"EGU" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 415.
-
GALICIA
Enxeñeiro de minas. Exerceu como inspector xeral de minas e como vogal do Consejo de Minería. Escribiu El materialismo ante la ciencia (1875), obra na que critica o evolucionismo; El distrito minero de La Coruña y Lugo en la Exposición de Santiago (1909); e a composición poética “A una pastora”, recollida no Álbum de la Caridad.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Farmacéutico. Estudiou na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse na de Madrid en 1896. En 1898 obtivo a cátedra de Materia Farmacéutica Vexetal na Universitat de Barcelona; trasladouse en 1900 á Universidade de Santiago de Compostela, onde ocupou a mesma cátedra e o decanato da facultade de Farmacia dende 1918 ata a súa xubilación en 1941. Inventou un microscopio panorámico que posteriormente fabricou a casa Reichert. Foi membro da Reial Acadèmia de Medicina de Barcelona, cofundador do Laboratorio Farmacéutico Militar e fundador da Revista de farmacia, que dirixiu ata 1936. Publicou traballos sobre microbioloxía e botánica aplicadas á farmacia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pediatra e educador. Estudiou medicina na Universidade de Santiago de Compostela e, unha vez licenciado, trasladouse a Madrid para especializarse en pedagoxía e hixiene escolar. Obtivo o título de mestre nacional e dirixiu a escola Vicente Fraiz. Foi membro de diversas sociedades, e participou en numerosos congresos relacionados coa medicina e a pedagoxía. Entre as súas obras destacan La visita del médico. De crianza infantil (1915), Las rebeldías de la infancia escolar. Normas para una educación biológica (1931) e Biología de la edad escolar.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e político. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor pola Universidad de Salamanca. Foi letrado do concello de Ourense entre 1948 e 1956. Nomeado subxefe provincial do Movemento, foi elixido en 1955 delegado provincial do Instituto Nacional da Vivenda. Desde 1958 exerceu como deputado por Ourense en representación das entidades profesionais. En 1961 ingresou na escala técnica do ministerio da Vivenda e accedeu á secretaría da delegación de Ourense. Foi gobernador civil de Huesca (1962-1965), de Pontevedra (1965-1969) e de Albacete (1970-1971).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Novela publicada en 1995 por José Saramago, autor portugués distinguido co Premio Nobel de Literatura en 1998. Segundo o seu autor, esta novela é a primeira dunha triloxía “involuntaria” sobre a súa visión do mundo actual, conformada por Todos os nomes (1997) e A caverna (2000), na que desenvolve, mediante un discurso alegórico, a historia dunha sociedade atacada de súpeto por unha inexplicable cegueira e na que pinta unha paisaxe desoladora da condición humana. Comeza co berro esgazado dun home que, atrapado no seu automóbil, se decata de que está cego. Este protagonista, do que non se sabe o nome e que se identifica na novela coa fórmula “o primeiro cego”, descóbrese rodeado por unha brancura total que lle inutiliza os ollos. Esta é a orixe dunha curiosa peste ocular que, pouco a pouco, pero decididamente, se estende pola cidade anónima da novela. Cando resulta evidente que o mal é contaxioso, o goberno decide illar as víctimas nun antigo manicomio abandonado. A esposa do oftalmólogo...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten un parentesco de consanguinidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ocorre durante o período de non hostilidades que transcorre entre dúas guerras consecutivas, en particular entre a Primeira e a Segunda Guerra Mundial.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, na marxe dereita do río Llobregat (14.501 h [1996]). A industria téxtil e a produción de materiais de construción son as principais actividades económicas. Tamén existe unha pequena industria tradicional de cerámica. Na agricultura destacan os cultivos de árbores froiteiras e viña.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Eliminar a preguiza ou facer que alguén se poña en actividade.
-
Estirar os membros do corpo para entrar en actividade ou para relaxar os músculos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que cobraba a renda en fanegas.
