"Arles" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 266.
-
PERSOEIRO
Militar francés. Coñecido como Charles d’ Espagne, trala Revolución Francesa trasladouse cos seus pais ao Reino Unido e en 1792 a Mallorca. Loitou xunto aos exércitos españois durante a Guerra da Independencia, polo que recibiu o título de conde de España (1817). Apoiou a reacción absolutista de Fernando VII e durante o Trienio Liberal exiliouse a Menorca. Tralo restablecemento do absolutismo foi capitán en Aragón (1824), e en 1827 combateu en Catalunya a sublevación dos Malcontents. En 1832 foi nomeado capitán xeneral de Catalunya, onde destacou polos seus duros castigos. Pouco tempo despois foi substituído e tivo que fuxir a Italia ante a persecución popular. En 1838 adheriuse ao carlismo e foi nomeado capitán xeneral da zona carlista de Catalunya. Restableceu a orde con dureza, feito que lle valeu a súa destitución e posterior asasinato.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e escultor holandés. Realizou obras de gran formato e decorou diversas igrexas católicas en Limburgo. Da súa produción destaca o bronce que conmemora a liberación da cidade de Maastricht. En 1920 gañou o Prix de Rome.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico francés. Foi nomeado director do Instituto de Óptica (1927) e membro da Royal Society (1931). Inventou con Perot un interferómetro para o estudo dos espectros de raias. Comprobou o principio Doppler-Fizeau e no 1913 descubriu o ozono na alta atmosfera.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Comediógrafo e compositor. Autor de vodevís e de libretos de óperas cómicas, foi director da Opéra-Comique de París. Da súa produción destaca Les amours de Bastien e Bastienne (1753), Les trois sultanes (1761) e Les moissonneurs (1768).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático. Estudiou na University of Meryland e na Princeton University, na que se doutorou en 1969. En 1978 otorgóuselle a Medalla Fields por diversas innovacións en análise clásica, útiles no estudo da interficie entre análise harmónica, análise complexa e as ecuacións diferenciais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueólogo e viaxeiro británico. Descubridor das ruínas clásicas de Licia. Entre as súas obras destacan A Journal written during an excursion in Asia Minor (Diario escrito durante unha excursión por Asia Menor, 1839) e Coins of ancient Lycia before the reign of Alexander: with an essay on the relative dates of the Lycian monuments in the British Museum (Moedas da antiga Licia antes do reinado de Alexandre: cun ensaio con datas relativas aos monumentos licios do Museo Británico, 1855). Recibiu o título de sir.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sociolingüista. Estudiou filosofía e linguas orientais na University of Pennsylvania. Especializouse en árabe e bengalí e traballou como especialista en linguas do Próximo Oriente en Washington DC (1947-1955) e, ata 1959, foi lector de lingüística e árabe na Harvard University. De 1959 a 1966 foi director do Center of Applied Linguistics (Centro de Lingüística Aplicada), en Washington DC. Despois continuou cos seus traballos de lingüística aplicada no Committee of Linguistics en Stanford. En 1967 converteuse en profesor de lingüística e director do programa de lingüística da Stanford University. Centrou os seus estudios na linguaxe universal, na adquisición da primeira e da segunda lingua, na relación lingua e sociedade (diglosia), na substitución lingüística e na lingua dos nenos. No debate sociolingüístico recuperou o concepto de diglosia para definir un tipo de situación en que se dá a convivencia, nunha mesma comunidade, entre dúas variedades dunha mesma lingua: unha variedade...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Lingüista estadounidense. Doutorouse en Lingüística na University of Michigan (1961). Durante dez anos foi profesor en The Ohio State University e, en 1971, ingresou no Berkeley’s Department of Linguistics. Gran estudoso da gramática xenerativa de N. Chomsky, en 1963 introduciu a noción de círculo transformacional, elemento integrante da teoría da sintaxe transformacional. A súa contribución máis coñecida é a teoría dos casos -exposta principalmente no artigo “The Case for Case” (1968)-, que explica o comportamento sintáctico dos diversos sintagmas nominais dunha oración baseándose nos seus casos ou no seu papel semántico (axente, obxecto, locativo, instrumental, etc) a través dos que se relaciona co verbo. Investigador do proxecto FrameNet (2002) de lexicografía computacional, cómpre destacar os seus traballos “Frame and the semantics of understanding” (1985), “Corpus linguistics vs. Computer-aided armchair linguistics” (1992) e “Starting where the ditionaries stop: the...