"Conde" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 167.
-
GALICIA
Sacerdote e erudito. Doutorado en Sagrada Teoloxía pola Universidade Gregoriana de Roma, foi profesor de arqueoloxía e paleografía latina no seminario de Lugo. Colaborou en numerosos xornais e revistas especializadas, como o Boletín da Comisión de Monumentos de Lugo, e entre as súas obras destacan, Las funciones benéfico docentes del Seminario de Lugo (1916). Foi membro da xunta do Museo Provincial de Lugo e da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador portugués, de orixe aristocrática. Tío do trobador Rodrigu’Eanes de Vasconcelos e cuñado de Johan Soarez Coelho, hai quen o identifica con Gil Perez Feijó. Algúns investigadores pensan que en 1248 tivo que fuxir a Castela, despois do conflito pola sucesión ao trono portugués entre Sancho II e Afonso III o Boloñes; desde 1269 é vasalo de Afonso X e en 1286 infanzón na corte do seu sucesor, Sancho IV. Na corte castelá relacionouse con Gomez Garcia, Johan Vasquiz de Talaveira e Rodrigu’Eanes Redondo no momento da expedición de Sancho IV a Baiona co gallo de se entrevistar con Filipe IV o Fermoso. As súas cantigas aparecen recollidas na última parte do Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa (1515-1532); son 16 cantigas de satíricas (6 escarnios persoais, 4 políticos, 2 literarios, 2 de amor, 2 sociais), unha cantiga moral e unha cantiga de amor.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Diego Sarmiento de Acuña.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Filip van Montmorency-Nivelle.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á fracción dos gases producidos nunha combustión que non condensa á temperatura ordinaria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción de condensación de compostos carbonílicos con grupos metilenos reactivos, en presencia de amoníaco ou aminas, segundo a reacción RCHO+H2C(COOH)2 "Times New → RCH = C(COOH)2 "Times New mso-ansi-language:ES-TRAD;mso-fareast-language: → RCH = CHCOOH + CO2
-
PERSOEIRO
Poeta. De nome Isidore Ducasse, recibiu influencias de Sade, Poe e doutros autores da mesma tendencia. A súa obra, agresiva e dunha gran carga onírica, tivo unha grande influencia nas vangardas do s XX, especialmente no surrealismo e no dadaísmo. Escribiu Les chants de Maldoror (1869), poema en prosa de seis cantos, e preparou un segundo libro, Poesías (1870).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor de teatro e dobraxe, director e cantautor. Destaca o seu traballo na compañía Fulano, Mengano e Citano. Gravou o disco Bule, berra, chora (1978).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mikhail Tarijelovič Tajnov.
-
PERSOEIRO
Político francés. De nome Jean-Baptiste-Sylvère Gay, foi deputado (1821) e ministro do Interior (1828). Formou parte como comisario civil na intervención en España dos Cen Mil Fillos de San Luís (1823).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Cantante. Coñecida como Pilocha, gravou varios discos individuais, entre os que destaca Calamidad sentimental (1997), un disco como cantante do Grupo de Cámara Universitario (1979) e colaboracións con Uxía e Milladoiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta. Doutor en Filosofía, cultivou a poesía en galego e castelán dentro de distintas tendencias poéticas. Preocupado polas cuestións filosóficas, concibe a súa obra como unha forma de coñecer aquilo que non se pode ver a través dun método indutivo e reflicte nela elementos propios da natureza e da paisaxe. Das súas obras destacan Lento esvaece o tempo (1990), Orballo nas camelias (1993), O silencio das árbores (1995) e Compostela, vella memoria (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director de orquestra. Formouse con músicos como Swarowsky, Theurfing, Maderna ou Ferrara. Dirixiu o Teatro Municipal da Ópera de Maguncia (1977), a Orquestra Ciutat de Barcelona (1978-1981), o Orfeó Catalá (1983-1985), a Orquestra Sinfónica de Baden-Württemberg, a Orquestra Sinfónica de Düsseldorf e a Orquestra de Cámara de Israel.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso agostiño. Foi bispo auxiliar do arcebispo Miguel Payá i Rico en Toledo (1887-1894), bispo de Tui (1894-1914) e arcebispo de València (1914-1916). Destacou pola súa aberta oposición ao carlismo. Escribiu Otra historia (1899) e A los asociados de El despertar del Tea en Buenos Aires (1910).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e publicista francés. De nome Charles Forbes René, defendeu a causa dos irlandeses e dos polacos e a liberdade da Igrexa na publicación L’Avenir (1830), que el mesmo fundou. Representante dos liberais, tras o seu fracaso nas eleccións de 1857 dedicouse á oposición. Publicou Les Moines d’Occident depuis saint Benoît jusqu’à saint Bernard (1860-1867).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Carlos Luís de Borbón e de Braganza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Juan Domingo de Zúñiga-Fonseca.
-
PERSOEIRO
Estadista, IV conde de Morton. De nome James Douglas, foi chanceler, e estivo implicado no asasinato de Rizzio e obrigou a María I de Escocia a abdicar no seu fillo Xaime VI de Escocia. Acusárono de complicidade no asasinato de Enrique Stuart polo que foi xulgado e axustizado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Gaspar de Guzmán y Pimentel.
-
GALICIA
Escultor. Discípulo de F. Asorey, a súa produción abrangue desde cruceiros e escudos a bustos, relevos e monumentos. Destaca o cruceiro dedicado ao Rei Xoán Carlos I para o palacio de la Zarzuela (1972), o monumento das Palilleiras de Camariñas (1985) e o do Emigrante, en Sada.
VER O DETALLE DO TERMO