-
GALICIA
Sacerdote xesuíta. Ingresou na Compañía de Xesús (1736) e estudiou filosofía e teoloxía en Palencia e Valladolid (1740-1743). En 1746 foi enviado como misioneiro a Filipinas, onde tamén exerceu como profesor de matemáticas no colexio de San Ignacio de Manila. En 1767, en virtude do decreto de expulsión dos xesuítas dos territorios da monarquía hispánica, trasladouse a Italia. Foi o autor de Galicia. Reino de Cristo Sacramentado y primogénito de la Iglesia entre las gentes: [...] (1750).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Matemático. Estudiou arquitectura e ciencias exactas na Universidad Central en Madrid. Foi profesor de aritmética, xeometría práctica e elementos de construción na Escola de Artes e Oficios da Coruña (1912) e catedrático de Matemáticas no Instituto Nacional de Ensino Medio da mesma cidade (1914). Dirixiu a revista Galicia Nueva e publicou traballos en revistas científicas tanto nacionais como internacionais. Foi membro da Real Academia Gallega (1925), institución da que foi secretario (1926-1936) e presidente (1936).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e político. Estudiou dereito nas universidades de Santiago de Compostela e Salamanca. Comezou o seu labor periodístico nas publicacións Murmullos Literarios e El Anunciador. Posteriormente, en Santiago de Compostela fundou El Cupido e traballou como redactor de La Verdad e La Gaceta de Galicia, ademais de colaborar con El Ciclón. Novamente na Coruña, fundou e dirixiu Galicia Cómica, ademais de colaborar con El Imparcial Coruñés e El Alcance. Foi director de Tierra Gallega, redactor xefe de El Telegrama e tivo unha sección propia en La Voz de Galicia. Na súa estadía en Ferrol foi director de El Correo Gallego e Diario Ferrolano. Finalmente, dirixiu Diario de Huelva, ademais de colaborar en diferentes xornais americanos. No eido político foi concelleiro na Coruña. Publicou os folletos Para una noche e Parábolas (1920).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Formouse no obradoiro de Buciños. Traballou o bronce en obras figurativas de carácter neorrealista. Realizou exposicións en diversas salas e no ano 2000 expuxo no Festival Intercéltico de Lorient.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín de pequeno formato editado en Bos Aires. Incluíu na súa primeira páxina e amodo de presentación a letra do Himno Galego. En páxinas interiores inseriu a partitura completa coa música de Pascual Veiga. Na última delas informa sobre o nacemento do Grupo Galeguista, a súa relación co Partido Galeguista e os principios deste último. No ano 1944 en México e co mesmo esquema editáronse as Follas do Partido Galeguista, na que tamén se dá conta dos principios que rexen esta formación política.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Alacant, na Comunitat Valenciana (2.112 h [1996]). Fundada en 1731 ao amparo do privilexio real concedido a N. Pérez de Sarrió, señor de Formentera, foi reconstruída tralo terremoto de 1829.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen pertence a unha parroquia ou freguesía.
-
-
Conxunto de fieis dunha parroquia.
-
Xurisdición dunha parroquia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Circunscrición administrativa básica na ordenación territorial portuguesa, inferior ao concelho. Aínda que é da mesma natureza ca a parroquia galega, a diferenza desta, a lexislación portuguesa recoñécelle unhas institucións de goberno propias, a Assembleia de Freguesia e a Junta de Freguesia. A Assembleia de Freguesia é o órgano deliberativo da freguesia, elixido por sufraxio universal. O número dos seus membros varía en función do censo: a lei determina que nas freguesias cun censo inferior aos 150 electores sexa substituída polo conxunto (Plenário) dos cidadáns electores. A Assembleia celebra xuntanzas ordinarias nos meses de abril, xuño e setembro, aínda que a súa Mesa, o presidente da Junta de Freguesia, un terzo dos seus membros ou unha porcentaxe dos electores, poden requirir a convocatoria dunha xuntanza extraordinaria. Á Assembleia compétenlle, entre outras atribucións, elixir os...