"COU" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 304.
-
FILOSOFOS
Filósofo e político liberal. Logo dunha intensa actividade política, chegou a ser ministro de Instrución en 1840 no goberno de Thiers. Tralo golpe de Estado de 1851 dedicouse exclusivamente á filosofía. Ecléctico e espiritualista, o seu método orixinou unha renovación do interese pola historia da filosofía. De entre a súa numerosa obra destaca Cours d’histoire de la philosophie moderne (Curso de historia da filosofía moderna, 1841), publicado en dúas series. Da primeira, publicada en 5 volumes en 1841 e que recolle cursos dados de 1815 a 1820, destacan: Du vrai, du beau et du bien (Do verdadeiro, da bondade e do ben) e Philosophie de Kant (Filosofía de Kant). A segunda recolle cursos de 1828 e 1829.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pedagogo francés. Licenciouse en Letras na Université de La Sorbonne. Foi inspector de ensino primario e profesor de pedagoxía na Sorbonne. Influído por J. J. Rousseau e E. Durkheim, pertenceu ao movemento de renovación de estruturas e de métodos de ensino, e consideraba que a esencia da educación é a socialización. Pertenceu ao grupo dos fundadores da Escola Nova, xunto con Claparède, Ferrière e outros. Creou a Revista Nouvelle Éducation, instrumento de difusión das ideas da Escola Nova. Substituíu a pedagoxía do ensino pola pedagoxía da aprendizaxe: o profesor non lles expuña o saber aos alumnos senón que se traballaba en grupo para realizar as descubertas colectivamente. Desenvolveu a práctica dos grupos de traballo libre, que se forman segundo o ritmo de actividade intelectual, o nivel común de aptitudes e os intereses dos rapaces. Entre as súas obras, cómpre destacar Une méthode de travail libre par groupes (Un método de traballo libre por grupos, 1945), L’enseignement...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Coutiño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe portuguesa que leva como armas, en campo de ouro, cinco estrelas de goles, postas en aspa.
-
GALICIA
Gravador e artesán. Traballou fundamentalmente o marfil. Foi conservador do Museo de Ultramar (Madrid) e traballou na delegación española da Exposición Universal de París de 1878. Foi galardoado na Exposición Rexional de Galicia (Santiago de Compostela, 1858) e na Exposición Universal de París (1874). Foi membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. O seu irmán, Mariano Cousiño Vázquez (Pontevedra 23.6.1828 - 12.3.1914) foi tamén gravador. Realizou crucifixos, camafeos e outras pezas en marfil, óso ou aceiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
frei (? - 1769?) Mestre de obras e leigo dominicano. Chegou a Santiago de Compostela en 1717 para dirixir as obras da biblioteca da Universidade, que se estaba a construír a carón dos colexios de Fonseca e San Xerome.
-
GALICIA
Avogado e historiador, sobriño do padre Sarmiento. Escribiu Memoria para la historia de la vida exterior e interior de Fr. Martín Sarmiento, beneditino e Historia de Pontevedra.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Depósito de madeira ou de cantería onde se garda o gran dos cereais.
-
Compartimento dunha arca.
-
Pequena veiga cercada ou lugar da horta destinado ao cultivo de legumes.
-
Parte esquerda dunha embarcación.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera obxecto do que non se coñece o nome ou non se lembra no momento.
-
RIOS
Río afluente do Avia pola dereita. Nace a 500 m de altitude na parroquia de Couso (concello de Avión), da confluencia de varios regos que baixan da serra do Suído. Discorre aproveitando os accidentes tectónicos e variando a dirección do seu curso do mesmo xeito ca eles, aínda que a súa tendencia xeral debuxa unha traxectoria O-L. Desemboca no encoro de Albarellos, logo dun percorrido duns 5 km.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta do litoral sudoccidental da parroquia de Aguiño, situada no concello de Ribeira, que constitúe o extremo SO da península do Barbanza. Ao seu L sitúase a praia de Couso, a derradeira da beira setentrional da ría de Arousa.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Coristanco baixo a advocación de san Miguel.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello da Estrada baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Gondomar baixo a advocación de san Cristovo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Apelido de orixe toponímica que se documenta no s XIII: “Fernan Perez de Cousso” (doc ano 1294 en Manuel Lucas Álvarez/P. P. Lucas Domínguez, San Pedro de Ramirás. Un monasterio femenino en la Edad Media. Colección diplomática, p 443, 1988).
-
Liñaxe que trae por armas, en campo de prata, catro paos de goles.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Sandiás baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Sandiás. De orixe románica, ampliouse no s XVII. No interior destaca o retablo maior barroco.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Muíños. Construída no s XVII, trátase dun templo de nave única. O arco triunfal apóiase sobre pilastras e permite o acceso ao presbiterio e á sancristía. No interior destaca o retablo, organizado en dous corpos e tres rúas, onde sobresaen, entre outras, as imaxes de Santiago cabaleiro, santa Bárbara e a Virxe do Carme. Na fachada principal destacan a porta de acceso, formada por un arco de medio punto, e a espadana dun só corpo.
VER O DETALLE DO TERMO