"EPA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 210.

  • Xénero de peixes teleósteos, da familia dos gobiesócidos, que ten a cabeza plana e un par de ventosas baixo o ventre para poder fixarse ás rochas. As súas especies aliméntanse de crustáceos e poliquetos. En Galicia está presente a especie L. lepadogaster.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e realizador canadense. Formado no Conservatorio de Arte Dramática de Québec, participou na Liga Nacional de Improvisación e realizou os primeiros traballos no Théâtre Repère, entre os que destacan Agardando (1982), Coriolano (1983) e Vinci (1985). Tamén destacan A triloxía do dragón, Polygraph (1987), Tectonic plates (1990) e Staidom (2000). En 1994 creou a súa compañía propia, Ex Machina, coa que realizou espectáculos como Os sete brazos do río Ota (1995) e As xeometrías dos milagres (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combate naval que se desenvolveu o 7 de outubro de 1571 no golfo do mesmo nome, entre as potencias integrantes da Liga Santa e Turquía, a causa da expansión desta polo Mediterráneo oriental. O ataque turco (1570) a Nicosia, que era posesión veneciana, fixo que a monarquía española, representada por Filipe II, os Estados Pontificios, Venecia e algúns estados italianos, se aliasen nunha terceira Liga Santa ou Liga de Lepanto, baixo o patrocinio do Papa Pío V. Constituíron unha flota de preto de 280 barcos e uns 80.000 homes, que partiu de Messina cara a Cefalonia, dirixida polo capitán xeneral Xoán de Austria, con Álvaro de Bazán e Alessandro Farnese como xefes das escuadras secundarias. Aínda que a flota turca era superior, foi derrotada, co que se conseguiu frear a súa expansión momentanemente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ácido acelaico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Letonia (89.439 h [2000]). É un porto de mar no Mar Báltico e posúe industria metalúrxica, de maquinaria agrícola e de materiais de construción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Almirante ruso. Distinguiuse na guerra contra os turcos (1877-1878) e foi cabeza da armada do Pacífico durante a Guerra Ruso-xaponesa, en que morreu. Inventou o primeiro crebaxeos, o Iermak.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Atamán dos cosacos de Ucraína. Estivo do lado do tsar Pedro I de Rusia   no comezo da Guerra Nórdica (1700-1721), pero coa intención de asegurar a independencia de Ucraína, asinou un acordo con Carlos XII de Suecia. Vencérono xunto cos suecos en Poltava (1709).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Coñecido como Stipe Mesic, en 1990 codirixiu a Hrvatska Demokratska Zajednica (Unión Democrática Croata, HDZ), foi nomeado presidente de Iugoslavia e, posteriormente, primeiro presidente do goberno de Croacia (1991). En 1994 ingresou no Hrvatska Narodna Stranka (Partido Popular Croata, HNS), co que resultou elixido presidente da república en 2000.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e místico. A súa biografía, escrita polo seu discípulo Rechung, constitúe unha obra interesante por estar considerada un relato fiel dos feitos e por tratar elementos característicos do folclore e a mitoloxía tibetanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten un só sépalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do nomós de Etolia-Acarnania, Grecia, situada na costa setentrional do estreito que separa o golfo de Patras do de Corinto (8.200 h [estim 1980]). Antiga cidade da Locrida Ozolia, despois da Batalla de Egospótamos pasou a Lócrida (404 a C), aos etolios (338 a C) e, finalmente, aos romanos (191 a C). En época bizantina coñeceuse co nome de Épaklos. En 1407 pasou a poder dos venecianos, que a fortificaron, e os turcos apoderáronse dela en 1499. Nela librouse a batalla entre os otománs e a Liga Santa (Batalla de Lepanto).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado de Asia meridional, situado no Himalaia, limita ao N con China, e ao L, ao S e ao O con India (147.181 km2; 23.077.791 h [2001]. A súa capital é Katmandú.
    Xeografía
    Nepal é un país esencialmente montañoso. O N comprende a parte máis elevada do Himalaia, co Everest (8.848 m), o   Kānchenjunga (8.598 m), Dhawlāgiri (8.172 m), e o Annapurna (8.078 m), mentres que ao S aparecen as formacións do Himalaia exterior, que acadan altitudes menos elevadas (3.000 m), e que descenden gradualmente cara ao extremo S do país, onde dan lugar a unha estreita franxa chá, calorosa, húmida e cuberta de bosque. O clima é monzónico, pero o Himalaia exterior evita a penetración cara ao N, onde o clima é máis seco e rigoroso; polo contrario, ao S, o clima é máis suave e con chuvias abundantes. A vexetación está formada por bosque tropical ao S, e bosque caducifolio, de coníferas e de prados permanentes cara ao N. As actividades económicas...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Nepal ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Nepal.

    3. Lingua indoirania do phylum indoeuropeo que se fala en Nepal.

    4. Arte desenvolvida en Nepal. Ten unha tradición chinesa, india e tibetana. De tellados curvilíneos ou ben de ángulos secos, emprega a madeira e o ladrillo e con frecuencia as paredes aparecen recubertas de bronce cicelado. No comezo do s X desenvolveuse unha importante escola de pintura de manuscritos sobre palma. Destacan o templo de Pashupati e a estatua do deus Bhaivai en Katmandú.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Ugarit (1325?-1265 a C), fillo de Niqmaddu II. Foi entronizado por Muršiliš II no lugar do seu irmán Ar-Halba (1335?-1325 a C), que formara parte dunha revolta antihitita dos príncipes sirios. Durante o reinado de Muwatalliš (1315?-1285 a C), axudou a este contra Ramsés II na Batalla de Kadeš (1300 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia, da familia das benzodiacepinas, que funde a 225°C. O seu uso está indicado na ansiedade e no insomnio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio semidesértico do Precáucaso, situado principalmente na República de Daguestán, entre os ríos Terek e Kuma. Cunha extensión de 25.000 km, acada altitudes de 170 m no O, mentres que no L son de 28 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia que se presenta en forma de pos amarelos, amargos, insolubles en auga e pouco solubles en alcohol, éter e cloroformo. Emprégase como relaxante muscular e tranquilizante. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO