chanzo

chanzo
  1. s m

    Cada unha das pezas horizontais dunha escaleira, onde se pisa cando se sobe e baixa.

    Ex: As escaleiras da casa que están a construír teñen quince chanzos.

    Sinónimos: banceira, banzo.
  2. s m

    Travesa horizontal dunha escada, onde se apoian os pés.

    Ex: Non collas esa escada que lle faltan algúns chanzos.

    Sinónimos: banceira, banzo.
  3. s m

    Travesa dunha grade.

    Ex: Cada un dos chanzos da grade leva varios dentes para remover a terra.

  4. s m

    Listón de madeira colocado horizontalmente nunha cancela ou nun portelo.

    Ex: O coello intentaba escapar do cazador, pero quedou atrapado nos chanzos da cancela.

  5. s m

    Cada un dos diferentes niveis nos que se sentan os espectadores dun estadio, dun anfiteatro ou doutra instalación semellante.

    Ex: Pintaron de verde os chanzos do pavillón de deportes. Colocaron asentos de plástico nos chanzos do estadio de fútbol.

Formas incorrectas

escalón, grada, graderío

Palabras veciñas

chantría | 1 chanza | 2 chanza | chanzo | Chao | Chao de Castro | Chao do Fabeiro, O