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Botánico ficólogo. Discípulo de Jean-Baptiste Édouard Bornet, foi un investigador de gran modestia e curiosidade, especialmente hábil na recolección e preparación de exemplares. Foi un dos primeiros teóricos da fitosocioloxía e iniciador da cartografía da vexetación. No congreso internacional de Botánica de Bruxelas, en 1910, en colaboración co botánico suízo Karl Schrötter, estableceu o consenso necesario para sentar as bases da nomenclatura xeobotánica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político inglés. Loitou no exército do Parlamento durante a Guerra Civil contra Carlos I de Inglaterra e desde 1652 exerceu como lord deputado de Irlanda, onde continuou a política de O. Cromwell de expropiación e entrega de terras a propietarios de orixe inglesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e economista francés. Encadrado na corrente do socialismo utópico, elaborou un sistema social fundado nos falansterios, comunidades de persoas en réxime de cooperativa de produción e consumo. Propugnou a creación dunha sociedade, onde os homes fosen libres de todas as forzas que lle teñen limitado o exercicio das propias posibilidades e o desenvolvemento completo da personalidade; e o amor libre, posto que consideraba que a familia e o matrimonio eran institucións oprimentes. Malia ter defendido unha reforma da sociedade, defendeu a monarquía, pois non impedía a posta en práctica de ningún dos cambios propostos. Considérase como un dos precursores do cooperativismo actual. Entre as súas obras máis importantes cómpre destacar Théorie des quatre mouvements et des destinées génerales (1808), Théorie de l’unité universelle (1822) e Le nouveau monde industriel et sociétaire (1829).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político británico. Parlamentario liberal, foi ministro de Exteriores en catro ocasións. Partidario da emancipación dos EE UU, da igualdade de dereitos civís en Irlanda e das reformas constitucionais en Inglaterra, foi o artífice da abolición da escravitude no Reino Unido. Opúxose ao despotismo do Rei Xurxo III e defendeu a Revolución Francesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico e mineraloxista francés. No 1887, xunto con J. M. Crafts, descubriu o uso do cloruro de aluminio en reaccións de síntese de homólogos do benceno, coñecida como reacción de Friedel e Crafts.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. En 1848 obtivo o Prix de Roma co proxecto dun conservatorio para as artes. En 1860 converteuse en arquitecto da vila de París e ao ano seguinte comezou a construción da Opera, que rematou en 1875. Das súas obras destacan o casino de Montecarlo (1878), o casino e o balneario de Vittel e o observatorio de Nice. Escribiu À travers les arts (1869), Étude sur le théâtre (1871) e Nouvelle Opéra de Paris (1874).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político francés. Graduado na Academia Militar de Saint-Cyr, interveu na Primeira Guerra Mundial, e posteriormente foi membro do Consello Superior de Guerra do mariscal Pétain (1925). Trala toma de París polos alemáns, durante a Segunda Guerra Mundial, fuxiu a Londres, onde constituíu o Comité de Liberación Nacional (xuño de 1940), que copresidiu xunto a H. Giraud ata 1944, data na que constituíu o goberno provisional da República Francesa. En agosto de 1944 comandou as tropas que entraron na capital liberada e rematada a guerra, e a Asemblea Constituínte nomeouno presidente do Goberno provisional en novembro de 1945, pero dimitiu en xaneiro de 1946 por desacordos coa política partidista imperante. En 1958 foi elixido presidente da República e comezou unha política baseada na pacificación colonial, o desenvolvemento económico e social, o europeísmo e a independencia nacional francesa respecto aos grandes bloques. Criticou a política norteamericana no Vietnam, vetou o ingreso de...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor inglés. Formouse en París e en 1910 estableceuse en Londres. Foi un dos fundadores do Camden Town Group. Realizou paisaxes e escenas de cidades caracterizadas polas pinceladas grosas e regulares e polos contornos firmes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor suízo. Foi profesor na École Nationale Supérieure des Beaux-Arts de París e tivo un obradoiro no que se formaron, entre outros, A. Renoir, C. Monet, A. Sisley, J. Whistler e F. Bazille. Das súas obras destacan Illusions perdues (1843).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político suízo. Foi presidente do goberno cantonal (1886-1887), membro do Consello de Estados (1884-1890) e, desde 1890, membro do Gran Concello. Cofundador da Interparliamentary Union (1889), foi elixido o seu director na IV conferencia (1892). En 1906 pasou a dirixir a International Peace Bureau. Das súas obras históricas destacan République de Berne et la France pendant les guerres de religion (1891) e Histoire de la Suisse racontée au peuple (1900). En 1902 recibiu o Premio Nobel da Paz.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Coñecido como Gordon Paxá, participou na Guerra de Crimea, nas campañas da India e na expedición francobritánica en China (1860). Entrou ao servizo dos exipcios como gobernador do Sudán Meridional, onde dirixiu unha campaña contra o tráfico de escravos (1874), e posteriormente foi gobernador xeral de Sudán ata 1879. Ocupou diversos cargos en Sudáfrica, China e a India, e volveu a Sudán en 1884 para organizar a retirada; sen embargo, decidiu conter a revolta de Mu ḥ ammad A ḥ mad ibn ‘Abd Allāh e, despois de dez meses de cerco en Khartoum, morreu asasinado antes da chegada das tropas de reforzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Foi director da Royal Albert Hall Choral Society de Londres e influíu na obra de G. Bizet, C. Saint-Saëns e J. Massenet. Compuxo óperas como Sapho (1851), Le médecin malgré lui (1858), Faust (1859) e Romeo et Juliette (1867). Tamén escribiu música relixiosa, como Ave Maria e Messe solennelle de Sainte-Cécile (1855), música sinfónica, oratorios e cancións. En 1939 gañou o Premio de Roma coa cantata Fernand.
VER O DETALLE DO TERMO