"Cher" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 150.
-
VER O DETALLE DO TERMO
poucheno das cabacas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos, da familia das corticiáceas, que medra en forma de placas ou manchas azuis sobre todo tipo de madeira. En Galicia destaca a presenza da especie P. caeruleum.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de árbores, da familia das bignoniáceas, con follas bipinnadas con folíolos elípticos ou ovais, de cor verde escura, flores tubulares, de cor branca dispostas en panícula, froito en cápsula e sementes aladas. En Galicia está presente a especie R. sinica nalgúns parques e xardíns das Rías Baixas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Canción e danza tradicional de Arxentina, Perú, Venezuela e México.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título xeral da obra de Marcel Proust en que o autor realiza unha crónica da evolución da sociedade francesa desde a guerra de 1870 ata a Primeira Guerra Mundial. Considerada como a culminación da novela do s XIX e un dos puntos de partida fundamentais da do s XX, está composta polas novelas Du côté de chez Swann (1913), À l’ombre des jeunes filles en fleur (1918), Le côté de Guermantes (1920), Sodome et Gomorrhe (1922), La prisonnière (1923), Albertine desparue (1925) e Le temps retrouvé (1927).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Número que indica os milímetros de álcali 0,1 normal que neutralizan os ácidos graxos volátiles e solubles en auga (butírico, caproico) de 5 g de graxa. É importante na análise da manteiga e dos seus sucedáneos.
-
PERSOEIRO
Canonista francés. Síndico de La Sorbonne (1602-1618), foi destituído por defender o galicanismo, que formulou en De ecclesiastica et politica potestate libellus (1611), que serviu de fundamento aos Estados Xerais de 1614.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo francés. Por encargo da Académie des Sciences realizou unha misión científica en Cayenne (1672-1673) durante a que determinou a paralaxe de Marte. Elaborou un novo método dinámico para determinar a forma da Terra.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Teorema cuxo espazo 2 de funcións de cadrado integrable respecto a unha medida m (f: ÙDC, ∫ Y f Y2d m < ∞) é un espazo completo. É un resultado básico na análise de Fourier.
-
PERSOEIRO
Economista alemán. Pertenceu á vella escola histórica. Escribiu Grundriss zu Vorlesungen über die Staatswirtschaft nach geschichtlicher Methode (Fundamento para o curso de economía política segundo o método histórico, 1843) e System der Volkswirtschaft (Sistema de economía popular, 1854-1894).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Formouse no Santa Monica College Art Department de Los Angeles (1984-1988) e, pensionado pola Deputación da Coruña, ampliou estudos de escultura monumental en exteriores na Syracuse University (1992-1993). Das súas obras destacan Blizardo diablo no Stone Quarry Hill Art Park de Cazenovic (New York, 1993) e Deifo, no Paseo Marítimo de Ézaro (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático italiano. Foi o primeiro en analizar e discutir o quinto postulado de Euclides e propuxo unha xeometría non euclidiana. Recolleu as súas comprobacións en Euclides ab omni naevo vindicatus.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor austríaco. Coñecido como Zoë von Rodenbach, as súas novelas, das que destaca Die geschiedene Frau (A muller divorciada, 1870), evocan dunha maneira pesimista a vida familiar. O comportamento erótico de moitos dos seus personaxes deu orixe á creación do termo ‘masoquismo’.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador francés. Coñecido como Scévole de Sainte-Marthe, foi historiógrafo do rei (1620). Escribiu Histoire généalogique de la maison de France (1619), xunto co seu irmán, e continuou Gallia christiana, de J. Chenu.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ximnasta bielorruso. Considerado como un dos mellores ximnastas da historia, ademais de proclamarse campión mundial diversas ocasións, obtivo seis medallas de ouro nos Xogos Olímpicos de Barcelona de 1992 no concurso xeral individual e por equipos, en cabalo con arcos, barras paralelas, salto de cabalo e en argolas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor. Coñecido como Rock Hudson, desempeñou principalmente papeis de galán. Destaca a súa interpretación nos filmes Fighter Squadron (1948), Tomahawk (1951), Magnificent Obsession (1954), Giant (1956), A Farewell to Arms (1957), Twilight for the gods (1959), Hornet’s Nest (1970) e The Ambassador (1984) e en diversas series e filmes para a televisión.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico suízo. Fixo investigacións sobre os raios X, física nuclear, teoría cuántica, estrutura cristalina e magnetismo. En 1916 desenvolveu, con Debye, un procedemento de aplicación dos raios X á análise de substancias en po.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Executando unha composición musical ou un fragmento de maneira lixeira, viva e alegre.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peza vogal ou instrumental de carácter lixeiro e sen forma fixa empregada nos ss XVI e XVII. Os máis coñecidos son os Scherzi musicali de Monteverdi. En 1781 Hydn introduciuno nos seus cuartetos op.33, coñecidos como Gli scherzi, para substituír o minueto, e xeneralizouse nestas formas musicais. No s XIX convertéronse nunha composición independente, de carácter dramático, como o scherzo nº 1 de Chopin.