scherzo*

scherzo*
s m [MÚS]

Peza vogal ou instrumental de carácter lixeiro e sen forma fixa empregada nos ss XVI e XVII. Os máis coñecidos son os Scherzi musicali de Monteverdi. En 1781 Hydn introduciuno nos seus cuartetos op.33, coñecidos como Gli scherzi, para substituír o minueto, e xeneralizouse nestas formas musicais. No s XIX convertéronse nunha composición independente, de carácter dramático, como o scherzo nº 1 de Chopin.