"BD" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 171.

  • Dividir(se) en partes algo que xa se dividiu anteriormente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de subdividir ou subdividirse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cuarto grao da escala diatónica, situado entre a mediante e a dominante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afundimento dunha placa litosférica por debaixo doutra. As zonas de subdución son os bordos destrutivos das placas onde a litosfera oceánica penetra profundamente no manto e é absorbida. As zonas de subdución na superficie son as fosas oceánicas, ás que pode haber asociado un arco de illas ou unha cordilleira no nivel da liña de costa. Son áreas cunha intensa actividade volcánica e sísmica, e os focos sísmicos atópanse situados sobre o plano de Bemoff.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao número ou cantidade que é a metade exacta doutro ou doutra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta árabe preislámico. Autor da corte do soberano de Hīra, escribiu un diván de poemas libertinos e unha muwaxaha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, situado en La Hoya de Málaga, á beira do Guadalhorce (2.972 h [2001]). A agricultura de secaño e a gandaría son a base da súa economía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Derradeiro emir de Al-Andalus (747-759). Conseguiu o poder co apoio de Palatino; Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >Ṣ umayl al-Kilabī, xefe dos sirios chegados a Al-Andalus coas mesnadas de Bal Palatino;Palatino; Palatino;ǧ . Tentou frear as aspiracións de ‘Abd al-Ra Palatino;Palatino; Palatino;ḥ mān I de instalarse en Al- Andalus. Foi derrotado por este na ribeira do Guadalquivir (756), preto de Córdoba e tivo que refuxiarse en Mérida. Enfrontáronse de novo e foi derrotado e executado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Abd el-Krim (Ajdir, Al-Hoceima, Rif 1882 - O Cairo 1963) Caíde da Cabila dos Beni Uryagel e Cadí (gobernador) de Melilla, ao servizo do Goberno Español ata 1921, cando agrupou varias tribos baixo o seu mando e organizou a insurrección contra os poderes coloniais predicando unha guerra santa. Logo da súa vitoria en Annual contra as tropas españolas comandadas polo Xeneral Silvestre (xullo 1921) e a captura do seu rival Raysūlī (1925) converteuse no líder da insurrección de Marrocos. No ano 1925 atacou o territorio francés tentando tomar Fez, o que provocou que os gobernos de España e Francia respondesen conxuntamente co Desembarco de Alhucemas (febreiro 1926), ofensiva que provocou a rendición sen condicións de ‘Abd al-Karīm (maio 1926) que se entregou aos franceses, sendo deportado á illa Reunión ata o 1947, cando se lle permitiu volver a Francia; fuxido durante a viaxe, pediu asilo ao Rei Faruk de Exipto, proseguindo dende O Cairo a loita antifrancesa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Quinto Califa omeia (685-705). Fillo de Marwān I, ao subir ao trono tivo que reconquistar Iraq (690), onde non era recoñecido, e loitar contra Ibn Zubayr, quen lle opuxo resistencia en Arabia ata a súa morte (692). Suprimiu a moeda bizantina e cuñou, por vez primeira, moeda de ouro islámica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emir do Al-Andalus no ano 733. Combateu contra os hispanos e os vascóns e foi destituído no 734. No 741 volveu ser nomeado, tivo que facer fronte a unha rebelión dos bérberes; solicitou axuda a Bal ǧ ibn Bišr al-Qušayrī quen o destituíu e executou despois da vitoria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor iraquí. Autor da colecciónNašīd al-ar(O himno da terra, 1954).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ḥ ā ǧ ib (chanceleiro e responsable das finanzas) do Califato de Córdoba (991) e Gobernador Xeral de Marrocos (998). Sucedeu ao seu pai Almanzor no 1002, mantendo a Hišām II como soberano de dereito. As razzias que realizou valéronlle o alcume de ‘al-Muaffar (‘o triunfador’), castigando nelas, sobre todo trala morte de seu pai, o territorio galego-leonés durante os primeiros anos do reinado de Afonso V, vencedor de seu pai.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Primeiro Califa almohade. No 1130, á morte de Ibn Tūmart, de quen era discípulo, foi nomeado Califa. Conquistou Marrocos aos almorábides e fixo de Marrakech a súa capital. Rematou cos reinos de Taifas da Península Ibérica no 1157.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor árabe, fundador da seita qādiriyya. Autor dunha colección de sermonarios e libros piadosos. Os musulmáns venérano como santo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudito, tradutor e xornalista sirio. Foi un dos precursores do renacemento cultural Naa en Siria. Autor dunhas memorias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor exipcio. Autor de novelas sociais como Al-Ard (A terra, 1954) e Muammad rasūl al-hurriyya (Mahoma, apóstolo da liberdade, 1962), obra que desencadeou un grande escándalo político-relixioso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor exipcio. Profesor de Filosofía, tradutor de Cervantes, crítico literario e introdutor do Existencialismo en Exipto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Primeiro Emir independente do Al-Andalus. Fillo de Mu’āwiya ibn Hišām e considerado único supervivente da matanza que Abū-l-Abbās fixo cos omeias de Damasco. Derrotou a Yūsuf al-Fihrī preto de Córdoba (756) e proclamouse Emir independente (773). Fixo fronte a unha situación inestable no interior e no exterior. Co obxecto de harmonizar o mosaico de pobos que habitaban o Al-Andalus implantou unha política de tolerancia pero, así e todo, tivo que reprimir con dureza numerosas revoltas. Iniciou a construción da mesquita de Córdoba (786).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sultán alauita de Marrocos (1822-1859), sucedeu a Sulaymān I e antecedeu a Mu ḥ ammad ibn ‘Abd al-Ra ḥ man. En 1828 tivo que facer fronte ao ataque austríaco contra os portos do reino de Marrocos por consecuencia do seu apoio á piratería. Logo, en 1844 e 1845, enfrontouse a Francia por causa do seu apoio a ‘Abd al-Qādir al- Ḥ a ӯӯ , Emir de Alxeria que se refuxiou en Marrocos logo da ocupación dese Emirato polos franceses. Non obstante , malia estes conflitos, asinou diferentes tratados comerciais con Francia e Gran Bretaña.

    VER O DETALLE DO TERMO