plástica alemana. Formouse na Escola de Belas Artes de Hamburgo. Viviu en Nova York (1966-1968), onde se relacionou cos minimalistas e con Sol Lewitt. En 1967 realizou a súa primeira exposición individual e, a partir de 1968, comezou a crear calendarios expostos en columnas. Entre outras mostras participou na Documenta de Kassel (1972-1982). Dende 1973 reescribe obras literarias, entre outras A Eneida.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Michigan, EE UU (897.286 h [1990]). Formouse ao redor da fábrica Ford, establecida en 1920 na periferia de Detroit. É a sede do Instituto Tecnolóxico Edison.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de desarborar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Desmontar ou derrubar os mastros dunha embarcación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de desarborizar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cortar ou destruír as árbores dun terreo.
-
-
Acción de descarbonatar.
-
Operación de descarbonatar a auga de alimentación das caldeiras de vapor ou dos procesos químicos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Quitar dun corpo os ións de carbonato e bicarbonato.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de descarbonizar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que descarboniza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Eliminar dun corpo o carbono que contén.
-
-
Reacción de eliminación dunha ou varias moléculas de dióxido de carbono dun composto orgánico, polo xeral un ácido carboxílico.
-
Reacción enzimática na que se elimina dióxido de carbono mentres se produce simultaneamente unha deshidroxenación.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Someter unha molécula orgánica a descarboxilación.