cordobés -sa
cordobés -sa
(< topónimo Córdoba)
-
adx
Relativo ou pertencente a Córdoba ou aos seus habitantes.
-
s
Natural ou habitante de Córdoba.
-
arte cordobesa
Denominación que abrangue a arte hispanomusulmana producida dende o momento da chegada dos árabes ata a desmembración do califato de Córdoba. Acadou o seu esplendor durante o desenvolvemento do califato e coa construción da mesquita de Córdoba.