"Bes" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 224.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sopa típica da costa mediterránea francesa consistente en peixe cocido, con especias fortes, viño e aceite que se serve en rebandas de pan.
-
PERSOEIRO
Político de Guyana. Cofundador do People’s National Congress, foi elixido primeiro ministro en 1964, cargo desde o que negociou a independencia do país (1966). Foi elixido presidente da República en 1980, despois da adopción dunha nova Constitución que lle confería poderes superiores.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador catalán en lingua provenzal. Participou na Batalla de Las Navas de Tolosa. Segundo a lenda, á que contribuíron autores como Boccaccio ou Stendhal, estivo namorado de Saurimonda, muller de Ramon de Castell-Rosselló; o marido, celoso, matouno e deulle o seu corazón como manxar á dona, quen, ao sabelo, se suicidou. Consérvanse nove cansós súas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor románico anónimo. Caracterízase polo pregamento das vestiduras, pola forma das mans e, sobre todo, pola expresión das cabezas, de onde emerxen os ollos, marcados con dous golpes do trépano baixo o arco das cellas. Da súa autoría destaca o tímpano da igrexa de Cabestany, no Rossellón. Tamén desenvolveu a súa actividade por Catalunya, Navarra e Toscana.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Pano ou aparato que se colga do pescozo e que serve para termar dunha man ou dun brazo cando están magoados.
-
Peza da sela do cabalo na que o xinete apoia os pés.
-
Corda que se une pola parte superior ás dúas cangallas interiores do xugo.
-
Correa longa coa que os zapateiros aseguran os zapatos sobre os xeonllos.
-
Tolete fixado na proa da dorna do que se amarra, mediante un cazulete, a poia inferior da vela.
-
-
-
Corda resistente e longa que se usa, especialmente, para atar a carga do carro e impedir que se espalle.
-
Corda que se usa para pendurar o porco despois de morto.
-
Correa ou corda que se ata á cabeza das bestas para poder guialas.
-
Boi manso que guía os touros bravos.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos cálibes.
-
Individuo do pobo cálibe.
-
Pobo que habitou a zona oriental do Ponto Euxino. Segundo a tradición grega, os cálibes foron os primeiros que traballaron o ferro.
-
-
PERSOEIRO
Músico e compositor. Formado dun xeito autodidacta, aprendeu a tocar o bombardino e case que todos os instrumentos bandísticos. Realizou un destacado traballo no eido das bandas populares de Galicia, dirixiu a banda da súa vila (1926-1949) e algunhas outras, entre as que cómpre citar as de Viveiro, Monterroso, Ordes, Padrón e Cuntis. Compuxo máis de 200 pezas musicais para banda que foron catalogadas e editadas, e realizou un labor moi importante nos arranxos musicais. Estivo preso no lazareto de San Simón durante vinte e dous meses. A súa derradeira composición foi Noches del Santo Cristo, obra de concerto conservada manuscrita no arquivo da banda de música de Padrón.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ento frío e seco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Indonesia (69.726 km2; 1.947.500 h [estim 1995]). A súa capital é Palu (298.584 h [1980]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Indonesia (72.781 km2; 7.577.800 h [estim 1995]). A súa capital é Ujung Pandang.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Indonesia (19.023 km2; 2.652.300 h [estim 1995]). A súa capital é Manado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Indonesia (27.686 km2; 1.594.000 h [estim 1995]). A súa capital é Kendari (41.021 h [1980]).
-
ILLAS
Arquipélago de Indonesia. Esténdese entre o estreito de Macassar ao O, o mar de Célebes ao N, o mar das Molucas e o mar de Banda ao L, e o mar de Flores ao S. Está constituído por unha grande illa, Célebes (Sulawesi), e por outras máis pequenas, entre as que destacan Butung, Peleng, Muna, Kabia e Banggai. As illas Célebes están compostas por catro penínsulas moi accidentadas e formadas principalmente por lousa e macizos graníticos. O clima é ecuatorial e propicia unha vexetación dominada polo bosque tropical. A poboación está integrada por distintos pobos e tribos; destacan na península de Macassar os macasares e os bugis musulmáns. A principal actividade económica é a agricultura. Exporta café, copra e millo. Ujung Pandang (na antiga Macassar) é o porto e centro comercial principal da illa. No s XIV establecéronse soldados musulmáns no sector meridional. En 1512 os portugueses explorárona e establecéronse nela. A comezos do s XVII comezaron a penetrar nas illas do arquipélago os holandeses,...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mar do Océano Índico, entre as illas de Borneo, Mindanao e as Célebes.
-
RIOS
Río de Zambia que nace ao S do lago Tangañika (600 km); flúe en dirección NL-SO e desaparece nos lamazais da marxe oriental do lago Bangweulu.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do departamento dos Altos do Sena, na Île-de-France, Francia, situada dentro da área metropolitana de París, na beira esquerda do río Sena (78.513 h [1990]). É un núcleo industrial e centro importante de axencias publicitarias.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político francés. Membro do Partido Radical, foi ministro de Instrución Pública (1895-1896) e presidente do goberno (1902-1905). Mantivo unha política anticlerical coa que, a partir de 1904, lles prohibiu ás congregacións relixiosas o exercicio do ensino e coa que formulaba a separación Igrexa-Estado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización creada en Abū Ẓ aby en 1981 coa finalidade de promover a coordinación económica, política, cultural, militar e social dos estados do Golfo Pérsico. Está constituída por Arabia Saudí, Bahrain, Kuwait, Omán, Qatar e os Emiratos Árabes Unidos. A súa sede está en Al-Riyād. Entre as políticas aplicadas figuran a abolición de taxas aduaneiras dos artigos producidos por cada país, a libre circulación de persoas e vehículos, e a coordinación de programas de comercio e desenvolvemento.
-
-
Relativo ou pertencente a Córdoba ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Córdoba.
-
Denominación que abrangue a arte hispanomusulmana producida dende o momento da chegada dos árabes ata a desmembración do califato de Córdoba. Acadou o seu esplendor durante o desenvolvemento do califato e coa construción da mesquita de Córdoba.
-