"Dora" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 140.

  • Aparello agrícola semellante ao arado pero máis pequeno que se emprega para sachar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás salvadoráceas.

    2. Planta da familia das salvadoráceas.

    3. Familia de celastrais que comprende só 10 especies de África e do S de Asia. Son plantas leñosas de follas opostas, enteiras, con estípulas habitualmente espiñentas, de flores hermafroditas ou unisexuais, tetrámeras ou pentámeras, co xineceo bicarpelar, e de froitos en baga ou en drupa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Coñecida como Dorotea Bárcena, en 1970 creou o grupo teatral Esperpento Teatro Joven, co que organizou unhas xornadas en Vigo, logo trasladouse a Madrid, onde fundou a compañía La Picota e participou no desenvolvemento do Teatro Independiente Español. En 1978 fundou en Santiago de Compostela, xunto a Xulio Lago, Teatro da Mari-Gaila. En 1985, fundou a Compañía de Teatro Dorotea Bárcena, que cambiou logo o seu nome polo de Teatro do Atlántico, onde representou Xoana, de M. Lourenzo. En 1988 escribiu e dirixiu para o Centro Dramático Galego a adaptación dramática de Follas Novas. Nese mesmo ano ocupou durante un breve espazo de tempo a dirección do CDG. Posteriormente fundou Teatro da Lúa. Co Centro Dramático Nacional participou en Martes de Carnaval (1995) e novamente co CDG en Xelmírez ou a groria de Compostela (1999). Autora de varias obras de teatro, da súa produción destaca O Agnus Dei dunha nai (1980). Tamén publicou, na...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dispositivo, máquina ou instalación que serve para secar algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Máquina agrícola que se emprega para segar herba ou cereais, especialmente co talo xa seco, e permitir efectuar outras operacións complementarias da sega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Máquina agrícola que, arrastrada por animais ou por un tractor, serve para sementar gran ou sementes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de árbores, da familia das fabáceas, con follas paripinnadas e coriáceas, flores dispostas en panícula, e froitos en legume. A este xénero pertence a especie S. cochinchinensis, que é natural do SL asiático e cuxa madeira se emprega en ebanistaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á suor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pulverizador que se emprega na sulfatación das plantas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Máquina que escribe en caracteres ordinarios as indicacións contidas en tarxetas perforadas e que, cando se trata de cifras, efectúa as operacións e imprime o resultado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Máquina que serve para tecer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperatriz de Oriente. Xustiniano I, cando aínda non era emperador, namorouse dela e converteuna na súa amante ata que casaron e, en 527, ao converterse en emperador, fixo que a coroasen emperatriz. Dona dunha gran firmeza, impediu que Xustiniano cedese e abdicase ante a revolta da Nika en 532, e enviou o xeneral Belisario a sufocala. Favorable aos monofisitas, conseguiu que as sedes patriarcais fosen ocupadas por estes e que en Roma fose elixido papa Vixilio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperatriz de Oriente, muller do Emperador Teófilo. Á morte deste exerceu a rexencia (842-856) en nome do seu fillo Miguel III. Contra a derradeira vontade do seu marido, iconoclasta, favoreceu abertamente a ortodoxia: perseguiu os paulicianos e convocou un sínodo en marzo de 843, que restableceu o culto das iconas. Durante o seu goberno, o Islam tomou Sicilia a Bizancio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperatriz de Oriente (1028 e 1042-1056), filla pequena de Constantino VIII. Á morte do seu pai foi asociada ao trono coa súa irmá Zoé. Desamigada con esta e co seu marido, Román III, foi pechada nun mosteiro. En 1042, á caída do Emperador Miguel V, foi chamada polo Senado a compartir o trono con Zoé, que casou entón con Constantino IX e a deixou nun segundo plano. Non gobernou plenamente ata despois da morte de Zoé (1050) e de Constantino IX (1055).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do grego Theódoros a través do latín Theodorus, de theós ‘Deus’ e dôron ‘don’, co significado de ‘don de Deus’. Era nome frecuente entre os gregos, que, sendo politeístas, podían especificar de que deus era agasallo o fillo. Entre cristiáns monoteístas só perviviu nos primeiros séculos. Presenta os hipocorísticos Doro/Dora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico grego. Loitou na resistencia grega (1940-1945) e na Guerra Civil (1947-1949). Apresado, foi deportado a Icaria e Makronissos. Escribiu cancións sobre temas populares, de tipo político e ciclos sobre textos de diversos poetas en forma de canción ou de oratorio popular. Destacan o oratorio Canto General (1979), sobre textos de Pablo Neruda. Durante a Ditadura dos Coroneis sufriu novamente prisión, deportación (1967-1970) e exilio (1970-1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Máquina que se emprega para torrar o café.

    2. Electrodoméstico que serve para torrar rebandas de pan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo político fundado en 1898 arredor da figura de Francisco Silvela y de Le Vielleuze. Integrárono, desde a morte de Cánovas del Castillo, parte dos membros do Partido Conservador que defendían unha maior honestidade administrativa (silvelistas). Cun programa rexeneracionista e descentralizador, acadou o poder en 1899, aínda que a súa política de atracción da burguesía conservadora fracasou rapidamente, a causa das súas medidas fiscais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dorinda Remedios Vázquez Iglesias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Máquina capaz de verificar fichas informáticas.

    VER O DETALLE DO TERMO