"Chan" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 202.

    1. Canteira ou lugar do que se extraen chantas.

    2. Cada unha das pezas de madeira nas que xira o eixe do carro.

    3. Pé dunha planta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENSEADAS

    Enseada e praia do litoral occidental da parroquia de Cervás, no concello de Ares, situada entre as puntas do Segaño, ao N, e Coitelada, ao S.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae como armas escudo partido: primeira partición, en campo de sinople, cun castelo de prata; segunda partición, en campo de sinople, cunha banda de ouro, engulida en cabezas de dragóns de sinople (armas dos Andrade). Outra variante leva escudo partido: primeira partición, en campo de goles, cun cabalo de prata; segunda partición, en campo de azul, cunha banda de prata, engulida en cabezas de dragóns do mesmo metal. Outros levan un castelo e bordo coa lenda “Ave María”.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que fai chantos.

    2. Póla que se introduce na terra para que prenda.

    3. Pao, estaca ou póla que se crava no chan para facer un valado.

    4. Pé dunha planta.

    5. Talo da col.

    6. Anaco grande de pan con moita codia.

    7. Paraugas grande, que se chanta no chan, usado para abrigarse da chuvia e para protexer os produtos dos vendedores das feiras e mercados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ermida de estilo gótico, situada en San Pedro de Cervás (Ares), construída por Fernán Pérez de Andrade, señor de Ferrol e Pontedeume, no s XIV. En 1396 Juan García Manrique, arcebispo de Compostela, cedeuna ao mosteiro franciscano de Santa Catalina de Montefaro, que a rexeu ata a súa exclaustración. Trátase dun edificio de pequenas dimensións que presenta unha planta de nave única e ábsida rectangular cuberta con bóveda nervada. No exterior presenta unha fábrica austera na que destaca a espadana barroca do s XVII, a decoración de canzorros e a porta de acceso. No tímpano consérvanse as figuras da Virxe sedente co Neno, acompañada de san Francisco e dun frade da súa orde. No interior está a imaxe da Virxe da Mercé, unha talla policromada e procesional que segundo a tradición apareceu na praia de Chanteiro tras ser arrastrada polas ondas. No lugar do suposto achado, preto da capela, está a fonte da Virxe. Unha tradición de comezos do s XV relacionou a intercesión da Nosa Señora da Mercé coa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Changwat de Tailandia (6.338 km2; 459.955 h [estim 1993]). A capital é Chanthaburi (45.746 h [1993]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do departamento de Val-d’Oise, na Île-de-France, Francia, situada preto do bosque de Chantilly (11.341 h [estim 1988]). É un centro industrial (fabricación de película fotográfica) e turístico. Teñen tradición as carreiras de cabalos do seu hipódromo. Cara ao 1530, os Montmorency converteron o seu castelo medieval nun dos máis notables castelos franceses, e no 1632 pasou aos Condé. Consta de dúas partes: o Grand-Château, reconstruído no s XIX, e o Petit-Château ou châtelet, obra de Jean Bullant (1560). No seu interior acolle o Musée Condé. A manufactura da porcelana de Chantilly, creada en 1735, perdurou ata 1870, e produciu pezas de formas europeas con decoración de inspiración xaponesa. No s XVIII tivo moita importancia a confección de encaixes de Chantilly con motivos ornamentais en forma de flores, paxaros, bolboretas ou outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Crema escumosa feita de nata, azucre moído e vainilla ou canela.

    2. Pequeno pastel formado por dúas finas capas de masa follada entre as que se dispón un recheo da crema de chantilly.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lousa ou pedra grande que se coloca verticalmente nas marxes dun terreo para cercalo.

    2. Pao, estaca ou rama que se crava no chan para formar un valado.

    3. Fragmento lítico de pouco espesor orixinado predominantemente por meteorización física a partir de rochas estruturadas en planos de esquistosidade (xistos, lousas, etc).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. chanto.

      1. Pao colocado verticalmente que soporta algunha cousa.

      2. Pao que se crava na terra polo seu extremo inferior para suxeitar algo, especialmente os talos e as pólas das plantas.

    2. Cada un dos cravos que suxeitan a lamia do carro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista francés. Especializouse no estudo comparativo do grego antigo e publicou, entre outras obras, La formation des noms en grec (A formación dos nomes en grego, 1932), Grammaire homérique (Gramática homérica, 1942 e 1953) e Ditionnaire étymologique de la langue grecque (Dicionario etimolóxico da lingua grega), que se comezou a publicar en 1967.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Eclesiástico que dirixía o coro nas catedrais e colexiatas. Trátase dunha dignidade eclesiástica que ten a súa orixe no oficio de director de escola de catedrais e mosteiros, que implicaba o ensino das humanidades e do canto. Entre o s X e o XIII exerceu as funcións de primeiro cantor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crego absolutista. Foi reitor de San Bieito en Santiago de Compostela e cóengo da catedral. Fundou a igrexa das Ánimas de Santiago de Compostela. Foi administrador xeral do Real Hospital de Santiago de Compostela e vogal da xunta de purificación constituída en 1823 para perseguir os liberais. Colaborador das publicacións absolutistas El Sensato e La Estafeta, editou Pronta contestación que da el cura de San Benito D. Manuel Chantre y Torre a la posta que recibió por la “Gaceta Marcial” del 2 de marzo de 1813 (1813) e a Respuesta al artículo “Época Milagrera” de la “Gaceta Marcial” (1813).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor inglés. Foi aprendiz dun tallista en Sheffield e logo ingresou na Royal Academy de Londres. Realizou un gran número de bustos, entre os que destacan os de William Pitt, Sir Walter Scott (1828) e George Canning. Entre outras obras sobresaen Lady Frederica Stanhope at Chevening Church (1824) e a estatua ecuestre de Xurxo IV en Trafalgar Square (Londres, 1828).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dignidade de chantre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de regos dun terreo cultivable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dito ou feito gracioso para rirse de alguén, pero sen pretensión de facer dano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada unha das pezas horizontais dunha escaleira, onde se pisa cando se sobe e baixa.

    2. Travesa horizontal dunha escada, onde se apoian os pés.

    3. Travesa dunha grade.

    4. Listón de madeira colocado horizontalmente nunha cancela ou nun portelo.

    5. Cada un dos diferentes niveis nos que se sentan os espectadores dun estadio, dun anfiteatro ou doutra instalación semellante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista bengalí. Influído por Walter Scott, cultivou a novela histórica e chegou a ser un dos autores máis populares da India do seu tempo. É autor da canción india Bande Mātaram (Saúdo á nai).

    VER O DETALLE DO TERMO